A moeda da Antiga Grecia pódese dividir para o seu tratamento (do mesmo xeito que a maioría das restantes formas de arte gregas) en catro períodos históricos: o arcaico, o clásico, o helenístico e o romano. O período arcaico esténdese desde a aparición da moeda no mundo grego durante século VIIa. de C. ata as Guerras Médicas, arredor de 480 a. de C. Nese momento comeza o período clásico, que dura ata as conquistas de Alexandre o Grande cara a 330 a. de C., data que marca o comezo do período helenístico, que perdura ata a absorción romana do mundo grego no século I a.de C.[1]
As cidades gregas continuaron a producir as súas moedas propias durante varios séculos baixo a dominación romana. Estas moedas coñécense habitualmente como "moedas provinciais romanas" ou, máis concretamente "moedas imperiais gregas".[4]
Padróns de peso e denominacións
Os tres padróns máis importantes do sistema monetario da Antiga Grecia eran o padrón ático, baseado no dracmaateniense de 4,3 gramos de prata; o corintio, baseado no estatero de 8,6 gramos de prata (subdividido en tres dracmas de 2,9 gramos); e o exineta, baseado nun dracma de 6,1 gramos e no seu múltiplo, o didracma (ou estatero) de 12,2 gramos.[5]
A palabra "dracma" significa na súa orixe "un feixe" ou "unha manchea".[6] Esta moeda foi dividida en seis óbolos, que en grego era a palabra equivalente á galega "espeto".[7] Na súa orixe, xa que logo, seis espetos collidos facían un feixe ou, o que é o mesmo, seis óbolos facían un dracma. Isto suxire que antes de que se empezase a utilizar o diñeiro en Grecia se utilizaban estes espetos ou variñas en tempos prehistóricos como medida de valor nas transaccións diarias.[8]
Posteriormente, o óbolo foi dividido en tetartemoria (en singular tetartemorion), que equivalían á súa cuarta parte ou a 1/24 dun dracma. Esta moeda (da que se coñece a súa cuñaxe en Atenas, Colofón e outras moitas cidades) é mencionada por Aristóteles como a moeda de prata máis pequena. Desta nova moeda emitíronse logo diversos múltiplos e tamén un divisor, o minúsculo hemitartemorion, de soamente 0,09 gramos de peso.
As primeiras moedas coñecidas emitíronse en Lidia ou en Xonia, na Asia Menor, algo antes do ano 600 a. de C., probablemente polos lidios non gregos, para o seu propio uso, ou quizais debido a que os mercenarios gregos querían recibir os seus pagamentos en metais preciosos ao acabaren os seus servizos e cumpría un método de autenticación do seu valor. Estas moedas estaban feitas de electro, unha aliaxe de ouro e prata que era moi apreciada e moi abundante nese rexión.
Cara á metade do século VI a. de C., os avances tecnolóxicos simplificaron o proceso de produción de moedas de ouro e de prata puros e, consecuentemente, o rei Creso introduciu un dobre padrón no que se basearon as emisións das posteriores series de moedas en ambos os metais, que supuxeron un gran cambio no circulante existente no mercado.[22]
Os primeiros estateros de ouro e de prata levan nos anversos as cabezas dun touro e dun león afrontadas, e nos reversos dous cadrados incusos acaroados.[23] A denominación que reciben habitualmente é o de "creseidas", derivado do do rei Creso. A expresión "estatero creseida" foi utilizada por Plutarco e por Pólux.[24][25] As creseidas de ouro e de prata tiñan o mesmo peso (10,89 g) e amosaban unha tipoloxía común; dividíanse en hectés de ouro (a sexta parte) e en hemihectés de prata (a doceava parte). Con todo, estas creseidas iniciais foron substituídas por unhas máis lixeiras, probablemente para simplificar o cambio, cun peso de 8,7 g, de maneira que o valor dunha creseida de ouro equivalía ao de 20 de prata.[26][27][28]
Baixo o reinado de Darío I o Grande, pouco antes do 500 a. de C., estas moedas foron substituídas polos dáricos de ouro e os siclos de prata, que apareceron seguindo o mesmo padrón que o das creseidas lixeiras.[29][30] Os seus anversos amosaban sempre unha representación do rei e os reversos un cadrado incuso.[31]
O mundo grego foi dividido en máis de dúas mil cidades-Estado dotadas de autogoberno (en grego, póleis), das que máis da metade emitiron as súas propias emisións monetarias. Algunhas destas moedas chegaron a circular amplamente alén das súas cidades de orixe; o primeiro caso coñecido é o do estatero de prata ou didracma de Exina, que aparece adoito en achados en Exipto e no Levante mediterráneo, lugares que tiñan dificultades para o abastecemento de prata.[32] Dado o éxito e a amplitude do ámbito de circulación destas moedas, outras cidades comezaron a cuñar moedas baseadas nese estándar de peso exineta (6,1 gramos por dracma), aínda que dotadas dos seus propios símbolos e motivos.
