Ácido graxo esencial

Ácido linoleico, un dos ácidos graxos esenciais.
Ácido alfa-linolénico, o outro ácido graxo esencial.

Os ácidos graxos esenciais son aqueles ácidos graxos que os humanos e animais deben inxerir na súa dieta porque o corpo os requiere para manterse en boas condicións e non os pode biosintetizar.[1] Os ácidos graxos esenciais requírense para diversos procesos biolóxicos, e non só para a produción de enerxía, como ocorre con outros ácidos graxos.

Xeralmente só se recoñecen como esenciais dous ácidos graxos nos humanos, que son: o ácido alfa-linolénico (que é un ácido graxo omega-3 ou n-3) e o ácido linoleico (que é un ácido graxo omega-6 ou n-6).[2][3][4] Porén, outros ácidos graxos poden ser requiridos en certas circunstancias, e denomínanse ácidos graxos "condicionalmente esenciais", entre os que destaca o ácido gamma-linolénico (un omega-6), e tamén o ácido láurico (saturado), e o ácido palmitoleico (monoinsaturado).[5]. Actualmente, en moitos textos considéranse esenciais (ou non se fai distinción) a toda unha serie de ácidos omega-3 e omega-6 (véxase máis abaixo).

Cando se descubriron os ácidos graxos esenciais en 1923, foron inicialmente designados como vitamina F, pero en 1930, os traballos de G. Burr, M. Burr e E. Miller demostraron que era mellor clasificalos como graxas que coma vitaminas.[6]

Funcións

No corpo os ácidos graxos realizan diversas funcións. En todas elas o balance dietario dos ácidos ω-3 e ω-6 afecta de forma determinante a estas funcións, xa que os efectos biolóxicos dos ácidos graxos ω-3 e ω-6 están mediados polas súas múltiples interaccións.

Historia e significado do termo ácido graxo "esencial"

Os mamíferos non temos a capacidade de poder introducir dobres enlaces nos ácidos graxos se teñen que estar situados alén do carbono 9, polo que o ácido ω-6 linoleico (18:2,9,12), e o ácido ω-3 alfa-inolénico (18:3,9,12,15) son esenciais para os humanos. Nos humanos, o ácido araquidónico (20:4,5,8,11,14) pode sintetizarse a partir de ácido linoleico por desaturación e elongación da cadea, polo que non é esencial (aínda que algúns carnívoros como os gatos non poden e para eles é esencial). Ademais, o corpo humano pode producir algúns ácidos graxos ω-3 de cadea longa (o ácido eicosapentaenoico e o ácido docosahexaenoico) a partir do ácido ω-3 alfa-linolénico.

Entre 1930 e 1950, o ácido araquidónico e o ácido linolénico eran considerados "esenciais" porque basicamente tiñan a capacidade de fornecer os requirimentos para o crecemento das ratas que recibían dietas carentes de graxas. Posteriores investigacións demostraron que o metabolismo humano require tanto ácidos graxos ω-3 coma ω-6. Ata certo punto, calquera ácido graxo ω-3 ou ω-6 pode aliviar os peores síntomas da deficiencia en ácidos graxos do seu tipo. Os ácidos graxos son necesarios tamén en fases críticas da vida, como por exemplo a lactación, e nalgunhas doenzas. En textos non científicos pode verse ás veces que se consideran esenciais todos os ácidos graxos ω-3 e ω-6. Fontes autorizadas con frecuencia inclúen as dúas familias completas ω-3 e ω-6 sen darlles cualificación, ou considéranos esenciais se non se poden sintetizar de novo en cantidades suficientes, polo que o significado do termo esencial queda un pouco difuso actualmente.[9][10][11] Os ácidos graxos conxugados como o ácido caléndico non se consideran normalmente esenciais.

Os ácidos graxos poliinsaturados de cadea longa tradicionalmente non se consideran esenciais. Para unha discusión sobre a cualificación como esencial dun ácido graxo actualmente véxase Cunnane 2003.[12] Como os ácidos graxos poliinsaturados de cadea longa son en certas situación requiridos, deben considerarse "condicionalmente esenciais", ou non esenciais para os adultos con boa saúde.

Os ácidos graxos esenciais non deben confundirse cos aceites esenciais, os cales se denominan "esenciais" só no senso de que son unha esencia concentrada.

Fontes alimenticias

Case toda a graxa poliinsaturada da dieta humana procede dos ácidos graxos esenciais. Algunhas das fontes de ácidos graxos ω-3 e ω-6 son o peixe azul e o marisco, bacallau, semente de liño, aceite de soia, aceite de oliva, aceite de colza, semente de cabaza, pipas de xirasol, verduras, e noces.

