Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
O ácido undecanoico ou ácido undecílico é un ácido graxo que contén unha cadea liñal de once carbonos, non ramificada, coa fórmula C 11H 22O 2, simbolizado como C11:0.
A temperatura ambiente moderada é un sólido incoloro, que funde a 24,5 °C, con cheiro a aldehido. Descomponse a 275 °C[1] e a 15 mm de Hg de presión ferve a 164,5 °C.[2] A 25 °C a súa densidadde é de 0,912 g/cm3 e o seu índice de refracción é de 1,4478. O seu punto de inflamación é de 166 °C.[1] É insoluble en auga e moi soluble en etanol, cloroformo e acetona. É soluble en benceno en calquera proporción. Obtense do aceite de rícino por redución do ácido undecilénico.[2] A súa estrutura cristalina é ortorrómbica, e pertence ao grupo espacial P21/c, a súa cela elemental ten os seguintes valores: a = 25,839 Å, b = 4,9123 Å, c = 10,0285 Å, α = 90°, β = 99,010 ° e γ = 90°.[3]
A súa toxicidade na rata é de LD50 oral = 2,5 g/kg. Irrita as mucosas en concentracións superiors ao 1 %. Emprégase como antimicrobiano. Tamén se emprega como funxicida contra os fungos da pel, en concentracións entre o 2 e o 10 %.[1]