Manuel Vicente García

Modelo:BiografíaManuel Vicente García
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Galicia, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Pompeu Fabra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímico, divulgador científico, xornalista Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 4235425


Manuel Vicente García, é un químico e divulgador científico galego.[1]

Traxectoria

En 1996 licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela.[2] Doutorouse pola mesma universidade en setembro de 2004 coa tese Macrociclos [1+1] derivados da tren e os seus complexos metálicos, dirixida por Rufina Bastida de la Calle e Alejandro Alberto Macías Luaces.[2][3][4] Desde 2005 é máster en Comunicación Científica, Médica e Medioambiental pola Universidade Pompeu Fabra[5].

Desde outubro de 2006 é o director e presentador do programa de divulgación científica Efervesciencia da Radio Galega[6]. O primeiro programa foi emitido o 22 de outubro de 2006, titulouse Hipótese e nel falouse sobre se é posíbel comunicar ciencia na radio.[7] Durante 2017 o programa superara as 50 000 descargas en liña.[8]

En 2010 e 2011 Manuel Vicente participou no asesoramento científico e na guionización do programa Conexións da Televisión de Galicia, presentado pola xornalista Iolanda Vázquez.[1][9] O programa duraba arredor de trinta minutos e constaba dunha entrevista a un científico e de seccións de diferentes temáticas presentadas polo biólogo e divulgador científico Xurxo Mariño, o actor Vicente de Souza, o informático e blogueiro Javier Pedreira «Wicho» e o director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña Ramón Núñez Centella.[1]

Entre decembro de 2015 e xaneiro de 2016 participou como presentador no programa da Televisión de Galicia Éche Así. O programa ía dirixido a un público familiar, achegando conceptos de ciencia e tecnoloxía a aspectos da vida cotiá, empregando para iso o humor, a maxia e outros elementos discursivos semellantes.[1][10]

É membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (DivulgACCIÓN) desde a súa fundación en abril do 2011 e foi o seu primeiro presidente.[11][12][1] É un dos creadores e organizadores das charlas de divulgación científica e pensamento crítico Escépticos no Pub Compostela.[13][14][15] É un dos creadores e organizadores do proxecto Regueifas de Ciencia, unha actividade de debates na Universidade de Santiago de Compostela na que se busca expor e dar a coñecer os argumentos das distintas posicións ao redor de temas como a eutanasia, a enerxía nuclear ou as modificacións xenéticas en humanos.[16][15]

Premios

O seu traballo en Efervesciencia recibiu en dúas ocasións o Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación da Xunta de Galicia (segundo premio na edición de 2008, e o primeiro en 2009), e o Prisma da Casa das Ciencias de divulgación científica en 2013[6]. Participou no proxecto “Efervesciencia na Praia” que mereceu o premio Ciencia en Acción 2009.

En 2018 gañou o III Premio Galicia de Xornalismo Científico da Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación pola reportaxe “Ondas gravitacionais que soan en galego”, publicada o 12 de marzo de 2018 no Diario Cultural[17].

Foi xurado dos Premios Prisma da Casa das Ciencias da Coruña en 2015[18] e dos Premios da Crítica de Galicia en 2017.[19]

En 2024 foi Premio da Crítica Galicia, modalidade Iniciativas culturais e científicas.[20]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mariño Alfonso, Xurxo, ed. (2016-04-19). "Informe sobre a divulgación da ciencia en Galicia" (PDF). doi:10.17075/isdcg.2016. 
  2. 2,0 2,1 Química organometálica: ciclometalación, na páxina web da USC.
  3. "Teses - Química organometálica: ciclometalación - USC". www.usc.es. Consultado o 2019-06-18. 
  4. García, Manuel Vicente (2004). "Macrociclos [1+1] derivados da tren e os seus complexos metálicos" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  5. "Manuel Vicente". DivulgACCIÓN - AGCCCT. Consultado o 2018-12-16. 
  6. 6,0 6,1 "Nós". Efervesciencia. 2015-04-28. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16. 
  7. "Programa 1: Hipótese (22-10-06)". Efervesciencia. 2006-10-30. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2018. Consultado o 2019-06-18. 
  8. "O persoal investigador debe entender que comunicar forma tamén parte do seu traballo". praza.gal. 
  9. "Conexións, nuevo programa de divulgación científica en la Televisión de Galicia". Microsiervos (en castelán). Consultado o 2019-06-18. 
  10. "O Proxecto". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 2019-06-18. 
  11. Fernández, Marcus. "Nace a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2019-06-18. 
  12. Fernández, Marcus. "Xunta directiva". DivulgACCIÓN - AGCCCT. Consultado o 2018-12-16. 
  13. "Premio Prismas de Ciencia a nuestro escéptico Manuel Vicente". Consultado o 2019-06-18. 
  14. "Santiago de Compostela". ARP Sociedad para el Avance del Pensamiento Crítico. Consultado o 2019-06-18. 
  15. 15,0 15,1 "Manuel Vicente". Diario Cultural. Consultado o 2019-06-18. 
  16. "Sobre Regueifas". Regueifas de Ciencia (en castelán). Consultado o 2019-06-18. 
  17. "Manuel Vicente García III Premio Galicia de Xornalismo Científico" Arquivado 17 de decembro de 2018 en Wayback Machine., na páxina web da RAGC, 26 de xullo de 2018.
  18. "El jurado de los premios Prismas de la Casa de las Ciencias reconoce la labor de los y de las profesionales que divulgan la cultura científica". Concello da Coruña (en castelán). 17 de outubro de 2015. Consultado o 2018-12-16. 
  19. "Vigo acolle a entrega dos Premios da Crítica de Galicia". Vigo é. 4 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2018. Consultado o 17 de decembro de 2018. 
  20. Diario, Nós (2024-10-19). "Estas son todas as gañadoras e gañadores dos Premios da Crítica da Galiza 2024". Nós Diario. Consultado o 2024-10-19. 

Véxase tamén

Outros artigos