O ácido punícico, tamén chamado ácido tricosánico, é un ácido graxo poliinsaturado, 18:3 cis-9, trans-11, cis-13. Recibe o seu nome pola granada ou milgranda, (Punica granatum), e obtense do aceite das sementes da granada.
Tamén se encontra en aceites das sementes de Trichosanthes cucumerina.[1]
É un ácido linolénico conxugado; é dicir, ten tres dobres enlaces conxugados. É quimicamente similar aos ácidos linoleicos conxugados que teñen dous. Foi erradamente clasificado como un ácido graxo poliinsturado "n-5" ou "omega-5" porque o enlace dobre está localizado a cinco carbonos do carbono terminal "omega", pero, en realidade, a notación "n-x" só se pode aplicar aos ácidos graxos poliinsturados todocis, interrompidos por metilenos.
En ratas de laboratorio, o ácido punícico era convertido ao ácido linoleico conxugado ácido ruménico (9Z11E-CLA).[2]In vitro, mostra actividades anticanceríxenas contra as células do cancro de próstata.[3] As ratas OLETF, unha cepa de ratas que se fan obesas, permanecen relativamente delgadas cando se engade ácido punícico ao seu alimento.[4]