Os ácidos graxos esenciais interveñen en moitos procesos metabólicos, e hai evidencias que suxiren que baixos niveis de ácidos graxos esenciais, ou un balance desaxeitado dos distintos tipos de ácidos graxos esenciais, pode ser un factor que actúe no desenvolvemento de diversas doenzas, como a osteoporose.[13]

As fontes vexetais de ω-3 non conteñen ácido eicosapentaenoico nin ácido docosahexaenoico. O corpo humano pode (e en dietas vexetarianas estritas debe) converter o ácido α-linolénico en ácido eicosapentaenoico e despois en ácido docosahexaenoico. Isto require un maior traballo metabólico para o corpo, que se pensa que é a razón de que a absorción de ácidos graxos esenciais é moito maior de fontes animais ca de fontes vexetais.

Os contidos de ácidos graxos en diversas fontes de graxas animais e vexetais poden consultarse en:

Nalgúns casos non coincidirán totalmente os valores nas distintas fontes, pero téñase en conta que o contido en ácidos graxos esenciais das fontes vexetais varía debido ás condicións de cultivo, e nas fontes animais varía co tipo de alimentación que se lle deu ao animal e coa parte do corpo de onde se recolleu a graxa analizada.

Saúde humana

Cardioloxía. Os ácidos graxos esenciais xogan un importante papel na vida e morte das células cardíacas.[14][15][16][17]

A deficiencia en ácidos graxos esenciais orixina unha dermatite similar á vista na deficiencia de cinc ou na deficiencia de biotina.[18]

Depresión. Diversas investigacións suxiren que un consumo elevado de peixe e ácidos graxos omega-3 está asociado coa diminución dos casos de depresión. As concentracións baixas de ácido 5-hidroxiindolacético no cerebro están asociadas coa depresión e suicidio, e este ácido sintetízase nunha vía metabólica que empeza con ácidos omega-3 como o docosahexaenoico.[19]

Hai grandes concentracións de ácido docosahexaenoico nas membranas sinápticas do cerebro. Isto é fundamental para a a transmisión sináptica e a fluidez das membranas. A proporción correcta entre os ácidos graxos omega-6 e omega-3 é importante para evitar desequilibrios na fluidez da membrana. Dita fluidez afecta ao funcionamento de encimas como a adenilato ciclase e canles iónicas como as do calcio, potasio, e sodio, o que á súa vez afecta ao número e funcionamento dos receptores, e aos niveis do neurotransmisor serotonina. Como as dietas dos países occidentais son deficientes en omega-3 e excesivas en omega-6, equilibrar esta proporción sería beneficioso para a saúde.[20]

Investigacións clínicas suxiren que o tratamento da depresión das nais con ácidos graxos omega-3 é beneficioso durante o período perinatal.[19] Unha metaanálise de ensaios con suplementos de ácido eicosapentaenoico como tratamento para a depresión en mulleres non embarazadas concluíu que os suplementos con máis do 60% dese ácido son efectivos, pero os que conteñen principalmente ácido docosahexaenoico, ou menos do 60% de ácido eicosapentaenoico, non o eran.[21]