As primeiras moedas atenienses aparecen á fin do século VI a. de C. Estas moedas emitíronse baixo o padrón ático dun dracma de 4,3 gramos de prata e, co tempo, a abondosa subministración de prata de Atenas procedente das minas de Lavrio e o seu crecente dominio no comercio fixeron que este se convertese no estándar preeminente.[33] Estas moedas, coñecidas como "mouchos" polo deseño do seu deseño central, eran moi apreciadas pola exactitude de peso e de pureza da prata, o que contribuíu ao seu éxito como premeira moeda de comercio da súa época.[34] Os tetradracmas emitidos neste padrón de peso chegaron a ser moedas moi amplamente utilizadas en todo o período clásico. Nos tempos de Alexandre o Grande e os seus sucesores helenísticos, os Diádocos, adoptouse esta denominación como a habitual para facer pagamentos grandes e para acumulacións de riqueza.
Período clásico
No período Clásico, as moedas gregas alcanzaron un alto nivel de calidade técnica e estética.[35] As cidades meirandes producían series de moedas moi coidadas de prata e de ouro que amosaban, na maioría dos casos, o retrato dunha divindade ou dun heroelendario nunha face e un símbolo da cidade na outra.[36] O uso de lendas ou inscrición nas moedas comezaba xeralmente co nome da cidade emisora e, no caso dalgunhas moedas, empregábanse xogos visuais; por exemplo, algunhas pezas cuñadas en Rodas amosaban o deseño dunha rosa, xa que a palabra grega correspondente era rhodon.
As cidades máis ricas de Sicilia emitiron ademais algunhas moedas especialmente finas. O gran decadracma (10 dracmas) de prata de Siracusa é considerada por moitos numismáticos como a moeda máis excelente producida no mundo antigo. As emisións de Siracusa eran bastante regulares no tocante aos seus motivos: nun lado levaban adoito a cabeza da ninfaAretusa e no outro unha cuadriga vitoriosa. Siracusa foi un dos epicentros da arte numismática durante o período clásico. Baixo a dirección dos gravadores Kimon e Euainetos, nesta zona elaboráronse algúns dos deseños de moedas máis extraordinarios da Antigüidade.[37]
O período helenístico caracterizouse polo espallamento da cultura grega a través dunha parte grande do mundo coñecido. Establecéronse reinos da órbita grega en Exipto e en Siria e, durante un tempo, mesmo en Irán e ata no que hoxe é Afganistán e o noroeste da India. Os comerciantes gregos difundían a moeda grega a través desa área tan ampla, e os novos reinos de camiño comezaron a emitir as súas propias moedas. Ao seren estes reinos moito máis grandes e máis ricos que os estados-cidade gregos do período clásico, as súas emisións, consecuentemente, foron moito máis abundantes e, frecuentemente, de ouro, aínda que polo xeral carecían da delicadeza estética das moedas do período anterior.
