É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas. Traballou en O Salnés Siradella, Radio Ames, Diario de Arousa e Faro de Vigo, e colabora en programas de radio.[1]
Deu a coñecer en centros educativos e asociacións as consecuencias do insurrección sublevada en Galicia coa charla "A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36".[3]
Tomou conciencia da conexión entre a represión franquista e a impunidade xa cando era nena, escoitando a súa avoa materna, falando dos tempos da guerra civil e de toda a transmisión familiar de represión silenciada polo medo a posguerras. Anos despois centrouse na investigacíón e a recuperación da memoria histórica desde unha perspectiva feminista, poñendo o foco nas testemuñas de mulleres que foron relegadas a un segundo plano.[4]
Tras catro anos de investigación, autoeditou o seu primeiro libro: Matriarcas. Mulleres en pé de vida. A través das entrevistas feitas a dez mulleres de diversos puntos de Galicia, quixo dar voz as grandes esquecidas do seu tempo, as mulleres e o matriarcado que protagonizaron sostendo a sociedades galega da posguerra.[5]
Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu foi o seu segundo libro. Continuou coa mesma metodoloxía do Matriarcas, sendo outro exemplo de como as fontes orais con materia prima para facer historia -aínda que as veces subestimada- e tamén para facer memoria e xustiza.
Como o que indicara o historiador Pepe Álvarez Castro, Fajardo afirma no seu limiar que é verdade, que ela está dun único lado, do das vítimas, de tódalas vítimas, do único lado do que podería estar: o das silenciadas.[6]
En Invisibles, Fajardo da todo o protagonismo as mulleres dos relatos, visibilizando as diferenetes tipoloxías de maltrato sofrido, físico, psicolóxico e ata o asesiñato nas mans dos homes maltratadores. Ademais, salienta un coidado especial sobre as criaturas que viven estas situacións e suliña as condutas que levan á violencia machista, para identificalas.[7]
Con motivo do Día das Letras Galegas e desde o Concello de Pontevedra Fajardo escribió O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros, como homenaxe a escritora María Victoria Moreno, galardoada en 2017. Trátase dun percorrido polos lugares que Moreno adoitaba frecuentar, participando da vida social e política de Pontevedra, a través de diferentes testemuñas.[8]
Facendo unha recompilación de datos sobre Virxinia Pereira, para A memoria das Mulleres e a web Do gris ao violeta, decatáronse que entre as cartas a o escritor Otero Pedrayo daban mostras precisas do seu posicionamiento social e político. Montse Fajardo decidiu escribir a súa biografía para recuperar a figura dunha muller comprometida e con ideais propios, incluso antes de casar con Castelao.[9]
Dentro do proxecto O pasado por vir, do Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra,[11] participou na elaboración do documental Acorda (2021), que comezou a cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra, co obxectivo de dar a coñecer lugares e feitos relacionados coa represión franquista na provincia a través da música.[12]
Na segunda entrega Acordamos (2023), Fajardo fala da loita antiforal, coa historia de mártires de Sobredo que foron Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis, Joaquín Estévez, de Soutelo de Montes e Venancio González, de Budiño, que foron asasinados o 28 de novembro de 1922 na parroquia tudense de Guillarei.[13]
En 2023 foi colaboradora habitual do faladoiro radiofónico de Radio Arosa-Cadena SER e do xornal Nós Diario.
Foi comisaria e autora dos textos das exposicións itinerantes Sinaladas, a loita das galegas no século XX, (Deputación da Coruña, 2023) e Rexas, mulleres baixo o terror franquista, (Deputación de Pontevedra, 2017). Ademais foi co- comisaria e coautora da exposición Do gris ao violeta (Concello de Pontevedra, 2016).
2023: Premio SELIC do Concello de Santiago con Onde habita a tolemia. Na modalidade de ensaio, a autora visibiliza a enfermidade mental e a represión institucional contra as mulleres psiquiatrizadas nunha historia ambientada nunha institución mental de Santiago.[23]
2023: Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual por Caídas. Achegamento ao Patronato de protección da muller en Galicia.[24]