Estudou no IES de Monelos e licenciouse en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña. En 1996 aprobou as oposicións de secundaria na especialidade de Lingua Galega e Literatura. Exerceu o primeiro ano no IES Monelos e logo no CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco, labor que compaxinou desde 2005 coas funcións de secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Entre 2007 e 2010 foi coordinadora territorial de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística.[1] Entre 1995 e 2000 foi coordinadora da editorial Laiovento. Formou parte da cerna de ProLingua,[2] e é membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega[3]. Dende decembro de 2018 é membro correspondente da Real Academia Galega.[4][5]
Historia xeral da literatura galega, 2001, A Nosa Terra. Con Anxo Gómez Sánchez.
Linguas non normalizadas: presente e futuro. Actas do congreso (Pazo da Cultura de Pontevedra, 15, 16, 17 de novembro de 2001), 2002, AS-PG. Coordinadora con Gonzalo Constenla e Anxo Gómez Sánchez.