No entanto, algunhas das moedas grecobactrianas e dos seus sucesores na India, os indogregos están consideradas como os mellores exemplos da arte numismática grega, cunha mestura de realismo e idealización nos seus motivos. A estas series corresponden algunhas das moedas máis grandes que se cuñaron no mundo helenístico: a meirande moeda de ouro foi emitida a nome do rei grecobactriano Eucrátides I (171-145 a. de C.) e a de prata polo indogrego Amintas Nicátor (95-90 a. de C.). En palabras de Roger Ling: "os retratos destas moedas amosan "un grao de individualidade nunca igualado polas representacións adoito eslamiadas dos seus contemporáneos máis ao Oeste".[39]
A novidade máis salientable nos deseños das moedas helenísticas foi a inclusión de retratos de persoas vivas, é dicir, dos propios reis. Esta práctica comezara en Sicilia, pero outros pobos gregos non a admitían porque a concibían como unha mostra de arrogancia. Porén, os reis do Exipto tolemaico e da Siria Seleúcida non tiveron tales escrúpulos: logo de se autooutorgar o status de "divinos", emitiron magníficas moedas de ouro adobiadas cos seus propios retratos nos Anversos, adoito acompañados dunha lenda co seu nome, e cos símbolos dos seus Estados nos reversos. Esta distribución de motivos e lendas converteuse nun padrón para as moedas que se mantivo ata os nosos días.
Cuñaxe
Todas as moedas gregas estaban feitas á man, co procedemento do martelo.[40] Tanto o deseño dos anversos como o dos reversos era incuso (en relevo negativo) e aplicábase mediante un golpe de martelo a un punzón de bronce ou de ferro sobre un disco de ouro, prata ou electro modelado previamente por fusión e situado sobre unha base metálica fixa, de xeito que, ao levaren tanto o punzón coma a base senllos motivos do anverso e do reverso, eses motivos quedaban gravados en ambas as faces do disco.[41]
As moedas das cidades-Estado gregas amosaban un único símbolo ou representación, unha forma primitiva de emblema, que simbolizaba a cidade e promovía o prestixio do seu Estado. Os estateros corintios, por exemplo, amosaban a representación de Pegaso, o cabalo alado mitolóxico domado polo seu heroe Belerofonte, que aparece xunto coa letra arcaica qoppa (ϙ).[42] As moedas de Éfeso representaban a abella sagrada a Ártemis. Os dracmas de Atenas exhibían o moucho de Atenea e os de Exina un sapoconcho. Nas moedas de Selinunte representábase un selinon (σέλινον; "apio"),[43] mentres nas de Heraclea se amosa o busto de Heracles. Nas emisións da cidade de Gela vese un touro con cabeza de home, a personificación do río que lle dá nome á cidade. O símbolo que aparece nas moedas de Knossos é o labirinto ou a criatura mítica coñecida como Minotauro, característicos da civilización minoica. As moedas de Milos exhiben un mēlon (μήλον; "mazá") e as de Tebas un escudo beocio.
O uso de moedas conmemorativas para celebrar unha vitoria ou a anexión dun territorio foi unha invención grega. As moedas son valiosas e duradeiras, e pasan por moitas mans. Nunha época sen xornais nin outros medios de comunicación supuñan un xeito ideal de espallamento dunha mensaxe política. A primeira destas moedas conmemorativas foi un decadracma emitido por Atenas logo da vitoria grega nas guerras persas. Estas moedas cuñáronse arredor do ano 480 a. de C., e amosaban a representación do moucho de Atenas, a ave sagrada da deusa Atenea, ollando o espectador coas ás estendidas e sostendo un feixe de pólas de oliveira, que non só era a planta sagrada de Atenea senón tamén un símbolo de paz e prosperidade.
Frey, A. R. "A dictionary of numismatic names, their official and popular designations". American Journal of Numismatics. Vol. 50. American Numismatic Society, 1916.
Hill, G. F.Historical Greek Coins. Archibald Constable and Co. Londres, 1906.
Gerin, D. et al. La Monnaie grecque. Armand Colin. París, 2001. ISBN 2-7298-0846-9
Ling, R. "Hellenistic and Graeco-Roman art". En Boardman, J. et al. Greece and the Hellenistic World. Oxford University Press, 1988. ISBN 978-0192821652.
Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Greek Coins. Seaby, Londres 1986. ISBN 0900652810
Melville Jones, J. R. Testimonia Numaria. Greek and Latin texts concerning Ancient Greek Coinage. Spink. Londres. Volume 1 (1993); volume 2 (2007). ISBN 0-907-05-40-0 e ISBN 978-1-902040-81-3
Ramage, A.; Craddock, P. King Croesus' Gold; Excavations at Sardis and the History of Gold Refining, Trustees of the British Museum. 2000. ISBN 0-7141-0888-X
Rutter N. K. et al (2001). Historia Numorum Italy. The British Museum Press. Londres, 2001. ISBN 0-7141-1801-X
Sayles, W. G. Ancient Coin Collecting. Krause Publications. Iola, Wisconsin, 2003.
