O punto de inflamabilidade é o conxunto de condicións de contorna no que unha substancia combustible inflamable, está en condicións de iniciar unha combustión se se lle aplica unha fonte de calor a temperatura abonda, chegando ó momento de ignición. Unha vez retirada a fonte de calor externa poden ocorrer dúas cousas: que se manteña a combustión iniciada, ou que se apague o lume por si só.
A diferenza entre punto de inflamabilidade e punto de ignición, é que no primeiro, o combustible está en condicións de inflamarse, pero fáltalle a calor de ignición; o punto de ignición é no caso que se producise xa a inflamación, é dicir, aplicouse a calor de ignición.
Se se consideran unhas condicións normais de presión (presión atmosférica normal de 101,3 kPa), esas condicións redúcense a unha temperatura mínima e unha proporción determinada de vapor de combustible no aire ambiente, que pode darse nunha pequena parte do mesmo. Son importantes tanto a temperatura como a proporción da mestura. De feito a temperatura pode ser relativamente baixa, a maioría das veces inferior ás normais no ambiente, pero a esa temperatura os combustibles líquidos empezan a desprender vapores que, ó mesturarse co osíxeno do aire ou outro comburente, poden dar as condicións, para que calquera faísca que alcance a temperatura de ignición necesaria, inicie o lume. Entre estas condicións é fundamental a proporción dos gases co aire e, tanto se a proporción de gases é escasa, coma se é excesiva, non se producirá a ignición.
Para medir o punto de inflamabilidade úsase o aparello de Pensky-Martens.
Temperatura de inflamabilidade dalgunhas substancias:
Combustible
|
temperatura
|
Alcol etílico
|
12 °C / 53.6 °F
|
Alcol metílico
|
11 °C / 51.8 °F
|
Alcol butílico
|
37 °C / 98,6 °F
|
Gasolina
|
-40 °C / -45.4 °F
|
Nafta de petróleo
|
-2 °C / 28.4 °F
|
Queroseno
|
38 °C a 72 °C / 100.4 °F a 161.6 °F
|
Gasóleo
|
52 °C a 96 °C / 125.6 °F a 204.8 °F
|
Benceno
|
20 °C / 68.0 °F
|
Hexano
|
-28 °C / -18.4 °F
|
Tolueno
|
9 °C / 48.2 °F
|
Furfural
|
62 °C / 143.6 °F
|
Véxase tamén
Outros artigos