José María Rivera Corral, nado no Chamoselo (As Pontes de García Rodríguez) o 9 de agosto de 1856[1] e finado na Coruña o 31 de xullo de 1936,[2] foi un empresario galego.
Traxectoria
Con 14 anos, seus pais hipotecaron partes das súas pertenzas para lle pagar a pasaxe e emigrou con destino cara á Habana para máis tarde, entre 1874-1875, ir á Veracruz (México)[3] de onde retornou a finais do século XIX. Ao retornar comprou a casa familiar da que se tiveran que desprender seus pais en Vilavella, e casou con Carmen Illade Rilo.[4] Posteriormente, tamén mercaría casas e terreos na Coruña.
O primeiro negocio foi de 1898, unha fábrica de pasta de fariña e chocolate á que chamou, de novo, "La Estrella de Oro". Pero durou apenas dous anos[3]. En 1901, entrou a formar parte da sociedade Casado, Hermano y Compañía, que se adicaba á fabricación de bebidas gasosas e cervexa (sería o núcleo da empresa posterior).[4]
En 1906, fundou na Coruña a fábrica "La Estrella de Galicia", adicada á produción de xeo e cervexa. O nome alude ao antigo negocio de alimentación en Veracruz "La Estrella de Oro".[5]
Na década dos anos 20, o negocio pasa a seu fillo Ramón e a empresa pasou a se converter en Hijos de Rivera.
Vida persoal
Casou con Carmen Illade Rilo.
Galería de imaxes
Notas
- ↑ "El pasado pontés de la Estrella Galicia". elprogreso.galiciae.com. Consultado o 30-08-2017.
- ↑ La Voz de Galicia, 1-8-1936, p. 2.
- ↑ 3,0 3,1 "La Estrella que brilló en As Pontes". globalgalicia.org. Consultado o 30-08-2017.
- ↑ 4,0 4,1 Alonso, Luis; Lindoso, Elvira; Vilar, Margarita. "Estrella Galicia, una cervecera centenaria". laopinioncoruna.es. Consultado o 30-08-2017.
- ↑ "Historia da empresa". corporacionhijosderivera.com. Consultado o 30-08-2017.
Véxase tamén
Bibliografía
- Alonso Álvarez, Luis (2006). "A boa estrela no camiño do emigrante" capítulo no libro Empresarios de Galicia. CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. pp. 205–217.
Outros artigos