Sayles, W. G, Ancient Coin Collecting II: Numismatic Art of the Greek World. Krause Publications. Iola, Wisconsin, 2007.
Sear, D. Greek Coins and Their Values. Vol. 1. Spink, Seaby. Londres, 1978. ISBN 978-0713478495
Sear, D. Greek Coins and Their Values. Vol. 2. Spink. Londres, 1979. ISBN 978-0713478501
هذه المقالة مرشحة للحذف بسبب: «لم مصدر نهائي علي الأنترنت يمكن التحقق منه»، علماً أن هذا هو طلب نقاش الحذف الأول ولذلك يمكن تحسينها وإصلاحها. للمزيد من التفاصيل وإبداء رأيك في الحذف الرجاء الاطلاع على نقاش الحذف لهذه الصفحة. علما أنه بإمكانك تحسين المقالة لتدارك أسباب الحذ...
Hudson JetUna Hudson Jet del 1954Descrizione generaleCostruttore Hudson Tipo principaleBerlina Altre versioniCabriolet Produzionedal 1953 al 1954 Sostituita daHudson Rambler Esemplari prodotti35.367[senza fonte] Altre caratteristicheDimensioni e massaLunghezza4590 mm Larghezza1702 mm Altezza1595 mm Passo2667 mm Massa1202 kg AltroAuto similiFiat 1400 La Jet è un'autovettura compact prodotta dalla Hudson dal 1953 al 1954. Indice 1 Storia 2 Note ...
Halaman ini berisi artikel tentang album. Untuk lagu, lihat Younger Now (lagu). Younger NowAlbum studio karya Miley CyrusDirilis29 September 2017 (2017-09-29)DirekamSeptember - Desember 2016GenreCountry poppop rock[1][2]Durasi45:12LabelRCAProduser Oren Yoel Miley Cyrus Kronologi Miley Cyrus Miley Cyrus & Her Dead Petz(2015) Younger Now(2017) Plastic Hearts(2020) Singel dalam album Younger Now MalibuDirilis: 11 Mei 2017 Younger NowDirilis: 18 Agustus 2017 Younger N...
Politique étrangère de l'Union européenne Description Politique de l'Union européenne Administration Traité Titre V du TUECinquième partie du TFUE Volet Politique de sécurité et de défense commune CPE PSDC modifier La politique étrangère et de sécurité commune de l'Union européenne, également connue sous le sigle PESC, était le deuxième des trois piliers instaurés en 1992 par le traité sur l'Union européenne de Maastricht. La structure en pilier a été abolie par l...
English recipient of the Victoria Cross Richard WadesonVCColonel Richard Wadeson, VCBorn(1826-07-31)31 July 1826Lancaster, LancashireDied24 January 1885(1885-01-24) (aged 58)Royal Hospital, ChelseaBuriedBrompton CemeteryAllegiance United KingdomService/branch British ArmyRankColonelUnit75th Regiment of FootBattles/warsIndian MutinyAwardsVictoria Cross Plaque to Colonel Wadeson in the Royal Hospital, Chelsea Colonel Richard Wadeson VC (31 July 1826 – 24 January 1885) was an English...
Finance minister of France from 1561 to 1661 Henri de Schomberg (1575–1632) was Superintendent of Finances from 1619 to 1622. The Superintendent of Finances (French: Surintendant des finances) was the name of the minister in charge of finances in France from 1561 to 1661. The position was abolished in 1661 with the downfall of Nicolas Fouquet, and a new position was created, the Controller-General of Finances. History Before 1561 Prior to the creation of the position Surintendant des financ...
Pour les articles homonymes, voir Corps expéditionnaire. Corps expéditionnaire français en Extrême-Orient Insigne du CEFEO. Création 1945 Dissolution 28 avril 1956 Pays Union française Guerres Guerre d'Indochine Commandant historique Général LeclercGénéral de LattreGénéral Salan modifier Insigne d'épaule du CEFEO. Combat au FM 24/29 en 1952. Parachutistes français en Indochine en mai 1952. Hommes de la 1re compagnie étrangère parachutiste de mortiers lourds en 1953...