Notas

  1. Modern Nutrition in Health and Disease 6th Ed. (1980) Robert S. Goodhart and Maurice E. Shils. Lea and Febinger. Philadelphia. ISBN 0-8121-0645-8. pp. 134-138.
  2. Whitney Ellie and Rolfes SR Understanding Nutrition 11th Ed, California, Thomson Wadsworth, 2008 p.154.
  3. Enig Mary G. Know your Fats Bethesda Press 2005 p.249
  4. Burr, G.O., Burr, M.M. and Miller, E. (1930). "On the nature and role of the fatty acids essential in nutrition" (PDF). J. Biol. Chem. 86 (587). http://www.jbc.org/cgi/reprint/97/1/1.pdf Arquivado 21 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.. Retrieved 2011-11-20.
  5. Enig 2005 p.249
  6. Burr, G.O., Burr, M.M. and Miller, E. (1930). "On the nature and role of the fatty acids essential in nutrition" (PDF). J. Biol. Chem. 86 (587). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de febreiro de 2007. Consultado o 2007-01-17.  Arquivado 21 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.
  7. Stillwell W, Shaikh SR, Zerouga M, Siddiqui R, Wassall SR (2005). "Docosahexaenoic acid affects cell signaling by altering lipid rafts". Reproduction, Nutrition, Development 45 (5): 559–79. PMID 16188208. doi:10.1051/rnd:2005046. 
  8. Calder PC (2004). "n-3 fatty acids, inflammation, and immunity--relevance to postsurgical and critically ill patients". Lipids 39 (12): 1147–61. PMID 15736910. doi:10.1007/s11745-004-1342-z. 
  9. Heather Hutchins, MS, RD (10/19/2005). "Symposium Highlights -- Omega-3 Fatty Acids: Recommendations for Therapeutics and Prevention". Omega-3 fatty acids and their counterparts, n-6 fatty acids, are essential polyunsaturated fatty acids (PUFA) because they cannot be synthesized de novo in the body. 
  10. Nugent KP, Spigelman AD, Phillips RK (1996). "Tissue prostaglandin levels in familial adenomatous polyposis patients treated with sulindac". Diseases of the Colon and Rectum 39 (6): 659–62. PMID 8646953. doi:10.1007/BF02056946. Arachidonic acid is an essential fatty acid… 
  11. Carlstedt-Duke J, Brönnegård M, Strandvik B (1986). "Pathological regulation of arachidonic acid release in cystic fibrosis: the putative basic defect". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 83 (23): 9202–6. PMC 387103. PMID 3097647. doi:10.1073/pnas.83.23.9202. O recambio dos ácidos graxos esenciais increméntase (7). O ácido araquidónico é un dos ácidos graxos esenciais que se ve afectado. 
  12. Cunnane SC (2003). "Problems with essential fatty acids: time for a new paradigm?". Progress in Lipid Research 42 (6): 544–68. PMID 14559071. doi:10.1016/S0163-7827(03)00038-9. 
  13. Kruger MC, Horrobin DF (1997). "Calcium metabolism, osteoporosis and essential fatty acids: a review". Progress in Lipid Research 36 (2-3): 131–51. PMID 9624425. doi:10.1016/S0163-7827(97)00007-6. 
  14. Honoré E, Barhanin J, Attali B, Lesage F, Lazdunski M (1994). "External blockade of the major cardiac delayed-rectifier K+ channel (Kv1.5) by polyunsaturated fatty acids". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 91 (5): 1937–41. PMC 43279. PMID 8127910. doi:10.1073/pnas.91.5.1937. 
  15. Reiffel JA, McDonald A (2006). "Antiarrhythmic effects of omega-3 fatty acids". The American Journal of Cardiology 98 (4A): 50i–60i. PMID 16919517. doi:10.1016/j.amjcard.2005.12.027. 
  16. Landmark K, Alm CS (2006). "[Alpha-linolenic acid, cardiovascular disease and sudden death]". Tidsskrift for Den Norske Lægeforening (en Norwegian) 126 (21): 2792–4. PMID 17086218. 
  17. Herbaut C (2006). "[Omega-3 and health]". Revue Médicale De Bruxelles (en French) 27 (4): S355–60. PMID 17091903. 
  18. James, William; Berger, Timothy; Elston, Dirk (2005). Andrews' Diseases of the Skin: Clinical Dermatology. (10th ed.). Saunders. ISBN 0-7216-2921-0.
  19. 19,0 19,1 Rees AM, Austin MP, Parker G (2005). "Role of omega-3 fatty acids as a treatment for depression in the perinatal period". The Australian and New Zealand Journal of Psychiatry 39 (4): 274–80. PMID 15777365. doi:10.1111/j.1440-1614.2005.01565.x. 
  20. Logan AC (2004). "Omega-3 fatty acids and major depression: a primer for the mental health professional". Lipids in Health and Disease 3 (1): 25. PMC 533861. PMID 15535884. doi:10.1186/1476-511X-3-25. 
  21. PMID 21939614 Meta-analysis of the effects of eicosapentaenoic acid (EPA) in clinical trials in depression, 2011

Véxase tamén

Outros artigos

Read other articles:

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada November 2022. Benjamin Köhler Benjamin Köhler pada tahun 2010Informasi pribadiNama lengkap Benjamin KöhlerTanggal lahir 4 Agustus 1980 (umur 43)Tempat lahir Berlin, Jerman BaratTinggi 1,72 m (5 ft 7+1⁄2 in)Posisi bermain Gelandang seran...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2022. artikel ini perlu dirapikan agar memenuhi standar Wikipedia. Tidak ada alasan yang diberikan. Silakan kembangkan artikel ini semampu Anda. Merapikan artikel dapat dilakukan dengan wikifikasi atau membagi artikel ke paragraf-paragraf. Jika sudah dirapik...

 

Khushdeva Singh (1902- 1985) adalah seorang dokter dan pekerja sosial India, yang dikenal atas kontribusinya terhadap pengobatan tuberkulosis di India. Ia merupakan pendiri Masyarakat Kesejahteraan Kusta, Patiala untuk rehabilitasi pasien kusta di wilayah tersebut. Sebagai seorang humanis dengan visi sekuler, ia diketahui telah merawat beberapa Muslim selama pemisahan India. Pada 1957, Pemerintah India menganugerahinya dengan Padma Shri, penghargaan sipil India tertinggi keempat atas pengabdi...

Cascade of intracellular and molecular events for transmission/amplification of signals This article is about signaling at the cellular level. For systemic signal transduction, see Transduction (physiology).Signal transduction is the process by which a chemical or physical signal is transmitted through a cell as a series of molecular events. Most commonly, protein phosphorylation is catalyzed by protein kinases, ultimately resulting in a cellular response. Proteins responsible for detecting s...

 

Uni Eropa Artikel ini adalah bagian dari seri: Politik dan pemerintahanUni Eropa Parlemen Presiden Jerzy Buzek Kelompok terbesar; Joseph Daul: EPP Martin Schulz: S&D Sesi ke-7 AP (736) Periode 2009-14 Biro Wakil Presiden Quaestor Konferensi Prosedur legislatif Dewan Menteri Kepresidenan Polandia Konfigurasi Umum Luar Negeri Ekonomi Euro Prosedur legislatif Pemungutan suara Sekretariat Sekretaris Jenderal Uwe Corsepius COREPER Dewan Eropa Presiden Herman Van Rompuy Partai Daftar rapat Kom...

 

Makassar UtamaNama lengkapMakassar Utama Ujung PandangNama singkatMakassar UtamaBerdiri17 Juni 1980; 43 tahun lalu (1980-06-17)Dibubarkan1990StadionStadion MattoangingUjung Pandang, Sulawesi Selatan, Indonesia(Kapasitas: 15.000 tempat duduk)Pemilik Jusuf KallaManajer Halim KallaPelatih Drs. Iljas HaddadeLigaDivisi Dua Liga Indonesia2007Putaran Pertama Tingkat Nasional / 53 Besar Kostum kandang Kostum tandang Makassar Utama (nama lengkap Makassar Utama Ujung Pandang) adalah sebuah klub se...

Rami Hamdallahرامي حمدالله Perdana Menteri Otoritas Nasional Palestina Ke-5Masa jabatan2 Juni 2013 – 14 April 2019PresidenMahmud Abbas PendahuluSalam FayyadPenggantiMohammad Shtayyeh Informasi pribadiLahir10 Agustus 1958 (umur 65)Anabta, Tepi BaratPartai politikFatahAlma materUniversitas YordaniaUniversitas ManchesterUniversitas LancasterSunting kotak info • L • B Rami Hamdallah (Arab: رامي حمداللهcode: ar is deprecated ; lahir 10 Agustu...

 

Mestaruussarja 1945-1946 Competizione Mestaruussarja Sport Calcio Edizione 37ª Organizzatore SPL/FBF Luogo  Finlandia Partecipanti 8 Risultati Vincitore VIFK(2º titolo) Retrocessioni KPT KuopioIF Drott Statistiche Incontri disputati 54 Gol segnati 231 (4,28 per incontro) Cronologia della competizione 1945 1946-1947 Manuale La Mestaruussarja 1945-1946 fu la trentasettesima edizione della massima serie del campionato finlandese di calcio, la sedicesima come Mestaruussarja. Il titol...

 

Questa voce sull'argomento stagioni delle società calcistiche italiane è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Voce principale: Unione Sportiva Olbia 1905. Olbia CalcioStagione 2008-2009Sport calcio Squadra Olbia Allenatore Rosolino Puccica poi Valerio Majo poi Salvatore Vullo Presidente Franco Rusconi Seconda Divisione5º posto nel girone A. Maggiori presenzeCampionato: Righi (34) Miglio...

ロバート・デ・ニーロRobert De Niro 2011年のデ・ニーロ生年月日 (1943-08-17) 1943年8月17日(80歳)出生地 アメリカ合衆国・ニューヨーク州ニューヨーク市身長 177 cm職業 俳優、映画監督、映画プロデューサージャンル 映画、テレビドラマ活動期間 1963年 -配偶者 ダイアン・アボット(1976年 - 1988年)グレイス・ハイタワー(1997年 - )主な作品 『ミーン・ストリート』(1973年)...

 

Ligand-gated ion channels Lig_chanx-ray structure of the glur6 ligand binding core (s1s2a) in complex with glutamate at 1.65 a resolutionIdentifiersSymbolLig_chanPfamPF00060Pfam clanCL0030InterProIPR001320SCOP21gr2 / SCOPe / SUPFAMTCDB1.A.10OPM superfamily8OPM protein3kg2Available protein structures:Pfam  structures / ECOD  PDBRCSB PDB; PDBe; PDBjPDBsumstructure summary Ionotropic glutamate receptors (iGluRs) are ligand-gated ion channels that are activated by the neurotransmitter g...

