Francisco Miguel

Modelo:BiografíaFrancisco Miguel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Queo de Arriba, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSyra Alonso Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11482

Francisco Miguel Fernández Díaz[1] (noutras fontes Francisco Miguel Fernández Moratinos[2][3][4] e mesmo Francisco Miguel Moratinos Fernández-Díaz), de nome artístico Francisco Miguel, nado na Coruña en 1897 e finado no Campo de Morgade,[1] Queo de Arriba (Bértoa, Carballo), o 28 de setembro de 1936, foi un pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas.[2]

Traxectoria

Foi fillo ilexítimo de Román Moratinos Ventosa, industrial natural de Briones (A Rioxa), e da ferrolá Marcelina Fernández Díaz. Casou con Syra Alonso o 19 de novembro de 1920, co poeta e cónsul uruguaio Julio José Casal como testemuña[5]. Tivo ao seu cargo a Librería de Arte, na rúa Real da Coruña, e colaborou activamente coas revistas Casa de América e Alfar, da que foi director artístico.[6] Participou nos parladoiros da librería da súa propiedade e do café La Peña.[3]

"Casa da Felicidade", residencia de Francisco Miguel e Syra en Coruxo de Abaixo.[7]

Autodidacta, ao longo da súa vida realizou múltiples viaxes e cambios de residencia: Montparnasse (París), en 1923, onde se formou na arte do batik; Cuba e México (1926-33), onde naceron os fillos Juan Ramón e Sandro e onde traballou co muralista David Alfaro Siqueiros[8], o que contribuíu a poñelo en contacto directo coas vangardas artísticas do momento (Diego Rivera, Blanca Luz Brum…); foi tamén foi amigo de Alejo Carpentier, Luis Seoane, de León Felipe e de Picasso, de quen quixo expór a súa obra da etapa coruñesa nos anos 30 pouco antes de ser asasinado. Francisco Miguel tamén foi ilustrador dos poemas de Jorge Luis Borges e de Gabriela Mistral.[9]

En 1933 volveron a España. Tras un ano en Madrid regresaron a Galicia, instalándose na "Casa da Dicha" (Casa da Felicidade) no Porto de Santa Cruz, Liáns, Oleiros.[10]

O 3 de agosto de 1936 foi detido pola Garda Civil, acusado de actuar contra o réxime militar golpista. Saíu en liberdade, pero o 19 de setembro prendérono de novo. O 28 de setembro apareceu o seu cadáver fusilado en Bértoa, coa cara fendida e as mans amputadas,[10] xunto cos de Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete, e foron enterrados no cemiterio da localidade.

En 1942, Syra e os tres fillos volveron definitivamente a México, exiliados.[11]

Homenaxes

En 1999 a cidade da Coruña dedicoulle unha rúa.[12]

En 2015 foille dedicado o Día da Galiza Mártir.

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 Francisco Miguel na base de datos do proxecto Nomes e voces.
  2. 2,0 2,1 "Fernández Moratinos, Francisco Miguel". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 76. ISBN 84-7680-429-6. 
  3. 3,0 3,1 "Fernández Moratinos, Francisco Miguel". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo. 2010-2011. p. 76. 
  4. Casas, Arturo (2000). "Syra Alonso: Diarios" (PDF). A Trabe de Ouro (41): páx. 115–120. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19/06/2015. Consultado o 27/10/2010. 
  5. Repertorio biobibliográfico do exilio galego 2001, CCG.
  6. "O pintor Francisco Miguel é homenaxeado en Bértoa" Arquivado 06 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 27/9/2000.
  7. "Memoria de Santa Cruz" La Opinión Coruña, 16/8/2015.
  8. Artistas plásticos en la Guerra Civil española Sociedad Benéfica de Historiadores Aficionados y Creadores
  9. Diario, Nós. "Francisco Miguel e Syra Alonso, figuras para a lembranza". Nós Diario. Consultado o 2022-02-24. 
  10. 10,0 10,1 "A Casa da Felicidade de Santa Cruz" La Opinión Coruña, 18/2/2013.
  11. Syra Alonso no Álbum de Mulleres do CCG.
  12. Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos (en castelán). A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas