Concepción Arenal naceu nunha modesta casa do barrio de Ferrol Vello, no número 26 (hoxe 177) da rúa Real, no barrio da Magdalena.[a][10] Era filla dun militar liberal nado na localidade cántabra de Armaño (Cillorigo de Liébana), Ángel del Arenal,[11] e de Concepción Ponte Tenreiro, que procedía da pequena nobreza galega.[12] A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais, e pola súa morte prematura a consecuencia delas. Quedou orfa de pai aos nove anos instalándose a súa nai viúva e as tres fillas (Concepción, Antonia e Luísa) en Armaño, no val de Liébana.[13] No ano 1830 morreu Luísa, a súa irmá máis nova. En 1835 abandonaron a aldea e trasladáronse á capital de España.[13]
Formación
Estudou en Madrid, nun colexio para señoritas, cun tipo de educación para nenas de clases acomodadas que máis tarde ela mesma se encargaría de someter a severa crítica por tratarse da "arte de perder o tempo". Mais a maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca que a súa familia paterna tiña en Armaño, onde se trasladou coa súa nai e as súas dúas irmás tras quedar orfa de pai. Nestes primeiros anos en Madrid aprendeu nos seus estudos a comportarse en sociedade como era desexo da súa nai, coa que tiña constantes confrontacións, pero tamén aprendeu francés e italiano de forma autodidacta. En 1840 regresa a Armaño a coidar da súa avoa Jesusa cando esta enfermou.[2] Tiña vinte e un anos cando morreu a súa nai.
Asistiu á Universidade vestida de home,[14][b] ás aulas da carreira de Dereito Penal e Xurídico, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Cortou o cabelo, vestiu levita, capa e sombreiro de copa. Cando se descubriu a súa identidade, interveu o reitor. Tras un exame satisfactorio foi autorizada a asistir ás clases, cousa que fixo desde 1842 a 1845.[15]
O rito era o seguinte: acompañada por unha familiar dona Concepción presentábase na porta do claustro, onde era recollida por un bedel que a trasladaba a un cuarto no que se mantiña soa ata que o profesor da materia que ía impartirse a recollía para as clases. Sentada nun lugar diferente do dos seus aparentes compañeiros, seguía as explicacións ata que a clase concluía e de novo era recollida polo profesor, que a depositaba no devandito cuarto ata a clase seguinte.
Amelia Valcárcel. Feminismo en un mundo global[16]
Familia
O 10 de abril de 1848 casou con Fernando García Carrasco na parroquia de San Ildefonso, no barrio de Malasaña.[17] Con el compartiu inquedanzas e traballo intelectual, amosando un modelo de igualdade na parella; asistían xuntos ós faladoiros do café Iris, ela vestida de home, segundo Antonio Cánovas del Castillo.[2][18] A parella tivo unha filla, Concepción, e dous fillos, Fernando e Ramón. A filla morreu ós 28 meses por hidrocefalia aguda.[19] Despois do derradeiro parto a saúde de Concepción Arenal quedou delicada para o resto da súa vida.[20] Quedou viúva aos trinta e sete anos[21] e o seu fillo Ramón (Madrid 1852 - A Habana 1884) tamén morreu prematuramente.[22] Ao morrer o seu marido deixou de poder publicar artigos en prensa a consecuencia dunha lei que obrigaba a asinalos.[23] A partir de 1859, froito dunha intensa actividade intelectual, comeza a ser visible o seu traballo na prensa.[24] Logo de morrer o seu home instalouse en Colloto, en Oviedo e máis tarde en Potes, na actual rúa de San Roque.[25] A súa neta Concepción García-Arenal Winter, filla de Fernando García Arenal, era tamén sobriña do enxeñeiro, pedagogo e escritor Ernesto Winter Blanco, e dona do enxeñeiro e inventor Federico Cantero Villamil.
Foi nomeada "visitadora de prisións de mulleres" en 1864,[2] posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Na Coruña trabou unha grande amizade con Juana de Vega,[26] condesa de Espoz y Mina. Concepción Arenal asistía ao parladoiro que organizaba a condesa na súa casa da rúa Real e as dúas promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das "Magdalenas". Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres. Juana de Vega era a que se encargaba de lerlles esas cartas ás presas mentres Concepción Arenal se dedicaba a observar as actitudes destas durante a lectura.
