Luísa Villalta
Luísa Villalta Gómez , nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 [ 1] e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004 , foi unha escritora , filóloga e violinista galega . Escribiu poesía , teatro , narrativa de ficción , ensaio , articulismo e tradución .
O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras [ 2] do ano 2022 : "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo". A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 2024 ,[ 2] destacando dela que foi a "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90". Esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus Pato , Marilar Aleixandre , Fina Casalderrey , Margarita Ledo Andión , Manuel Rivas , María López Sández , Euloxio R. Ruibal , Dolores Sánchez Palomino , Manuel González González e a xa mencionada Ana Romaní.[ 3]
Traxectoria
Naceu na Coruña, na rúa Vila de Laxe.[ 2] Estudou no colexio das Xosefinas da rúa Juan Flórez e mais no IES Eusebio da Guarda .[ 4] [ 5] Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela , foi tamén titulada superior en violín . Formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela desde 1985 e, máis tarde, da Xove Orquestra de Galicia , así como de diversos grupos de cámara galegos. En 1988 aprobou as oposicións de docente de Lingua e Literatura Galegas, e deu clase no IES Xosé Neira Vilas (Perillo , Oleiros ), IES Canido (Ferrol ) e no IES Isaac Díaz Pardo de Sada .
Desenvolveu unha intensa actividade cultural: deu seminarios, recitais de poesía e palestras, entre outros. Colaborou en varias publicacións, entre elas, Man Común , A Nosa Terra , Festa da Palabra Silenciada , Tempos Novos , Grial , Luzes de Galiza , Agália , Boletín Galego de Literatura , A Trabe de Ouro , Enclave ou Página abierta .[ 6] O seus artigos publicados entre o 4 de xaneiro do 2002 e o 4 de marzo de 2004 en A Nosa Terra , foron compilados no Libro das colunas (2005).[ 7] [ 8]
Participou en entidades como a Asociación de Escritores en Lingua Galega , o Foro da Cultura Galega ou A Mesa pola Normalización Lingüística .[ 9]
Finou o 6 de marzo de 2004[ 10] por unha meninxite ,[ 11] aos 46 anos de idade.[ 12] Os seus restos mortais descansan no cemiterio de Santo Amaro da cidade herculina.[ 13] Ao rematar a cerimonia relixiosa un nutrido grupo de escritores e poetas de toda Galicia como Manuel María ou Manuel Rivas despedírona nun acto laico con poemas e música de violín, ó acto tamén acudiron políticos como Xosé Manuel Beiras e Anxo Quintana .[ 14]
Legado
En 2018 a súa familia cedeu os seus fondos documentais ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades .[ 15]
Vida persoal
Casou con Paulino Pereiro o 19 de abril de 1978 , e divorciáronse en 1998 .
Obra
Poesía
Nesta casa viviu e soñou a poetaLuísa Villalta aquí as súas mans modelaron a lingua, os sons, o que habita no outro lado da música, na poesía.A Coruña, 28 de setembro de 2014 Asociación de Escritoræs en lingua Galega
Teatro
Narrativa
Ensaio
“
Por suposto, nalgures permanecen os temas. Pero os temas son o máis impersoal do traballo poético. Os temas son moi poucos. A vida e a morte. Talvez só a vida (ou só a morte). Sexan os que foren, nas súas infinitas variacións poden encontrarse nas Enciclopedias , nos libros de Historia ou (e non é raro) de Teoría Matemática, na información diaria que nos fai deglutir a realidade, en cada ocasión en que se ten a certeza de estar vivendo .
”
— Luísa Villalta , Poética "Sobre un certo estado de conciencia"[ 28]
Escolma
Traducións
Obras colectivas
Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Sada: Ediciós do Castro.[ i]
Novo do trinque (1997). Bloque Nacionalista Galego . Relatos.[ j]
Bestiario (1998). Edicións do Dragón .
A mandrágora , de Niccolò Machiavelli (1998). Laiovento. Con Francisco Pillado Mayor .[ 34]
Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón .
Narradoras (2000). Vigo: Xerais.
Longa lingua (2002). Vigo: Xerais.
"Máis alá das raíces" en Materia prima (2002). Vigo: Xerais. Relatos.[ k]
Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega .
Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney.
