África López Souto, nada na Coruña en 1966, é unha filósofa e profesora galega.
Traxectoria
Doutorouse en Filosofía en 1999 coa tese O individuo na filosofía de Michel Foucault. Foi profesora de secundaria de Filosofía en Pontevedra, Marín, Padrón, Carballo[1] e A Coruña. Actualmente é profesora e directora do IES Urbano Lugrís da Coruña. Fixo a revisión temático-filosófica da tradución ao galego de O segundo sexo, de Simone de Beauvoir Colabora na revista Ágora. É membro da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.
Obras
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas