Xosé Cid Cabido
Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor e profesor galego.
Traxectoria
Foi militante de ERGA e da AN-PG e un dos fundadores da organización asemblearia Galicia Ceibe-OLN. Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi preso en setembro de 1980.[1] Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ó goberno do PSOE.[2]
Cursou estudos de Económicas e de Filoloxía Hispánica na USC,[Cómpre referencia] e licenciouse en Filoloxía Galega. Foi membro da redacción da revista Espiral a comezos dos anos oitenta e colaborador de A Nosa Terra nos anos noventa, traballou como redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), ademais de en Edicións Xerais, como director da colección Ferros. O 31 de maio de 2014 foi elixido en listas abertas como o portavoz de Anova - Irmandade Nacionalista en Vigo.[3]
En xullo de 2018, converteuse en profesor de ensino medio de Lingua e Literatura galega por oposición.[4]
Obra
Narrativa
- O intercepto, 1986, Xerais (relatos)
- Foumán, 1987, Xerais (novela gañadora do premio Café de Catro a Catro)
- O camiño de Middelharnis, 1988, Xerais (prosa fragmentaria)
- Días contados, 1991, Xerais (relatos, gañador premio Cidade de Lugo)
- Panificadora, 1994, Xerais (novela, Premio Blanco Amor).[5]
- Oralmente pola boca, 1997, Xerais (relatos)
- Grupo abeliano, 1999, Xerais (novela, Premio Blanco Amor).[a] Foi traducida ao castelán.[6]
- Fálame sempre, 2003, Xerais (relatos)
- Blúmsdei, 2006, Xerais (novela)
- Unha historia que non vou contar, 2009 (novela)
- Tres pintores (2018), Xerais, 104 páx. ISBN 978-84-9121-452-6. [7]
Teatro
Obras colectivas
- Sede Central. Relatos 2, 1990, Clube Cultural Adiante.
- Materia prima, 1992, Xerais.
- Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía, 1994, Xerais.
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
- A semente da nación soñada. Homenaxe a X. L. Méndez Ferrín, 2009 Sotelo Blanco Edicións.
- Antón Reixa. Ghicho distinto, con Manuel Xestoso, 2012, Xerais.
Premios
Notas
- Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
|
|