Moeda grega da Península Itálica e Sicilia

Moedas de prata de Taras (actual Tarento) do século V a. de C.

A moeda grega da Península Itálica e Sicilia orixinouse no seo das poboacións locais dos italiotas e dos siciliotas, comunidades prerromanas grecoparlantes do período helenístico procedentes de emigrantes gregos que formaron numerosas cidades-estado nas que facían as súas propias emisións. Taras (actual Tarento), foi unha das máis prominentes.[1]

O sur da Península Itálica estaba ata tal punto helenizado que pasou a coñecerse como Magna Grecia.

Cara ao século II a. de C., algunhas destas emisións gregas evolucionaron baixo o dominio Romano, ata constituíren as prmeiras das coñecidas como moedas provinciais romanas.

Caracterización

Localización das colonias da Antiga Grecia (en vermello) en Italia e nas rexións veciñas
Tetradracma de Gela cun prótomo de touro con cabeza humana

Unha temática recorrente nas emisións de moeda italotas eran os bustos dos deuses e outras figuras mitolóxicas, e algunhas outras representaban animais e outros símbolos. Sirvan como exemplo as cuñaxes de Síbaris, coa deusa Minerva, as de Kroton (Crotone), co busto de Hércules ou as de Posidonia (Paestum), coa figura de Poseidón. As moedas da cidade de Taras, a máis próspera, caracterízanse pola presenza de golfiños e de cabalos de mar (estes últimos, cando van alados, refírense a Poseidón). Algunhas moedas destas cidades (Gela, Neapolis...) representan un touro con face humana, o que probablemente aluda a algunha clase de alianza cos romanos.[2] A cidade de Gela en Sicilia, fundada por colonos rodios, que tomou o nome do do río que a atravesa, amosa nas súas moedas representacións diversas do deus do río local.[3]

Por outra banda, algúns tiranos na Magna Grecia conmemoraron as súas vitorias nos Xogos Olímpicos mediante a cuñaxe de moedas alusivas ás súas vitorias acadadas neles.[4]

O estilo dos motivos presentes nas moedas pódense pór en paralelo cos da olaría da rexión, o que nalgúns casos serve como método de datación desas pezas cerámicas, tendo ademais en conta que a data de fundación de varias destas cidades é ben coñecida.[5]

Padrón ponderal

Os pesos das primeiras emisións de prata foron tomados dos mercadores corintios, cos que Taras mantiña unhas ligazóns comeciais moi estreitas. Este feito trouxo tamén consigo o padrón persa para as cuñaxes de ouro da Magna Grecia. Máis tarde utilizouse tamén durante un breve período o padrón de Exina, que chegara da man dos colonos calcídicos, antes de asumir definitivamente o padrón ático, de Atenas.[6]

Para o ouro, porén, utilizouse o talento siciliano (ou macedonio), en lugar do talento ático, máis pesado, utilizado en Grecia.[7]

Magna Grecia

Artigo principal: Magna Grecia.
Óbolo de Metaponto ca. 425-350 a. de C., co busto de Deméter no anverso

A rexión de Magna Grecia incluía orixinariamente as cidades gregas de Cumas, Heraclea, Caulonia, Kroton, Locri, Neapolis, Metaponto, Síbaris, Taras, Turios e Reggio di Calabria. Case todas elas cuñaron a súa propia moeda, amosando motivos particulares nos seus anversos e reversos (Metaponto: espiga; Locri: aguia atacando unha lebre; Cumas: cuncha, etc.).[3][8][9][10]

As cidades de Taras, Metaponto, Síbaris e Kroton foron fundadas entre o 750 e o 650 a. de C. e é probable que trouxesen directamente desde as súas zonas de orixe o coñecemento das técnicas de cuñaxe, que apareceran pouco tempo antes.[11]

