Kina |
Papua New Guinean kina (inglés) |
|
Código: | PGK |
Ámbito: | Papúa Nova Guinea |
Símbolo: | K |
Fracción: | 100 toea |
Moedas: | 5, 10, 20, 50 toea, 1 kina |
Billetes: | 2, 5, 10, 20, 50, 100 kina |
Emisor: | Banco de Papúa Nova Guinea |
Taxa de troco: 23-03-2010 | 1 EUR = 3,7078 PGK
1 USD = 2,7356 PGK |
Troco actual |
A kina é a moeda oficial de Papúa Nova Guinea. Divídese en 100 toea. A kina foi introducida o 19 de abril de 1975, substituíndo ao dólar australiano ao mesmo valor. O nome kina deriva de Kuanua da rexión de Tolai, referíndose a unha cuncha de perla ámplamente empregada para o comercio. O seu código ISO 4217 é PGK.
Moedas
En 1975 introducíronse moedas de 1, 2, 5, 10 e 20 toea e 1 kina. As moedas de 1 e 2 toea foron feitas en bronce, mentres que o resto foron feitas de cuproníquel. A moeda dunha kina é redonda e cun burato no centro, esta denominación foi reducida de tamaño a principios de 2006, e a moeda de maior valor deixou de ser legal o 31 de decembro de 2008 [1]. O 19 de abril de 2007 as moedas de 1 e 2 toea deixaron de ser legais [2].
En 1980, as moedas de 50 toea foron introducidas, mais só de xeito conmemorativo e sen un deseño estándar [3].
Billetes
O 19 de abril de 1975 foron introducidos os billetes de 2, 5 e 10 kina para substituír os dólares australianos co mesmo valor, mais as cores seguiron sendo as mesmas. Circularon xunto co dólar ata o 1 de xaneiro de 1976, cando o dólar deixou de ter valor legal. O billete de 20 kina introduciuse en 1977, o de 50 dina en 1990, e o de 100 kina en 2005. Tódalas coloracións das denominacións son iguais ás dos antigos billetes australianos. Dende 1991, tódolos billetes de Papúa Nova Guinea están feitos en polímero ademais de papel.
En 1999 comezou unha nova serie de billetes de 50 kina [4], outra dos de 100 kina en 2005, outra de 2[5] e 20 kina en 2007 [6] e a de 5 e 10 kina en 2008 [7][8]. This makes all the denominations of the kina issued in polymer.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas