Ambrosio Feijoo Pardiñas, nado en Camariñas o 4 de setembro de 1861 e finado na Coruña o 10 de xullo de 1961, foi un militar galego.
Traxectoria
Irmán de Rodolfo Feijoo Pardiñas. Ingresou na Academia Militar de Toledo en 1880. Estivo destinado en Cuba en 1893 onde ascendeu a capitán e a comandante por méritos de guerra. Despois foi destinado á Coruña onde ascendeu a coronel. Posteriormente participou na Guerra de Marrocos sendo destinado a Melilla e Larache. Foi gobernador militar de León e da Coruña. En 1918 chegou a xeneral. Ao comezo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ofrecéronlle a xefatura do Movemento da Coruña pero rexeitouna. Presidiu varios consellos de guerra en Galicia e Asturias. Foi condecorado con varias cruces vermellas e coa cruz da Légion d’Honneur. Finou na Coruña o 10 de xullo de 1961 con 99 anos.[1]
Notas
- ↑ "Falleció el general don Ambrosio Feijoo Pardiñas", La Voz de Galicia, 12-7-1961, p. 1.
Véxase tamén
Ligazóns externas