O aceite de millo, ou de maínzo, é un aceite vexetal de cor amarela clara, con olor e sabor suave, extraído a partir da prensa de grans de millo.
Propiedades
Por ser rico en poliinsaturados omega 6, o aceite de millo é máis saudábel que o aceite de soia podendo, nunha dieta equilibrada, auxiliar no combate ao colesterol sanguíneo[1]. Con todo, debe ser consumido con moderación, pois como todo aceite vexetal, é moi rico en calorías[2].
A porcentaxe de aceite dun gran de millo oscila entre o 3,1 e o 5,7% do peso do mesmo e o 83% dese contido graxo sitúase no xerme. Este sepárase do resto do gran na primeira etapa do proceso de moedura húmida, obténdose deste xeito a materia prima para a recuperación do aceite.
Para aproveitar ao cen por cento as súas propiedades nutricionais debe ser un aceite obtido por presión en frío do xerme de millo fresco.
O aceite de millo refinado ten moito éxito xa que ten unha gran resistencia ao enranciamento e potencia o sabor dos alimentos.
A súa riqueza en vitamina E faino por unha banda moi estable e doutra banda contribúe a que sexa ideal para previr enfermidades circulatorias, vasculares ou enfermidades neurolóxicas e esterilidade.
Non contén cantidades significativas de proteínas, carbohidratos nin fibra alimentaria.
Utilización
Para fritir alimentos en hostalería e no fogar, para a elaboración de margarina, maionesa, na industria da panificación, consomés e sempre que se queira substituír a graxa animal.
Información nutricional do aceite de millo sen refinar