Taras

As moedas de Taras do século IV a. de C. caracterízanse pola figura dun soldado de cabalaría que porta un escudo (naquel momento, ningún outro exército dotaba de escudos a súa cabalaría) e tamén pola presenza de elementos mariños como os golfiños e os cabalos de mar.[12][13][14]

Moeda tarantina cun soldado a cabalo

En toda a área de influencia grega era común que os padróns ponderais da moeda helenística fosen minguando progresivamente. Unha das máis singulares destas reducións de peso pode atribuírse por si mesma a un acontecemento: durante as guerras pírricas (280-275 a. de C.) as dimensións das emisións de Taras diminuíron sensiblmente, do mesmo xeito que ocorreu noutras comunidades gregas da Península Itálica.

As moedas de prata de Taras, Kroton, Heraclea, Turios e Metaponto tiñan un peso de 7,9 g antes da guerra e logo descendeu ata 6,6 g. As posteriores emisións monetarias tarantinas sufriron unha mingua de arredor do 5 %. Esta tendencia descendente viuse ademais significativamente afectada pola tensión financeira causada aos gobernos das cidades-estado por outros confitos bélicos do momento, como foi o da resistencia á expansión de Roma.[15]

Sicilia

Tetradracma de Naxos do século V a. de C. co busto de Dioniso no anverso e o sátiro Sileno no reverso

Naxos era a cidade grega máis antiga da illa, fundada polos colonos calcídicos en 735 a. de C., e foi tamén a primeira cidade siciliana en emitir moeda. Dado o enriquecemento da cidade debido ao mercado do viño, tomouse para as primeiras emisións a figura do deus Dioniso. Outro tema recorrente nas emisións posteriores foron os sátiros.

Didracma de Hímera ca. 480-470 a. de C. con motivos animais no anverso e no reverso

Pola súa banda, Katana, fundada en 730 a. de C. por colonos que abandonaran a cidade de Naxos, tivo sona pola mestría dos seus gravadores, que deu como resultado unhas moedas de prestixio recoñecido. Finalmente, Dionisio I, tirano de Siracusa, destruíu a cidade de Naxos en 403 a. de C. e os seus superviventes fundaon Taormina en 358 a. de C.[3]

Hímera e Zancle (Messina), tamén fundadas por colonos calcídicos, foron outras das primeiras cidades-estado da illa de Sicilia que cuñaron moeda.

Durante o século IV a. de C. as emisións de moeda comezaron a escasear na illa, por causa da expansión cartaxinesa en Sicilia, ata o punto de que as moedas púnicas e os estateros corintios chegaron a se converter na parte máis substancial do seu circulante. E esa situación agravouse aínda máis no século III a. de C., cando as cuñaxes locais chegaron practicamente a desaparecer (coa excepción da moeda de cobre), como consecuencia da segunda guerra púnica, de xeito semellante ao ocorrido no sur da Península Itálica.[16]

Tetradracma de Siracusa ca. 485-479 a. de C.

Siracusa

No século VI a. de C. Siracusa empezou a emitir as súas propias moedas, baseándose no padrón ponderal ático-euboico, que axiña foron adoptadas por outras cidades-estado de Sicilia. No século V a. de C., caracterizado por un goberno forte e unha sociedade moi amplamente militarizada e gobernada polos tiranos, producíronse emisións monetarias moi abundantes.[16]

Moeda provincial romana

Dracma de Alexandría a nome de Alexandre Severo (222-235 a. de C.)
Artigo principal: Moeda provincial romana.