Últimos anos
As dúas últimas décadas da súa vida pasounas co seu fillo Fernando, primeiro en Xixón e, tras un breve paso por Pontevedra, en Vigo. Foron anos de moi intensa actividade social e intelectual, malia o seu precario estado de saúde. Salvo pequenos períodos e por motivos de empeoramento da súa saúde, Concepción Arenal non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. Boa proba diso constitúea a súa ampla bibliografía, que se agrupa, fundamentalmente, ao redor de tres grandes temas: as denominadas "cuestión social", "penitenciaria" e "feminina". A súa obra tivo repercusión internacional malia que Concepción Arenal non saíu nunca de España. Porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes; colaborou en publicacións e libros editados en francés e inglés; ilustres personaxes do ámbito penal e penitenciario, como Roeder e E. C. Wines, eloxiaron a súa obra e persoa; libros seus, como El visitador del pobre e El visitador del preso escritos en castelán foron traducidos a outras linguas.
Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller.[28]
É un erro grave e dos máis prexudiciais, inculcarlle á muller que a súa misión única é a de esposa e nai [...]. O primeiro que necesita a muller é afirmar a súa personalidade, independentemente do seu estado, e persuadirse de que, solteira, casada ou viúva, ten dereitos que cumprir, dereitos que reclamar, dignidade que non depende de ninguén, un traballo que realizar e idea de que é cousa seria, grave, a vida e que se a toma como un xogo, ela será indefectibelmente un xoguete.
Concepción Arenal. "La educación de la Mujer"
Morreu o 4 de febreiro de 1893 en Vigo e foi inhumada no Cemiterio de Picacho. Os seus restos foron trasladados en 1912 ao cemiterio de Pereiró.[29] No seu epitafio o lema que a acompañou durante toda a súa vida: Á virtude, a unha vida, á ciencia.
Obra
Fábulas en verso originales. Madrid, Tomás Fortanet. 1851.[14]
La beneficencia, la filantropía y la caridad. Madrid, Imprenta del Colegio de Sordo-Mudos y de Ciegos, 1861[31][28]
Manual del visitador del pobre. Madrid, Imprenta de Tejado, 1863. Traducido ao francés, Manuel du visiteur du pauvre (París, Ambroise Bray Libraire-Editeur, 1864).
Cartas a los delincuentes. A Coruña, Imprenta del Hospicio, 1865.
El reo, el pueblo y el verdugo, o la ejecución pública de la pena de muerte. Madrid, Establecimiento Tipográfico de Estrada, Díaz y López, 1867.
La voz que clama en el desierto. A Coruña, Tipografía de la Casa de Misericordia, 1868.
Examen de las bases aprobadas por las Cortes, para la reforma de las prisiones. Madrid, Imprenta de la Revista de Legislación, 1869.
Cuadros de la guerra. Ávila, Imprenta de la Propaganda Literaria, 1880.[2]
La cuestión social. Cartas a un obrero y a un señor. Ávila, Imprenta de la Propaganda Literaria, 1880.
La instrucción del pueblo. Madrid, Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (Tip. Guttenberg), 1881.
"Lettre à M. Le Directeur General de L’Administration Pénitentiaire D’Espagne", Bulletin de la Société Générale des Prisons, 4 (abril 1883), p. 468-475.
La mujer de su casa. Madrid, Gras y Compañía Editores, 1883.
"Idea del cielo", en Almanaque de las damas para 1885, Porto Rico, Imprenta y Librería de José González Font, 1884.
"Clinique criminelle", Bulletin de la Société Générale des Prisons, nº 7 (novembro 1886), p. 857-866.
"Psychologie comparée du délinquant", Bulletin de la Société Générale des Prisons, 5 (maio 1886), p. 647-655.
"La educación de la mujer", Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, T. XVI (1892), p. 305-312.
El visitador del preso, Madrid, La España Moderna, 1894.
Obras Completas, Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1894-1913.
"Estado actual de la mujer en España", Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, T. XIX (1895 ), p. 239-252.
Manuel du visiteur du prisonnier, París, Au Secrétariat de l’Oeuvre des Libérées de Saint-Lazare, 1893.
Informes presentados en los Congresos Penitenciarios de Estocolmo, Roma, San Petersburgo y Amberes. Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1896.
El pauperismo. Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1897.
"A Méndez Núñez", en Vigo y Doña Concepción Arenal. El libro de la velada (10 de setembro de 1897), Madrid, Establecimiento Tipográfico de la viuda e hijos de Manuel Tello, 1898.
La igualdad social y política y sus relaciones con la libertad. Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1898.
"Juicio crítico de las obras de Feijoo", en Antología popular. Buenos Aires, Editorial Galicia, 1966[31]
Dios y libertad. Pontevedra, Deputación Provincial, 1996.
Premios e recoñecementos
En 1860 o seu traballo La beneficiencia, la filantropía y la caridad gañou o concurso convocado pola Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.[d][33] Coa revelación da súa autoría, esta obra converteuse na primeira obra escrita por unha muller premiada por esta entidade.[34]
En 1877 gañou o primeiro premio do concurso convocado en 1875 pola Real Academia de Ciencias Morales y Políticas en relación ás colonias penitenciarias baixo o poder de España, coa memoria Las colonias penales de Australia y la pena de deportación.[35]
Accésit no concurso da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas en 1878 co traballo La instrucción del pueblo.[36]
O seu poema Oda a la esclavitud gaña o primeiro premio do certame literario convocado pola Sociedad Abolicionista en 1865.[37]
En 1891, coñecido o delicado estado de saúde de Concepción Arenal, falouse o seu ingreso na Real Academia de Ciencias Morales e políticas, como reflectiu o Heraldo de Madrid. Esta candidatura foi apoiada por Rafael Altamira, Narciso Campillo, Francisco Lastres, Rafael Salillas, Luis Vidart, Montero Ríos, Ramón de Campoamor, Laureano Figuerola e Rafael de Labra.[38]A propia Emilia Pardo Bazán tamén impulsou na prensa a súa candidatura. Algúns autores califican o labor desta última como unha acción interesada, relacionada coas aspiracións de Pardo Bazán a optar a ser académica da Real Academia Española.[39][40]O certo é que pola parte de Concepción Arenal e do seu fillo non houbo ningunha adhesión ou mostras de disposición cara a candidatura.[e]
Homenaxes
En 1915 a Reunión recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña iniciou unha campaña de recollida de doazóns para erixir un monumento homenaxe na Coruña. Esta iniciativa tivo un importante seguimento por parte da colectividade galega na Arxentina. O monumento foi inaugurado en 1916.[41]
A primeira clínica-hospital fundada pola Sociedade Hijas de Galicia creada por galegas chamouse Sanatorio Concepción Arenal, en Luyano (Cuba) en 1924.[42]
Ten dedicadas rúas e monumentos en España, Cuba e Arxentina. Por impulso da Alianza Uruguaya Pro Sufragio Femenino, con Paulina Luisi á cabeza, promoveuse o seu nome para unha rúa de Montevideo. A rúa foi inaugurada en 1926 por iniciativa da Casa de Galicia.[43]
En 2020 celebráronse diversos actos no 200 aniversario do seu nacemento.[44][45][46] Entre eles dúas exposicións, a primeira impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela no Colexio de Fonseca do 24 de setembro ao 12 de decembro, baixo o título "Concepción Arenal: a conciencia da razón".[47] A segunda exposición, "Concepción Arenal: la pasión humanista 1820-1893", realizouna a Biblioteca Nacional de España entre o 16 de decembro de 2020 e o 4 de abril de 2021.[48] O inicio do calendario conmemorativo veu marcado o 31 de xaneiro cunha actividade no cárcere da Lama onde se proxectou a película Concepción Arenal, a visitadora de cárceres e posterior coloquio coas persoas internas, dúas das actrices do filme (Mabel Rivera e Isabel Naveira), e a especialista Celia Pereira.
En 2022 Correos emitiu un selo dedicado a Concepción Arenal, dentro da colección #8MTodoElAño.[50]
Outras referencias culturais a Concepción Arenal
Un gran número de rúas, prazas e centros de ensino por toda Galiza e resto de España levan o seu nome, así como tamén o levou un Airbus A340 de Iberia[51] e un barco en activo da SASEMAR.[52] O trofeo de fútbol do verán en Ferrol fundado en 1953 chámase Trofeo Concepción Arenal.[53]
Mujeres en la historia-Concepción Arenal, la fuerza de un ideal. Documental da RTVE española 1995 [54]
Na Literatura
El pensamiento vivo de Concepción Arenal de Clara Campoamor 1939 Arxentina, editorial Espuela Plata[55]
Mujeres de Isabel Ruiz Ruiz. Libro ilustrado de biografías de mulleres que non recibiron suficiente recoñecemento como Concepción Arenal ou Clara Campoamor 2016. [56]
Damas ilustres en la historia de España de Vicenta Márquez de la Plata, biografía dentro do xénero de novela histórica 2019[57]
As malas mulleres de Marilar Aleixandre novela a súa vida como visitadora de prisións.[58]
↑T. 321 do Libro de Rexistro da Propiedade de Ferrol, segundo cita Caballé 2018, p. 377
↑Caballé 2018, p. 385Na nota previa que introduce o primeiro artigo de Concepción Arenal en La Iberia indícase o seguinte: "..el primero de ellos es debido a la pluma de una señora que durante muchos años ha ocultado su sexo para asistir a las cátedras públicas"
↑A autora incluíu a seguinte dedicatoria: "Presento este libriño, e se te propós lelo, débesme agradecer que sexa tan breve, porque o asunto é extenso, e asegúroche que me custou moito non dicir máis sobre el. [...] Cantos se dirixen a ti adoitan ter o propósito de te atraer á súa crenza, á súa opinión; as miñas pretensións son máis modestas: non pretendo persuadirte nin convencerte; toda a miña ambición limítase a que, tras concluíres estas páxinas, dubides e digas, primeiro para ti e despois para os outros: «Non terá razón esta muller en algo do que di?".
↑Esta obra asinouna co nome do seu fillo, que daquela tiña de dez anos
↑Caballé 2018, p. 340"Si tuviera mi madre tiempo [...] pondría a la Pardo Bazán y a la Academia como se merecen y cada cual quedaría en su lugar" declaraba o seu fillo Fernando
↑ "xenuinamente a pensadora ferrolá non foi unha feminista no sentido máis estrito"Carcía Rubio, María Paz (2021). "Concepción Arenal, pioneira do feminismo español". Concepción Arenal: a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 139–142. ISBN978-84-18445-09-5.
↑Nash, Mary; Álvaez González, Ana Isabel (2002). Seneca Falls. Un siglo y medio del Movimiento Internacional de Mujeres y la lucha por el sufragio femenino en España. Guía didáctica(en castelán). Gobierno del Principado de Asturias.
↑Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 168. ISBN978-84-18445-09-5.
↑Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 209. ISBN978-84-18445-09-5.
↑Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 168–169. ISBN978-84-18445-09-5.
↑Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 170. ISBN978-84-18445-09-5.
↑Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 209. ISBN978-84-18445-09-5.
↑Lacalzada de Mateo, María José. Real Academia de la Historia, ed. "Concepción Arenal Ponte". dbe.rah.es. Consultado o 12/2/2021.
↑Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 176. ISBN978-84-18445-09-5.
↑Cagiao Vila, Pilar (2021). "Sobre Concepción Arenal e América". Concepción Arenal: a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 139–142. ISBN978-84-18445-09-5.
↑Cagiao Vila, Pilar (2021). "Sobre Concepción Arenal e América". Concepción Arenal: a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 143. ISBN978-84-18445-09-5.
Concepción Arenal : A Conciencia da razón. María Paz García Rubio, José Francisco Méndez García, coords. Santiago de Compostela: USC, Servizo de Publicacións. 2021. ISBN978-84-18445-09-5.
Caballé, Anna (2018). Concepción Arenal. La caminante y su sombra. Españoles eminentes. Barcelona: Taurus. ISBN978-84-306-1928-3.
Pereira Porto, Celia (1997). Aportación de Concepción Arenal no marco do estado do liberal español. A Coruña: Deputación Provincial. ISBN84-89652-32-5.
Carlos Delfino PosisiShooting guardSmall forward LigaNBATinggi6 ft 6 in (1,98 m) Berat230 lb (105 kg)KlubDetroit PistonsNegara ArgentinaLahir29 Agustus, 1982Santa Fe, ArgentinaDraftke-29, 2004 Detroit PistonsKarier pro2004 – sekarang Carlos Francisco Delfino (lahir di Santa Fe, Argentina pada 29 Agustus, 1982) adalah pemain bola basket Argentina yang bermain untuk klub Detroit Pistons dan umumnya bermain di posisi shooting guard dan small forward. Ia bert...
Julian AshtonCBEPotret Ashton oleh George Washington Lambert, 1928, Galeri Seni New South WalesLahirJulian Rossi Ashton(1851-01-27)27 Januari 1851Addlestone, Surrey, InggrisMeninggal27 April 1942(1942-04-27) (umur 91)Templat:NSWcity, Sydney, New South Wales, AustraliaDikenal atasArt patron; teacher; landscape and portraitureJulian Ashton Art SchoolGerakan politikHeidelberg SchoolSuami/istriEliza Ann Pugh(m. 1876; d. 15 July 1900)(Constance) Irene Morley(m. 1902; d. 1946)ElectedTrustee, ...
