Feixe

Un feixe de cereais nunha placa.

Un feixe é un montón atado de herba, leña, palla etc. Tamén se coñece co nome de brazado, gavela, mollo ou simplemente lote.[1]

Etimoloxía

O termo vén do étimo latín: fascis, do que tamén deriva a verba galega facho.[2][3] Derivado deste termo, tamén se lle chama feixe a un grupo de cousas ou de persoas (fato) e en anatomía ao conxunto de fibras musculares ou nerviosas (tamén chamados 'fascículos').[4]

Os termos feixe na matemática e na física tamén derivan deste (un feixe de luz).

Notas

  1. "feixe". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06. 
  2. A palabra fascismo deriva do mesmo termo, xa que as fascis eran un grupo de varas agrupadas, símbolo de poder na Antiga Roma e foi usado como referencia por Mussolini. En galego algúns autores como Castelao usaban a palabra 'feixismo', da mesma orixe, non recollida no DRAG.
  3. "fascismo". etimologias.dechile.net/. 
  4. "fascículo". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06. 

Véxase tamén