Narradio. 56 historias no ar . Vigo: Xerais / Radio Galega (2003). Libro-CD. Extensa antoloxía de relatos creados para o Diario Cultural .[ l]
Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). A Coruña: Espiral Maior.
Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006 ). A Coruña: Espiral Maior.
Do máis fondo do silencio saen voces (2006). Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia .
Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008). Universidade da Coruña .
Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). A Coruña: Espiral Maior.
Recoñecementos
Tumba de Luísa Villalta no cemiterio de Santo Amaro da Coruña .
Notas
↑ Crónica fotográfico-poética coa fotógrafa Maribel Longueira.
↑ Edición facsímile dun poemario inédito da escritora.
↑ Recolle Música reservada, Ruído, En concreto e a plaquette Rota ao interior do ollo .
↑ Estreada no Teatro Rosalía de Castro o 2 de outubro de 2004.
↑ Estreada no ano 2000, foi a única peza posta en escena en vida da autora.
↑ Estreada en 2004 a III escena. Estreada a obra completa en 2018.
↑ Ed. de Alexandrina Fernández Otero e Lino Braxe . Contén: "Concerto para un home só", "O representante", "O paseo das esfinxes", "Os doces anos da guerra", "As certezas de Ofelia" e "Manifesto por un novo teatro".
↑ Reeditado pola Editorial Galaxia en 2021 co ISBN 978-84-9151-750-4 .
↑ Edición a cargo de Miguel Ríos Torre.
↑ Autores: Alfonso Álvarez Cáccamo , Xosé María Álvarez Cáccamo , Xosé Carlos Caneiro , Ramón Caride , Lois Diéguez , Xabier P. DoCampo , Manuel Forcadela , Bieito Iglesias , María do Carme Kruckenberg , Manuel María , Paco Martín , Xosé Manuel Martínez Oca , Xosé Miranda , Xosé Neira Vilas , Henrique Rabuñal , Manoel Riveiro Loureiro , Xoán Ignacio Taibo , Suso de Toro , Xulio López Valcárcel , Vítor Vaqueiro e Luísa Villalta.
↑ Os autores incluídos son: Marilar Aleixandre , Fran Alonso , Anxo Angueira , Xurxo Borrazás , Xosé Carlos Caneiro , Xosé Cid Cabido , Bieito Iglesias , Ramón Loureiro , Xosé Miranda , Miguel-Anxo Murado , Xavier Queipo , Luís Rei Núñez , Antón Riveiro Coello , Xurxo Souto , Suso de Toro , Xesús Manuel Valcárcel e Luísa Villalta.
↑ (Maneiro 2013 , pp. 141-142) sinala a importancia deste proxecto para a cultural galega. Colaboran: Xavier Alcalá , Marilar Aleixandre , Fran Alonso , Alfonso Álvarez Cáccamo , Rosa Aneiros , Anxo Angueira , Vicente Araguas , Xurxo Borrazás , Darío Xohán Cabana , Marica Campo , Xosé Carlos Caneiro , Ramón Caride , Fina Casalderrey , Carlos Casares , Laura Caveiro , Alfredo Conde , Lois Diéguez , Francisco X. Fernández Naval , Agustín Fernández Paz , Manuel Forcadela , Camilo Franco , Isabel Freire, Víctor F. Freixanes , Salvador García-Bodaño , Bieito Iglesias , Xavier Lama , Xulio López Valcárcel , Antón Lopo , Paco Martín , Carlos Mella , Xosé Miranda , Estro Montaña , Gonzalo Navaza , Xosé Neira Vilas , Isidro Novo , David Otero , Carmen Panero , Xosé Ramón Pena , Xosé Antonio Perozo , María Xosé Porteiro , Xabier P. DoCampo , Xavier Queipo , María Xosé Queizán , Xesús Rábade , Luís Rei Núñez , Antonio Reigosa , Antón Riveiro Coello , Gloria Sánchez , Manuel Seixas , Xurxo Souto , Anxo Tarrío , Suso de Toro , Xesús Manuel Valcárcel , Xosé Vázquez Pintor , Luísa Villalta e Helena Villar .
↑ "Celebrámoste desde ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo, dese pobo que foxe de si mesmo, dunha literatura, dunha lingua, no foro da cultura. Ti, na liberdade, da contra-ética do poder. ".
Referencias
↑ Cerradelo, Silverio. "Luísa Villalta - Album de Galicia" . Consello da Cultura Galega . Consultado o 2024-01-31 .
↑ 2,0 2,1 2,2 Pérez Pena, Marcos (29/06/2023). "O Día das Letras de 2024, para Luísa Villalta, a escritora e música que miraba o mundo a través da poesía" . Praza . Consultado o 28/08/2023 .
↑ "Luísa Villalta será a autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2024" . Nos Diario . 30/06/2023. Consultado o 28/08/2023 .
↑ Requeixo, Armando . "Introdución". Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004) . p. 8.
↑ Pastor Novo, Teresa (10 de xullo de 2023). "Luísa Villalta, alumna emérita do Eusebio da Guarda". La Opinión de A Coruña . p. 7.
↑ "Luísa Villalta" . A Coruña das Mulleres . 13/12/2019. Consultado o 30/5/2021 .
↑ "Luísa Villalta. Álbum de Mulleres" . Cultura Galega . Consultado o 28/08/2023 .
↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada XLIV . El Progreso. 2004. p. 80. ISBN 84-87804-23-3 .
↑ "Dez anos sen Luísa Villalta" . Nós Diario . Consultado o 30/5/2021 .
↑ "Un documental moi especial para lembrar a Luísa Villalta" . Sermos Galiza . Consultado o 26/2/2019 .
↑ "Un nuevo caso de meningitis obliga a vacunar a docentes y alumnos de Sada" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 12/3/2004. Consultado o 29/6/2023 .
↑ "Falece na Coruña aos 46 anos a escritora e profesora Luísa Villalta" . La Voz de Galicia . 6 de marzo de 2004. Consultado o 26/2/2019 .
↑ "A Coruña das mulleres" . A Coruña das mulleres . Consultado o 28/08/2023 .
↑ Pereiro, Xosé Manuel, ed. (09/03/2004). "Luisa Villalta, poeta y violinista" . El País . Consultado o 28/08/2023 .
↑ Redacción. "Os papeis de Luísa Villalta" . Nós Diario . Consultado o 30/5/2021 .
↑ Villalta, Luísa (2002). "Apresados sen presa" . AELG.
↑ Villalta, Luísa (2002). "Estudo das sombras" . AELG.
↑ Villalta, Luísa (2002). "Modulación de Orfeu" . AELG.
↑ Administrador (10/5/2019). "Luísa Villalta: coa Cidade Alta (do Norte) tatuada nos ollos" . Agrupación Cultural Alexandre Bóveda . Consultado o 30/5/2021 .
↑ Mariño Davila, Esperanza (Xullo, agosto, setembro 2023). "Ser (muller) no tempo". Grial LXI (239): 105. ISSN 0017-4181 .
↑ Villalta, Luísa (1999). "As certezas de Ofelia" . Casahamlet: Revista de teatro (1): 36–47. ISSN 1888-2056 .
↑ "Presentación do libro "Luísa Villalta. Obra dramática completa" " . AC Alexandre Bóveda . Arquivado dende o orixinal o 20/05/2024. Consultado o 30/5/2021 .
↑ "Teatro completo de Luisa Villalta" . Editorial Galaxia . Consultado o 2024-08-02 .
↑ "Edicións Laiovento - Teoría de xogos" . Laiovento. Consultado o 30/5/2021 .
↑ "A Coruña: Luísa Villalta e as chaves do tempo Axenda cultural AELG" . asociacionescritoras-es . Consultado o 30/5/2021 .
↑ 27,0 27,1 27,2 27,3 "Luísa Villalta" . www.aelg.gal . Consultado o 2024-01-09 .
↑ Poética "Sobre un certo estado de conciencia"
↑ "Edicións Laiovento - O DON HAMLET DE CUNQUEIRO: UNHA ECUACIÓN TEATRAL" . laiovento.gal . Consultado o 2024-05-10 .
↑ Ruso, Judith (outubro, novembro, decembro 2022). "Do oído ó corazón: un percorrido pola música e poesía galegas". Grial LX (236): 110–111. ISSN 0017-4181 .
↑ "Formas breves de pensamento" . Editorial Galaxia . Consultado o 2024-11-18 .
↑ García Vidal, Daniel (2009). Teatro galego e construción nacional: os Cadernos da Escola Dramática Galega (1978-1994) (PDF) . Tese de doutoramento. Universidade de Birmingham . pp. 283–284.
↑ "O son en que cada lingua se soltaServizo De Publicacións Da Universidade De Vigo - Editorial Tirant Lo Blanch" . editorial.tirant.com . Consultado o 2024-09-28 .
↑ "Edicións Laiovento - A MANDRÁGORA" . laiovento.gal . Consultado o 2024-01-09 .
↑ Premio "Luísa Villalta" a Iniciativas Normalizadoras
↑ Deputación da Coruña (30 de novembro de 2017). "I Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade" . www.dacoruna.gal . Consultado o 9 de xaneiro de 2024 .
↑ Deputación da Coruña. "II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade" . dacoruna.gal . Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 30/5/2021 .
↑ 38,0 38,1 38,2 "Dez anos sen Luísa Villalta" . Baía Edicións . Consultado o 26/2/2019 .
↑ Redacción (1/3/2019). "Lembrar Luísa Villalta, poeta “de inequívoca pegada feminista”" . Sermos Galiza . Arquivado dende o orixinal o 6/3/2019. Consultado o 5/32019 .
↑ Redacción (5/3/2022). "Luísa Villalta, a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras 2022" . nosdiario.gal . Consultado o 6/3/2022 .
↑ "A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta" . Real Academia Galega . 29/6/2023.
Véxase tamén
Bibliografía
"Villalta Gómez, Luísa". Diccionario enciclopédico galego universal 59 . La Voz de Galicia . 2003-2004. p. 97. ISBN 84-7680-429-6 .
"Villalta Gómez, Luísa". Dicionario biográfico de Galicia 3 . Ir Indo Edicións . 2010-2011. p. 312.
"Villalta Gómez, Luísa" . Diciopedia do século 21 3 . Do Cumio , Galaxia e do Castro . 2006. p. 2180. ISBN 978-84-8288-942-9 .
"Villalta Gómez, Luísa" . Enciclopedia Galega Universal . Ir Indo . 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9 .
"Villalta Gómez, Luísa". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD ). El Progreso . 2005. ISBN 84-87804-88-8 .
Canosa, María (2023). Luísa Villalta, melodía de palabras . Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-1110-442-5 . Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2024. Consultado o 31 de xaneiro de 2024 .
Dopico, Montse (2024). Abonda con vivir. Luísa Villalta . Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-1110-482-1 .
Maneiro, Arturo (2013). 25 anos de Radio Galega. De 1985 a 2010 (libro electrónico) . Editorial Compostela . ISBN 978-84-8064-229-3 .
Mariño Davila, Esperanza L. (2024). As escumas da letra. Biografía de Luísa Villalta . A Coruña: Baía Edicións . ISBN 978-84-9995-445-5 .
Pena, Montse ; Queixas, Mercedes . Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luís Villalta . Edicións Laiovento . ISBN 978-84-8487-682-3 .
Rajó Pazó, Anxo Xoán (2024). Luísa Villalta. A música e a poesía na mesma persoa . Vigo: Ir Indo. ISBN 9788476807873 .
Souto, Xurxo (2024). Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta . Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-1110-455-5 .
Vilavedra, Dolores , ed. (1995). Diccionario da literatura galega . Autores I . Vigo : Editorial Galaxia . pp. 613–614. ISBN 84-8288-019-5 .
Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro . p. 752. ISBN 84-7492-465-0 .
Para infanto-xuvenil
Grial
No nº 241 de Grial (xaneiro, febreiro, marzo 2024) publicouse "Luís Villalta. A Poeta da Cidade Alta" , cos seguintes estudos:
Xesús Domínguez Dono: "Os ollos limpos da sibila"
Amando Requeixo : "Rota ao interior de Luís Villalta"
Tamara Andrés : "Un percorrido cíclico pola poesía vital de Luísa Villalta (1985-2004)"
Inma Otero Varela : "Luís Villalta, tamén narradora"
Alexandrina Fernández Otero: "O teatro en Luís Villalta: unha paixón desvelada"
Manuel Naveira Fuentes: "O canto das mús(ic)as"
César Morán : "Do pensamento musical e poético en Luísa Villalta"
Outros artigos
Ligazóns externas
Onomástica do rueiro da
Coruña Personaxes que dan
nome ás rúas, prazas, avenidas, travesías, camiños e paseos da Coruña
A B-C-D E-F-G-H I-J-K-L M-N-Ñ O-P-Q-R S-T-U-V-W-X-Y-Z