Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
O ácido linoleico (LA) é un ácido graxo de 18 carbonos poliinsaturado con dous dobres enlaces cis, situados nos carbonos 9 e 12 (polo que o último dobre enlace está situado no 6º carbono empezando polo final, o que fai que sexa un ácido omega-6 ou n-6) [4]. Como o seu punto de fusión é de -12 °C [5][6], a temperatura ambiental moderada é líquido, e ten aspecto incoloro.
O ácido linoleico é un dos ácidos graxos esenciais para os humanos e animais, que debe ser inxerido como compoñente dos alimentos da dieta para manter unha boa saúde, porque o corpo o require para diversos procesos, pero non pode sintetizalo a partir doutros compoñentes.[7]
A palabra "linoleico" contén unha raíz que procede do grego linon, que significa liño. Por saturación do dobre enlace do carbono 6 orixinaríase ácido oleico.
O ácido linoleico é un ácido graxo esencial. A carencia de ácido linoleico e outros ácidos graxos n-6 na dieta causa sequidade no pelo, caída do cabelo,[9]
e mala cicatrización das feridas.[10] De todos os xeitos, é moi difícil chegar a ter deficiencia de ácido linoleico consumindo unha dieta normal.
Xunto co ácido oleico, as cascudas liberan ácido linoleico despois de mortas, o que disuade a outras cascudas de achegarse á zona onde se produciu a morte. Este é un mecanismo similar ao observado nas abellas e formigas mortas, que liberan ácido oleico.[11]
Metabolismo e eicosanoides
O primeiro paso do metabolismo do ácido linoleico lévano a cabo os encimas Δ6desaturases, que converten o ácido linoleico en ácido gamma-linolénico (GLA).
Algunhas probas suxiren que os nenos pequenos carecen de Δ6desaturase, e deben obtela do leite materno. Os estudos mostran que os bebés alimentados con leite materno teñen maiores concentracións de ácido gamma-linolénico cós alimentados con leite preparado maternizado, aínda que estes últimos teñen elevadas concentracións de ácido linoleico.[12]
Un incremento do consumo de certos [14] ácidos graxos n–3 xunto cun descenso no de ácidos graxos n-6 atenúa a inflamación debido a unha produción reducida destes eicosanoides.[15]
Un estudo que monitorizou dous grupos de superviventes de infarto de miocardio chegou á conclusión que “a concentración de ácido alfa-linolénico se incrementara nun 68% no grupo experimental, e que o ácido linoleico se reducira nun 7%... os superviventes dun primeiro infarto de miocardio, asignados a unha dieta mediterránea rica en ácido alfa-linolénico, tiveron un grao marcadamente reducido de recorrencia do infarto, e doutros problemas cardíacos e de mortalidade xeral.” [16]
Aplicacións industriais
O ácido linoleico utilízase na fabricación de aceites de secado rápido, que se utilizan nas pinturas artísticas ao óleo e nos vernices. Estas aplicacións aproveitan a facilidade que ten o ácido linoleico de reaccionar co osíxeno do aire, orixinando entre as moléculas enlaces cruzados (reticulación) e a formación dunha película estable.
O ácido linoleico é cada vez máis usado na industria dos produtos de beleza a causa das súas propiedades beneficiosas para a pel. Diversas investigacións sinalan que o ácido linoleico aplicado topicamente sobre a pel é antiinflamatorio, reduce a acne, e ten retén a humidade.[17][18][19]
↑David J. Anneken, Sabine Both, Ralf Christoph, Georg Fieg, Udo Steinberner, Alfred Westfechtel "Fatty Acids" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry 2006, Wiley-VCH, Weinheim. doi10.1002/14356007.a10_245.pub2
↑U.S. Department of Agriculture, Agricultural Research Service. 2007. USDA National Nutrient Database for Standard Reference, Release 20. Nutrient Data Laboratory Home Page
↑David F. Horrobin (1993). "Fatty acid metabolism in health and disease: the role of Δ-6-desaturase". American Journal of Clinical Nutrition57: 732S–7S.
↑Michel; Renaud, Serge (1994). "Mediterranean alpha-linolenic acid-rich diet in secondary prevention of coronary heart disease". Lancet343: 8911.
↑Diezel W.E., Schulz E., Skanks M., Heise H. (1993). "Plant oils: Topical application and anti-inflammatory effects (croton oil test)". Dermatol. Monatsschr179: 173.
↑Letawe,; Letawe C, Boone M, Pierard GE (1998). "Digital image analysis of the effect of topically applied linoleic acid on acne microcomedones". Clinical & Experimental Dermatology23 (2): 56–58. PMID9692305. doi:10.1046/j.1365-2230.1998.00315.x.