Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Urco.
Urco Editora é unha empresa editorial galega con sede en Santiago de Compostela que comezou a súa andaina en 2007[1] publicando literatura de fantasía, ciencia ficción, tanto traducida como escrita orixinalmente en galego.
Historia e características
Ten publicado títulos como Unha viaxe á Lúa de George Tucker ou O castelo de Otranto de Horace Walpole, entre outros. Distribuíu os seus libros a través da Distribuidora Pragma.[2] e máis tarde polo Consorcio Editorial Galego[3]. Tomás González e Rodrigo Vizcaíno[4] foron os máximos responsábeis da empresa durante a primeira etapa, namentres que David Cortizo Conde[5] e Andrea Jamardo foron as cabezas visíbeis na etapa posterior, durante a cal se lle concedeu un maior peso á literatura infantil e xuvenil fronte á literatura traducida que caracteriza os primeiros anos de produción editorial[6].
A editorial organiza dende 2015 o Premio Antón Risco de literatura fantástica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas