O encima ciclooxixenase (COX) cataliza a conversión dos ácidos graxos esenciais libres en prostanoides nun proceso en dúas fases.
En primeiro lugar, engádense ao ácido graxo dúas moléculas de O2 que forman enlaces peróxido e orixínase un anel de cinco membros na parte central da molécula do ácido graxo. Como consecuencia orixínase unha molécula inestable de vida curta, a primeira co anel característico das prostaglandinas, a prostaglandina G (PGG).
Seguidamente, un dos enlaces peróxido perde un dos osíxenos, formando a prostaglandina PGH.
A PGH é unha molécula central da ruta de síntese das prostanoides, porque todos os demais prostanoides se van orixinar a partir dela, formándose a PGH1, PGH2, e PGH3, e despois, a partir da PGH2 fórmanse outras prostaglandinas, prostaciclinas e tromboxanos.
A figura mostra como a PGH2 (derivada do ácido araquidónico) se transforma da seguinte maneira:
Por acción da PGE sintetase orixina PGE, que á súa vez dá lugar á PGF.
Unha ruta alternativa para orixinar prostanoides é a partir de ácidos omega-3 como o ácido alfa-linolénico, que orixina en varios pasos ácido eicosapentaenoico (EPA), e este dá lugar a prostanoides.
Estrutura
As tres clases de prostanoides distínguense polos aneis situados no centro da súa molécula. As prostaglandinas teñen un anel de 5 membros insaturado. As prostaciclinas teñen dous aneis unidos, ambos os dous con osíxeno. Nos tromboxanos o anel é de 6 membros.