Francisca González Garrido, coñecida como Fanny Garrido, nada na Coruña o 30 de outubro de 1842 e finada en Madrid o 11 de novembro de 1917,[1] foi unha escritora e tradutora galega.
Traxectoria
Filla do médico Francisco González Garrido del Amo e mais de Josefa García Cuenca.[2] Colaborou nos periódicos Galicia[3] e El Correo de Madrid. Da súa produción destaca a novela autobiográfica Escaramuzas, publicada en 1885. Traduciu do alemán ao castelán a Heine e Goethe. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[4] Empregou tamén o pseudónimo de Eulalia de Liáns.
Vida persoal
En 1860 casou co compositor Marcial del Adalid, quen musicou moitos dos seus poemas. Logo da morte do seu marido casou co químico lucense José Rodríguez Mourelo.
Obras
- Escaramuzas (1885)
- La mano izquierda (Revista Contemporánea, 1887-1888)
- La madre de Paco Pardo (1898)
- Batallas (inédita)
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas