Rosa (flor)Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rosa.
A rosa é a flor da roseira, arbustos do xénero Rosa e da familia das Rosaceae con máis de 100 especies. Moitas delas son nativas de Asia e un número menor procede de Europa, América do Norte e África noroccidental. Todas elas forman un grupo de arbustos erectos e plantas trepadeiras ou rastreiras, con ramas que frecuentemente están protexidas por espiñas. Xa na antigüidade grega foi considerada a raíña das flores. A súa beleza e o seu arrecendo fan que na actualidade sexa a flor máis cultivada do mundo e que se empregue tanto na xardinaría ornamental como na floristaría e na industria da perfumaría. CaracterísticasAs roseiras son arbustos erectos, plantas trepadeiras ou rastreiras, xeralmente espiñentas, que alcanzan entre 2 e 5 metros de altura e poucas veces chegan aos 20 m rubindo sobre outras plantas. A distribución xeográfica xeral de moitas especies é incerta ou incompleta.
EtimoloxíaO termo rosa provén directamente e sen cambios do latín rosa, co significado que coñecemos: 'a rosa' ou 'a flor da roseira'. Este procede do vocábulo previo rodia (ródja) [por cambio similar como en: Clausus por Claudius]. Este último arcaísmo latino é, pola súa parte, emprestado — a través do osco — do grego antigo ρόδον (RhÓDON) (a rosa, a flor da roseira) ou mellor RhODÉA (o talo da rosa, o apoio da flor). A partir do grego antigo alúdese o posible significado de rhódon como 'efluvio aromático', 'aquilo que é fragrante', ou 'aquilo que desprende aroma'; orixinado como termo composto: por ροή (roí) 'fluxo' + οδμή (odmí) 'fragrancia, olor'. [1] O termo remóntase alén diso, probablemente de fródon ou tamén de wrodion (bródion) no antigo dialecto eolio, raíces correspondentes co persa antigo VeReDa ou V'ReDa (e os seus dialectos: avéstico WaRDa, sogdiano WaRD e parto WâR), como unha voz irania traspasada desde o sur de Armenia a Frixia e de aí a Grecia. [Confrontar con outros termos: en caldeo V'RâD, en armenio vard, e en árabico VeRD. (Hehn, Pott, Schenkel)]. E previamente dunha orixe tan antiga como do arameo wurrdā e mesmo do asirio wurtinnu. Isto pódese cotexar coa raíz trilítera en hebreo ורד (VRD). No referido á base, o núcleo deriva dunha raíz indoeuropea vardh- (wardh), vradh- (wradh), 'crecer', 'erguer(se)'; onde en sánscrito wardh-as, significa 'xermolante', e wardhati, 'elevar(se)', 'prosperar'. Por outra banda, pode ser un derivado dunha raíz grecolatina VRAD-, 'pregarse', 'facerse flexible'. E por aí tamén o grego rodanós, rádinos, e o eolio bradinós, 'mol' ou 'flexible'. [2] A rosa na cultura popularA rosa é quizais a flor máis popular do mundo, da que hai máis de cen especies, xa tendo pegadas delas no antigo Exipto. En Galiza cultívase dende moi antigo, de feito é tan popular que se chega a usar, por extensión, como sinónimo de calquera flor. A rosa branca-vermella é ademais o emblema de Inglaterra dende o século XV. A casa de Lancaster tiña como símbolo unha rosa vermella, e a de York, unha rosa branca; dunha guerra entre as dúas casas resultou vencedor Henrique Tudor, posterior rei Henrique VII de Inglaterra que, en 1486, casa con Elizabeth de York e fundan a dinastía Tudor; o seu símbolo sería a rosa bicolor.[2] Ditos e refráns
Galería de imaxes
Notas
|