 

ХристианствоБиблия Ветхий Завет Новый Завет Евангелие Десять заповедей Нагорная проповедь Апокрифы Бог, Троица Бог Отец Иисус Христос Святой Дух История христианства Апостолы Хронология христианства Раннее христианство Гностическое христианство Вселенские соборы Н...

Huruf insular (Gaelik)Permulaan Injil Markus dari Kitab DurrowJenis aksara Abjad BahasaLatin, Irlandia, InggrisPeriodefl. 600–850 MAksara terkaitSilsilahAbjad LatinHuruf insular (Gaelik) Artikel ini mengandung transkripsi fonetik dalam Alfabet Fonetik Internasional (IPA). Untuk bantuan dalam membaca simbol IPA, lihat Bantuan:IPA. Untuk penjelasan perbedaan [ ], / / dan ⟨ ⟩, Lihat IPA § Tanda kurung dan delimitasi transkripsi. Huruf insular ada...

 

Imam Mahdi dan Masih Mau’udMirzā Ghulām Ahmad مرزا غلام احمد GelarPendiri Ahmadiyyah Imam Mahdi dan Masih Mau’udInformasi pribadiLahir(1835-02-13)13 Februari 1835Qadian, Kemaharajaan SikhMeninggal26 Mei 1908(1908-05-26) (umur 73)Lahore, Punjab, India BritaniaAgamaIslamPasanganHurmat BibiNusrat Jahan BegumOrang tuaMirza Ghulam Murtaza (ayah)Chiragh Bibi (ibu)Kewarganegaraan India BritaniaWilayahSeluruh DuniaPemimpin MuslimPenerusHakim Nur-ud-DinSitus webhttps://ahma...

 

Державний комітет телебачення і радіомовлення України (Держкомтелерадіо) Приміщення комітетуЗагальна інформаціяКраїна  УкраїнаДата створення 2003Керівне відомство Кабінет Міністрів УкраїниРічний бюджет 1 964 898 500 ₴[1]Голова Олег НаливайкоПідвідомчі ор...

 本表是動態列表,或許永遠不會完結。歡迎您參考可靠來源來查漏補缺。 潛伏於中華民國國軍中的中共間諜列表收錄根據公開資料來源,曾潛伏於中華民國國軍、被中國共產黨聲稱或承認,或者遭中華民國政府調查審判,為中華人民共和國和中國人民解放軍進行間諜行為的人物。以下列表以現今可查知時間為準,正確的間諜活動或洩漏機密時間可能早於或晚於以下所歸�...

 

Stick used to play the sport of lacrosse A lacrosse stick or crosse is used to play the sport of lacrosse. Players use the lacrosse stick to handle the ball and to strike or check opposing players' sticks, causing them to drop the ball. The head of a lacrosse stick is roughly triangular in shape and is strung with loose netting that allows the ball to be caught, carried (known as cradling), passed, or shot. History of lacrosse sticks Ball players, a hand-colored lithograph by George Catlin. I...

 

1984 Danish general election ← 1981 10 January 1984 1987 → All 179 seats in the Folketing90 seats needed for a majorityTurnout88.44% Party Leader % Seats +/– Social Democrats Anker Jørgensen 31.60 56 −3 Conservatives Poul Schlüter 23.45 42 +16 Venstre Henning Christophersen 12.07 22 +2 SF Gert Petersen 11.51 21 0 Social Liberals Niels Helveg Petersen 5.49 10 +1 Centre Democrats Erhard Jakobsen 4.60 8 −7 Progress Mogens Glistrup 3.59 6 −10 KrF Christi...

Sepaw takraw team event King's Cup Sepak takraw ChampionshipCompetition detailsDisciplineSepaktakrawOrganiserInternational Sepaktakraw FederationHistoryFirst edition1985 in Bangkok, ThailandEditions35 USA Team in King's Cup Championships The King's Cup Sepak Takraw Championship is a sepak takraw team event which is considered to be the most prestigious tournament in the sport as most top national teams compete in this annual event. The King's Cup is dedicated to His Majesty the King of T...

 

В Википедии есть статьи о других людях с такой фамилией, см. Савич. Никанор Васильевич Савич Член Особого совещания при главнокомандующем Вооружёнными силами Юга России 1919 — 1920 Рождение 22 декабря 1869(1869-12-22)имение Беловоды Сумского уезда Харьковская губерния, Российск�...