Número CAS

O número CAS é unha identificación numérica única para compostos químicos, polímeros, secuencias biolóxicas, preparados e aliaxes. Tamén se fai referencia a el como CAS RN (en inglés CAS registry number). O Chemical Abstracts Service (CAS) asigna estes identificadores a cada composto químico descrito. CAS tamén mantén unha base de datos dos compostos químicos, coñecida como rexistro CAS. O rexistro CAS contén máis de 71 millóns de substancias orgánicas e inorgánicas (incluíndo compostos, aliaxes, mesturas, compostos de coordinación, minerais, polímeros, sales). Engádense miles de rexistros novos cada día.[1] Contén tamén máis de 64 millóns de secuencias de proteínas e ADN.[2]

O número CAS asígnase conforme se descobre e rexistra a substancia, polo que non ten ningún significado químico, é dicir, por exemplo, non se pode saber a que familia química pertence unha substancia vendo os números que se lle asignaron. É simplemente un modo inequívoco de identificar unha determinada substancia nas bases de datos.

Notas

  1. CAS
  2. "CAS". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2017. Consultado o 05 de abril de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Procura de números CAS