Medical conditionBand keratopathyBand Keratopathy in a left eye.SpecialtyOphthalmology Band keratopathy is a corneal disease derived from the appearance of calcium on the central cornea. This is an example of metastatic calcification, which by definition, occurs in the presence of hypercalcemia.[1][2] Signs and symptoms Band keratopathy of a 60-year-old male Signs and symptoms of band keratopathy include eye pain and decreased visual acuity.[citation needed] Caus...
American politician James M. RichardsonMember of the U.S. House of Representativesfrom Kentucky's 3rd districtIn officeMarch 4, 1905 – March 3, 1907Preceded byJohn Stockdale RheaSucceeded byAddison JamesMember of the Kentucky House of RepresentativesIn office1896 Personal detailsBorn(1858-07-01)July 1, 1858Mobile, AlabamaDiedFebruary 9, 1925(1925-02-09) (aged 66)Glasgow, KentuckyResting placeGlasgow CemeteryPolitical partyDemocraticProfessionNewspaper editorSignatu...
Norwegian dialects of western Norway This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article may require cleanup to meet Wikipedia's quality standards. No cleanup reason has been specified. Please help improve this article if you can. (November 2011) (Learn how and when to remove this message) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article ...
Sporting event delegationParaguay at the2019 World Aquatics ChampionshipsFlag of ParaguayFINA codePARNational federationFederación Paraguaya de Nataciónin Gwangju, South KoreaCompetitors4 in 1 sportMedals Gold 0 Silver 0 Bronze 0 Total 0 World Aquatics Championships appearances197319751978198219861991199419982001200320052007200920112013201520172019202220232024 Paraguay competed at the 2019 World Aquatics Championships in Gwangju, South Korea from 12 to 28 July. Swimming Main article: Swimmi...
British television drama series (1972–1984) Crown CourtReconstruction of the title card of later seasons of Crown CourtGenre Court show Legal drama Starring John Barron William Mervyn John Alkin Bernard Gallagher Dorothy Vernon Peter Wheeler T. P. McKenna Narrated byPeter WheelerOpening themeSinfonietta by Janáček, 4th movementEnding themeDistant Hills by the Simon Park Orchestra, composed by Peter RenoCountry of originUnited KingdomOriginal languageEnglishNo. of series11No. of episodes87...
مرناق تقسيم إداري البلد تونس [1] التقسيم الأعلى ولاية بن عروس خصائص جغرافية إحداثيات 36°40′46″N 10°17′31″E / 36.679444444444°N 10.291944444444°E / 36.679444444444; 10.291944444444 الارتفاع 32 متر السكان التعداد السكاني 61518 معلومات أخرى التوقيت ت ع م+01:00 الموقع الرسمي الموق...
Map all coordinates using OpenStreetMap Download coordinates as: KML GPX (all coordinates) GPX (primary coordinates) GPX (secondary coordinates) Town in Queensland, AustraliaKingstonLogan City, QueenslandMarsden library is located in the far south of the suburbKingstonCoordinates27°39′24″S 153°07′04″E / 27.6566°S 153.1177°E / -27.6566; 153.1177 (Kingston (town centre))Population10,506 (2021 census)[1] • Density1,568/km2 (4,...
Type of war Part of a series onWar(outline) History Prehistoric Ancient Post-classical castles Early modern pike and shot napoleonic Late modern industrial fourth-gen Military Organization Command and control Defense ministry Army Navy Air force Marines Coast guard Space force Reserves Regular / Irregular Ranks Standing army / Militia Specialties: Rifleman Staff Engineers Intelligence Recon Medical Police Diving Comms Pilot Land units: Infantry Armor Cavalry Artillery Special forces Signal co...
President of France from 1932 to 1940 You can help expand this article with text translated from the corresponding article in French. (January 2022) Click [show] for important translation instructions. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than simply copy-pasting machine-translated text into the English Wikipedia. Do not transla...
Physical model of propagating energy A linearly polarized electromagnetic wave going in the z-axis, with E denoting the electric field and perpendicular B denoting magnetic field Articles aboutElectromagnetism Electricity Magnetism Optics History Computational Textbooks Phenomena Electrostatics Charge density Conductor Coulomb law Electret Electric charge Electric dipole Electric field Electric flux Electric potential Electrostatic discharge Electrostatic induction Gauss law Insulator Permitt...