Francisco Sampedro |
|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) A Coruña, España |
---|
Formación profesional | Filosofía |
---|
|
Ocupación | escritor |
---|
Xénero artístico | Ensaio |
---|
|
|
Francisco Antonio Sampedro Ojeda, nado na Coruña en 1956, é un filósofo galego.
Traxectoria
Doutor en Filosofía e catedrático de Ensino Medio, e autor de ensaio filosófico e crítica literaria e política. A súa tese de doutoramento O imaxinario ideolóxico (1995) parte da ambigüidade e equivocidade do termo ideoloxía, para analizar os dous usos teóricos que comunmente se recoñecen: uso descritivo ou euloxístico, e uso pexorativo, como falsa conciencia. Mostra a pertinencia deste último uso para a análise do estatuto filosófico que a ideoloxía posúe no que varios autores recoñecen como a episteme do século XX, constituída polos discursos de Nietzsche, Marx e Freud. Pescuda o concepto de ideoloxía en Bacon e na Ilustración, e o nacemento da ideoloxía como ciencia das ideas en Desttut de Tracy, a teoría conservadora (Pareto, Sorel, Nietzsche...), o fenómeno da inversión ideolóxica en Marx e a teoría da ideoloxía de Althusser.
Á análise do concepto de ideoloxía dedicou os seus traballos Alain Badiou: filosofía, ideoloxía e suxeito, A tinta da xibia (sobre Barthes e a teoría marxista da ideoloxía) e Gianni Vattimo: debilidade e ideoloxía.
Traduciu e introduciu as edicións galegas de D'un désastre obscur de Alain Badiou; L'existencialisme est un humanisme de Jean-Paul Sartre, e Robespierre: une politique de la philosophie de Georges Labica. Ténse ocupado tamén da análise cultural e filosófica da obra de Vicente Risco (O nihilismo do inadaptado) e Rafael Dieste (Sobre a vella pel do mundo).
É correspondente en Galicia da revista francesa Multitudes e membro do consello de redacción d' A Trabe de Ouro.
Obras
Ensaio
- Ideoloxía e distorsión, 1997, Xerais.
- A aristocracia imposíbel: O discurso político de Nietzsche, 2001, Laiovento.
- Louis Althusser, 2004, Baía Edicións.
- A violencia excedente, 2006, Laiovento.
- Figuras da finitude, 2015, Laiovento.
Traducións
- O existencialismo é un humanismo, de Jean-Paul Sartre, 1990, Sotelo Blanco.
- Robespierre: unha política da filosofía, de Georges Labica, 1994, Laiovento.
- Dun desastre escuro e outros textos, de Alain Badiou, 1995, Laiovento.
- ¿Hay que quemar a Sade?, de Simone de Beauvoir, 2000 (ao castelán).
- O espectro segue a roldar: (Actualidade do Manifesto comunista), de Slavoj Žižek, 2004, Laiovento.
- Pequeno panteón portátil, de Alain Badiou, 2009, Laiovento.
Obras colectivas
Premios
- Premio da Crítica de Ensaio e Pensamento no 1998, por Ideoloxía e distorsión.
- Premio da Crítica de Ensaio e Pensamento no 2007, por A violencia excedente.
Véxase tamén
Ligazóns externas