Cara ao 210 a. de C., Roma controlaba todas as cidades gregas da rexión e ao principio do século seguinte xa se pode apreciar unha clara influencia romana nas súas moedas, tanto na súa iconografía como no seu estilo. A moeda grega da Península Itálica neste período clasifícase adoito dentro das chamadas moedas provinciais romanas.[17][18]

Notas

  1. Kovalenko, Sergei (2017).
  2. Noel Humphreys, Henry (1851). Páxinas 43-45.
  3. 3,0 3,1 3,2 Sayles, Wayne. (2007). Páxinas 33-39.
  4. Schaus, G.; Wenn, S. Onward to the Olympics: Historical Perspectives on the Olympic Games. Wilfrid Laurier University Press. 2009. ISBN 978-1-55458-779-7. Páxinas 187, 190.
  5. Birch, Samuel. History of Ancient Pottery. Cambridge University Press. 2015. Páxina 264. ISBN 978-1-108-08190-0
  6. Hands, Alfred. (1909). Páxinas 308-309.
  7. "The greek System". En Ridgeway, W. (1892). Páxina 304.
  8. "La iconografía de la Magna Grecia". En Arévalo, María Beatriz (2015). Páxinas 16-20.
  9. "La iconografía de la Magna Grecia". En Los tipos de monedas griegas. www.munsonimismatica.com.ar
  10. "Coins of the Finest Period of the Greek Cities of the South opf Italy". En Noel Humphreys, Henry. (1869). Páxinas 66-72.
  11. "Greek Numismatics". En Saturday Review of Politics, Literature, Science and Art. 16 de agosto de 1873. Páxina 223.
  12. "Taras: the Boy on a Dolphin". En Doug Smith's Ancient Coins.
  13. "Tarantine Cavalryman". En Head, Duncan (2012). Páxina 233.
  14. "La moneda de la Magna Grecia: Tarento (Calabria)". En Monedas con Historia. 29 de marzo de 2014.
  15. Howgego, Christopher. (2002). Páxinas 114-115.
  16. 16,0 16,1 Robinson, E. S. G. "Money". En Khibley, Leonard. (1931). Páxinas 547-548.
  17. Harl, K. W. (1996). Páxinas 106-117.
  18. "Algunas cecas provinciales romanas". En www.tesorillo.com.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Read other articles:

Ethnic German paramilitary group in Poland where Germans were a minority Volksdeutscher SelbstschutzSelbstschutz leaders in Bydgoszcz at the time of the Bydgoszcz massacres of both Jewish and non-Jewish Poles (from left to right): SS-Standartenführer Ludolf Jakob von Alvensleben SS-Obersturmbannführer Erich Spaarmann, SS-Obersturmbannführer Hans Kölzow, and SS-Sturmbannführer Christian SchnugCountryPoland, Czechoslovakia, Yugoslavia and Soviet UnionAllegianceNazi Germany, the SSTypeParam...

 

Disambiguazione – Famiglia imperiale rimanda qui. Se stai cercando la famiglia dell'anime Code Geass: Lelouch of the Rebellion, vedi Famiglia imperiale (Code Geass). Questa pagina sull'argomento storia sembra trattare argomenti unificabili alla pagina Casa reale. Puoi contribuire unendo i contenuti in una pagina unica. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. La famiglia reale di Francia in un dipinto del 1670 eseguito da Jean Nocret. La famiglia reale è la famiglia ...

 

Town in Virginia, United StatesColonial Beach, VirginiaTownPier and Riverboat Off Track Betting, Restaurant, and Lounge. SealNicknames: Golf Cart Town, Playground on the PotomacLocation in the Commonwealth of VirginiaCoordinates: 38°15′N 76°58′W / 38.250°N 76.967°W / 38.250; -76.967Country United StatesState VirginiaCountyWestmorelandFounded1892Area[1] • Total2.78 sq mi (7.21 km2) • Land2.45 sq...

Part of a series onBritish law Acts of Parliament of the United Kingdom Year      1801 1802 1803 1804 1805 1806 1807 1808 1809 1810 1811 1812 1813 1814 1815 1816 1817 1818 1819 1820 1821 1822 1823 1824 1825 1826 1827 1828 1829 1830 1831 1832 1833 1834 1835 1836 1837 1838 1839 1840 1841 1842 1843 1844 1845 1846 1847 1848 1849 1850 1851 1852 1853 1854 1855 1856 1857 1858 1859 1860 1861 1862 1863 1864 1865 1866 1867 1868 1869 1870 1871 1872 1873 1874 1875 1876 1877 1878 ...

 

Voce principale: Fiamma Monza 1970. Fiammamonza PrecaStagione 1993-1994Sport calcio SquadraFiamma Monza 1970 Allenatore Fabrizio Levati All. in seconda Angelo Margutti Presidente Natalina Ceraso Levati Serie A8º posto. Coppa ItaliaOttavi di finale. StadioStadio Gino Alfonso Sada 1992-1993 1994-1995 Si invita a seguire il modello di voce Questa voce raccoglie le informazioni riguardanti la Fiammamonza Preca[1] nelle competizioni ufficiali della stagione 1993-1994. Indice 1 Rosa 2 Squ...

 

UniCredit Czech Open  ATP Challenger Tour Nama turnamenProstějovLokasiProstějov, Republik CekoTempatProstějov Tennis ComplexKategoriATP Challenger TourPermukaanTanah liat merahJumlah peserta32T/32K/16GHadiah uang€127,500+HSitus webwww.czech-open.cz Jarkko Nieminen (FIN) mengalahkan Ivo Minář untuk meraih gelar juara tahun 2005Pemenang 2003 dan 2004 Radek Štěpánek merupakan salah satu dari tiga pemenang turnamen ini asal Rep. Ceko, setelah Ulihrach dan HájekRik de Voest (RSA) ...

Para hominoid adalah keturunan dari nenek moyang yang sama Evolusi manusia adalah proses evolusi dalam sejarah primata yang menyebabkan munculnya Homo sapiens sebagai spesies tersendiri dari famili hominid, yang mencakup kera besar. Proses ini meliputi perkembangan bertahap dari sifat-sifat seperti bipedalisme dan kemampuan berbahasanya manusia,[1] serta perkawinan silang dengan hominin lain, yang menunjukkan bahwa evolusi manusia tidaklah linear, akan tetapi berbentuk seperti jaringa...

 

Noah JupeJupe di Festival Film Internasional Toronto tahun 2019LahirNoah Casford Jupe25 Februari 2005 (umur 19)Islington, London, InggrisPekerjaanAktorTahun aktif2015–sekarangOrang tuaKaty Cavanagh (ibu) Noah Casford Jupe (lahir 25 Februari 2005) adalah aktor asal Inggris. Dikenal membintangi serial televisi The Night Manager, film komedi gelap Suburbicon, film drama Wonder, film horor A Quiet Place (2018), film drama/olahraga Ford v Ferrari (2019), dan dalam penampilan yang sang...

 

土库曼斯坦总统土库曼斯坦国徽土库曼斯坦总统旗現任谢尔达尔·别尔德穆哈梅多夫自2022年3月19日官邸阿什哈巴德总统府(Oguzkhan Presidential Palace)機關所在地阿什哈巴德任命者直接选举任期7年,可连选连任首任萨帕尔穆拉特·尼亚佐夫设立1991年10月27日 土库曼斯坦土库曼斯坦政府与政治 国家政府 土库曼斯坦宪法 国旗 国徽 国歌 立法機關(英语:National Council of Turkmenistan) ...

19th-century French book series about Egypt For other uses, see Description de l'Égypte (disambiguation). You can help expand this article with text translated from the corresponding article in French. (March 2020) Click [show] for important translation instructions. View a machine-translated version of the French article. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the...

 

PT Anta Express Tour & Travel ServiceNama dagangAntaVayaSebelumnyaVayatour (1965-2013)China Travel Service (1972-1976)JenisPerusahaan swastaIndustriTravel dan PariwisataDidirikan1 September 1965 (sebagai Vayatour)10 Mei 1972 (sebagai China Travel Service)PendiriHoksono HaditonoPrakasito HadisusantoKantorpusatJakarta, IndonesiaCabang27 Kantor CabangTokohkunciRatih Prabandari (CEO)ProdukTravelPemilikTrans LifestyleKaryawan1.177 orangSitus webwww.antavaya.com PT Anta Express Tour & Trave...

 

This article may be unbalanced toward certain viewpoints. Please improve the article by adding information on neglected viewpoints, or discuss the issue on the talk page. (May 2024) This article or section is in a state of significant expansion or restructuring. You are welcome to assist in its construction by editing it as well. This template was placed by Encyclopédisme (talk · contribs). If this article or section has not been edited in several days, please remove this templat...

علي الجفري   معلومات شخصية اسم الولادة علي زين العابدين الجفري  الميلاد 20 صفر 1391 هـ16 أبريل 1971 (العمر 53 سنة)جدة  الإقامة الإمارات العربية المتحدة  مواطنة اليمن[1][2][3][4]  الديانة الإسلام المذهب الفقهي الشافعي العقيدة أهل السنة والجماعة الأب عبد ال...

 

Connecticut bus service provider This page is about a bus service in Connecticut. The same name also refers to bus services in Ohio and North Carolina. Southeast Area Transit DistrictSEAT New Flyer XD40 #1802 at SEAT's main facility along CT Route 12 in Preston.ParentTowns of East Lyme, Griswold, Groton, Ledyard, Montville, New London, Norwich, Stonington and Waterford, cities of New London and GrotonFounded1975 (service began in 1980)Headquarters21 Connecticut Route 12, Preston, CT 06365Serv...

 

Roman Catholic cathedral in Terrassa, Spain You can help expand this article with text translated from the corresponding article in Spanish. Click [show] for important translation instructions. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than simply copy-pasting machine-translated text into the English Wikipedia. Do not translate text that ...

2018 single by NF WhySingle by NFfrom the album The Search ReleasedJune 18, 2018GenreHip hopLength3:08Label NF Real Music Capitol Songwriter(s) Nate Feuerstein Tommee Profitt Cole Walowac Producer(s) NF Profitt Saint X NF singles chronology Lie (2018) Why (2018) If You Want Love (2019) Music videoWhy on YouTube Why is a song by American rapper NF, released on June 18, 2018 as the lead single from his fourth studio album The Search (2019). It was written and produced by NF himself, Tommee Prof...

 

Literary and artistic movement Solarpunk may take practical inspiration from Earthships, which are an example of sustainable architecture.[1][2] Solarpunk is a literary and artistic movement that envisions and works toward actualizing a sustainable future interconnected with nature and community.[3][4][5] The solar represents solar energy as a renewable energy source and an optimistic vision of the future that rejects climate doomerism,[6] while...

 

ميدالية 30 يونيومعلومات عامةالبلد  مصر تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات ميدالية 30 يونيو أو (بالإنجليزية: Medal Of The Thirtieth of June)‏ هي ميدالية عسكرية مصرية أنشأت في فبراير عام 2014 بقرار جمهوري من الرئيس عدلي منصور تخليداً لذكرى الثورة.[1] وتتكون الميدالية من طبقة واحدة م...

Questa voce sull'argomento stagioni delle società calcistiche italiane è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Voce principale: Olbia Calcio 1905. G.I.L. TerranovaStagione 1939-1940Sport calcio Squadra Olbia Allenatore Mario De Palma Presidente Gesuino Sardo Serie C12º posto nel girone G. Retrocesso in Prima Divisione. 1938-1939 1940-1941 Si invita a seguire il modello di voce Questa voc...

 

Para otros usos de este término, véase Ibicuy (desambiguación). Río Ibicuy Rio Ibicuí Foto de Uruguay tomada desde satélite. Se aprecian claramente los límites actuales de Uruguay con Brasil en rojo, y el río Ibicuy en celeste.Ubicación geográficaCuenca Cuenca del PlataNacimiento n/dDesembocadura río UruguayCoordenadas 29°25′16″S 56°46′20″O / -29.42111111, -56.77222222Ubicación administrativaPaís Brasil BrasilDivisión Río Grande del SurCuerpo de ...