1971 1983 Élections municipales de 1977 à Paris les 13 et 20 mars 1977 Type d’élection Élection municipale Postes à élire 109 conseillers de Paris Corps électoral et résultats Inscrits 1 276 872 (1er tour)1 232 693 (2e tour) Votants au 1er tour 863 641 67,64 % Votes exprimés au 1er tour 851 421 Blancs et nuls au 1er tour 12 220 Votants au 2d tour 829 923 67,33 % Votes exprimés au 2d tour 797 229 Blancs ...
Pour les articles homonymes, voir Eskens. Margot EskensBiographieNaissance 12 août 1936DürenDécès 29 juillet 2022 (à 85 ans)CarinthieNationalité allemandeActivité ChanteuseAutres informationsLabel Polydor RecordsDistinction Goldene Stimmgabel (en) (2005)modifier - modifier le code - modifier Wikidata Margot Eskens (née le 12 août 1936 à Düren et morte au lac de Wörthersee le 29 juillet 2022[1]) est une chanteuse allemande de schlager qui a connu le succès principalement dan...
India–Pakistan field hockey rivalry2010 Commonwealth Games hockey match played between India and Pakistan in DelhiLocationWorldwideTeams India PakistanFirst meetingIndia 1–0 Pakistan(1956 Olympics, 6 December 1956)[1]Latest meetingIndia 10–2 Pakistan(Asian Games, 30 September 2023)[2]StatisticsMeetings total180Most winsPakistan (82)Largest victoryIndia 10–2 Pakistan(Asian Games, 30 September 2023)[3] The India–Pakistan field hockey rivalry is among...
League of Ireland 1935-1936 Competizione League of Ireland Premier Division Sport Calcio Edizione 15ª Organizzatore League of Ireland Luogo Irlanda Partecipanti 12 Risultati Vincitore Bohemians(5º titolo) Statistiche Miglior marcatore Jimmy Turnbull (37)[1] Cronologia della competizione 1934-1935 1936-1937 Manuale La stagione 1935-1936 è stata la quindicesima edizione della League of Ireland, massimo livello del campionato di calcio irlandese. Indice 1 Squadre par...
Jean Grave Jean Grave (bahasa Prancis: [gʁav]; 16 Oktober 1854 – 8 Desember 1939) adalah seorang aktivis penting dalam anarkis Prancis dan gerakan komunisme anarkis internasional. Dia adalah editor dari tiga majalah anarkis utama, Le Révolté, La Révolte dan Les Temps Nouveaux [fr], dan menulis lusinan pamflet dan sejumlah buku penting anarkis.[1] Grave mendukung anarkisme di akhir tahun 1870-an, ketika pertama kali mulai muncul sebagai gerakan yan...
William GilbertWilliam GilbertBiographieNaissance 24 mai 1544ColchesterDécès 30 novembre 1603 (à 59 ans)LondresFormation St John's CollegeActivités Philosophe, physicien, astronome, ingénieur, médecin, naturalistePère Jerome Gilberd (d)Mère Jane Wingfield (d)Fratrie William Gilbert (d)modifier - modifier le code - modifier Wikidata William Gilbert (ou William Gylberde), né le 24 mai 1544, à Colchester, en Angleterre, mort de la peste bubonique le 30 novembre 1603 (10 décembre ...
Murali PillaiMPகே முரளிதரன் பிள்ளை穆仁理Pillai pada 2016 Anggota Parlemendapil Bukit Batok SMCPetahanaMulai menjabat 9 Mei 2016Perdana MenteriLee Hsien LoongPendahuluDavid OngPenggantiPetahana Informasi pribadiLahirK. Muralidharan Pillai30 Oktober 1967 (umur 56)SingapuraPartai politikPartai Aksi RakyatAlma materUniversitas Nasional Singapura Universitas California, Los AngelesSunting kotak info • L • B K. Muralidharan Pillai (Tamil: ...
Category of words in English that prototypically stand in for other noun phrases Part of a series onEnglish grammar MorphologyPluralsPrefixes (in English)Suffixes (frequentative) Word typesAcronymsAdjectivesAdverbs (flat)ArticlesCoordinatorsCompoundsDemonstrativesDeterminers (List here)ExpletivesIntensifierInterjectionsInterrogativesNounsPortmanteausPossessivesPrepositions (List here)Pronouns (case · person)SubordinatorsVerbs VerbsAuxiliary verbsMood (conditional · imperative · subjunctive...
Private school in Tonawanda, New York, United States Cardinal O'Hara High SchoolAddress39 O'Hara RoadTown of Tonawanda, (Erie County), New York 14150United StatesCoordinates43°0′0″N 78°51′45″W / 43.00000°N 78.86250°W / 43.00000; -78.86250InformationTypePrivate, CoeducationalMottoEnvision ∙ Explore ∙ ExperienceReligious affiliation(s)Catholic;FranciscanEstablished1961PrincipalMary HolzerlandFaculty28Grades9-12Enrollment259[1] (2021)Color(s)B...
Iglesia de San Pedro y San Ildefonso Bien de interés culturalPatrimonio histórico de España LocalizaciónPaís España EspañaComunidad Castilla y León Castilla y LeónProvincia ZamoraZamoraLocalidad ZamoraDatos generalesCategoría MonumentoCódigo RI-51-0003938Declaración 1974Construcción Siglo XI - Siglo XVIIIEstilo Románico en origen, muy modificado en épocas posteriores.[editar datos en Wikidata] La iglesia Arciprestal de San Pedro y San Ildefonso, es...
لمعانٍ أخرى، طالع مقاطعة ميرسير (توضيح). هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (مارس 2016) مقاطعة ميرسير الإحداثيات ...
See also: 2005 Major League Baseball season and 2005 Nippon Professional Baseball season The following are the baseball events of the year 2005 throughout the world. Overview of the events of 2005 in baseball Years in baseball ← 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 → 2005 in sports Air sports American football Aquatic sports Association football Athletics Australian rules football Badminton Baseball Basketball Canadian football Chess Climbing Combat sports Sumo Cricket 2004–05 2005 2005�...
Behind the LightAlbum studio karya Phillip PhillipsDirilis16 Mei 2014 (2014-05-16)DirekamQuad Studios(New York, New York)GenrePop rock[1]Durasi46:36LabelInterscope19ProduserDerek FuhrmannPhillip PhillipsGregg WattenbergKronologi Phillip Phillips The World from the Side of the Moon(2012) Behind the Light(2014) Collateral(2018) Singel dalam album Behind the Light Raging FireDirilis: 3 Maret 2014 Unpack Your HeartDirilis: 12 Agustus 2014 Behind the Light adalah album studio kedu...
Python web framework This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: Flask web framework – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (April 2024) (Learn how and when to remove this message) FlaskDeveloper(s)Armin RonacherInitial releaseApril 1, 2010; 14 years ago (2010-04-01)Stable release3.0.3[1] / 7 April 2024...
Yoroi tōshi Yoroidōshi (鎧通しcode: ja is deprecated ) Penusuk Zirah[1][2] atau pesan penusuk[3] adalah salah satu pedang Jepang yang dibuat secara tradisional dan digunakan oleh samurai pada zaman feodal Jepang. Deskripsi Merupakan tanto tebal yang digunakan sebagai tambahan (belati-seperti pedang) yang muncul pada Zaman Sengoku hingga akhir Zaman Muromachi. Yoroidōshi dibuat untuk menusuk zirah dan menusuk sambil bergulat dalam jarak dekat.[4] Senjata d...
1981 1988 Élections législatives de 1986 dans les Yvelines 12 sièges de députés à l'Assemblée nationale 16 mars 1986 Corps électoral et résultats Population 1 196 111 Inscrits 750 192 Votants 582 491 77,65 % 7,1 Votes exprimés 568 196 Parti socialiste – Michel Rocard Voix 176 383 31,04 % 3,9 Députés élus 4 Rassemblement pour la République – Michel Péricard Voix 166 264 29,26 %...
Concorso a squadre maschileStoccolma 1912 Informazioni generaliLuogoStadio Olimpico di Stoccolma Periodo11 luglio Partecipanti91 da 5 nazioni Podio Italia Argento Ungheria Bronzo Gran Bretagna Edizione precedente e successiva Londra 1908 Anversa 1920 Voce principale: Ginnastica ai Giochi della V Olimpiade. Ginnastica a Stoccolma 1912 Individuale Concorso individuale A squadre Concorso a squadre Libero a squadre Svedese a squadre La competizione del concorso a squa...