O cetro de Ottokar

O cetro de Ottokar
Escudo de Syldavia
Título orixinalLe Sceptre d'Ottokar
Autor/aHergé
OrixeBélxica Bélxica
LinguaFrancés
ColecciónAs aventuras de Tintín
Xénero(s)Aventuras
EditorialCasterman
Data de pub.Seriado, 4 de agosto de 1938 – 10 de agosto de 1939
FormatoSeriado en Le Petit Vingtième, con recompilación en álbum
Páxinas62
ISBNISBN 84-261-2449-6
Precedido porA illa negra
Seguido porTintín no país do ouro negro (1939) (abandonada) O caranguexo das tenaces de ouro (1941)
EditorEditorial Juventud
TraduciónValentín Arias López
Na rede
BNE: XX4175929
editar datos en Wikidata ]

O cetro de Ottokar (en francés: Le Sceptre d'Ottokar) é o oitavo dos álbums da serie As aventuras de Tintín, escritos e ilustrados polo artista belga Hergé. Encargado polo xornal belga conservador Le Vingtième Siècle para o suplemento infantil Le Petit Vingtième, serializado semanalmente entre o 4 de agosto de 1938 e o 10 de agosto de 1939, Hergé pretendeu que a historia fose unha crítica satírica ás políticas expansionistas da Alemaña nazi, en particular á anexión de Austria en marzo de 1938 (o Anschluss).

A historia fala do mozo xornalista belga Tintín e do seu can Milú, que viaxan á ficticia nación dos Balcáns de Sildavia, onde combaten unha trama para derrocar a monarquía do rei Muskar XII. A primeira edición en galego datou de 1989, e correu a cargo da Editorial Juventud, coa tradución de Valentín Arias López.

O cetro de Ottokar foi un éxito comercial e publicouse en forma de álbum por Casterman pouco despois da súa conclusión. Hergé continuou As aventuras de Tintín con Tintín no país do ouro negro. En 1947, Hergé coloreou e reeditou O cetro de Ottokar no seu estilo ligne-claire coa axuda de Edgar P. Jacobs para a súa reedición por Casterman. A historia introduce o personaxe recorrente de Bianca Castafiore, e introduciu os países de ficción de Sildavia e Borduria, ambos os cales aparecerán en historias posteriores.

Contexto histórico

A época na que se publicou esta historia influíu notablemente no contido desta, xa que por entón os signos que preanunciaban a inminencia dun conflito mundial eran numerosos. Na noite do 11 ao 12 de marzo as tropas alemás invadían Austria. O día 13, Hitler proclamou a anexión do país, co cal Austria pasaba a ser unha provincia máis do Terceiro Reich.

Os bordurios poden identificarse cos nazis debido a numerosas referencias: os avións, os uniformes e a súa táctica para tomar o poder: o uso dunha quinta columna infiltrada en Sildavia baixo o nome de partido da Garda de Aceiro. Fronte a este estado tan ben organizado e equipado tecnicamente, Sildavia aparece tan desprovista como as democracias occidentais daquel entón.

Sinopse

A trama central de O cetro de Ottokar está directamente inspirada en acontecementos históricos: Borduria intenta anexionarse o reino de Sildavia coa axuda dun personaxe chamado Mustler (O nome do traidor na corte Mustler fai referencia directa a Mussolini e Hitler e os seus métodos tamén evocan a ambos os personaxes históricos). O complot consiste en aproveitar unha debilidade nas tradicións da monarquía deste país: o rei perde o trono se non aparece empuñando o cetro do seu antepasado Ottokar I durante o desfile do día de San Vladimiro, festa nacional de Sildavia. Para iso algúns personaxes prominentes da corte sildava conspiran contra o seu rei para roubar o cetro e forzalo a abdicar.

O Cetro de Ottokar IV é o obxecto máis prezado do pobo sildavo. Atópase no Castelo de Kropow, baixo a vixilancia da garda real. O cetro é venerado case relixiosamnete polo pobo.

Tras descubrir un maletín perdido nun parque belga, Tintín devolvello ao seu propietario, o profesor de sixilografía Nestor Halambique, quen informa o xornalista dos seus plans de viaxar á nación dos Balcáns de Sildavia. Tintín descobre que o espían e segue os seus perseguidores ata un restaurante sildavo próximo.[1] Un home descoñecido pide reunirse con Tintín pero é atopado inconsciente. Pouco despois, o xornalista recibe unha nota ameazante e é entón o obxectivo dun ataque con bomba, Tintín sobrevive a este último cando os detectives da policía Hernández e Fernández interceptan a bomba. Sospeitando que estes eventos están ligados a Sildavia, Tintín decide acompañar ao profesor Halambique na súa próxima visita ao país.[2] Durante a viaxe en avión, Tintin advirte que Halambique actúa de forma distinta e sospeita que un impostor o substituíu. Ao ler un folleto sobre a historia de Sildavia, Tintín teoriza que o impostor forma parte dunha trama para roubar o cetro do rei medieval Ottokar IV ao actual rei Muskar XII antes do día de San Vladimir, para obrigalo a abdicar.[3]

Expulsado do avión polo piloto, Tintín sobrevive milagrosamente e informa á policía local dos seus medos sobre a trama. Non obstante, o capitán da policía forma parte da conspiración, e organiza unha emboscada no bosque para eliminar a Tintín. Tintín evade a morte e diríxese á capital Klow nun coche que transporta á cantante de ópera Bianca Castafiore.[4] Logo de baixar do coche para no oir os cantos da Castafiore, Tintín é arrestado de novo e sobrevive a outro intento de asasinato antes de dirixirse a Klow a pé. Cando chega á cidade, atópase co axudante de campo do Rei, o Coronel Boris, e advírteo da trama. Con todo, Boris tamén é un conspirador e organiza un intento de asasinato sen éxito dirixido contra Tintín.[5]

Tintín consegue advertir persoalmente ao rei sobre a trama. Preocupados, Tintín e Muskar diríxense ao castelo de Kropow, onde se atopa o cetro, para descubrir que o impostor que pretende ser Halambique conseguiu sacalo do edificio cos seus cómplices.[6] Coa axuda de Hernández e Fernámdez, que chegaran recentemente a Sildavia, Tintín persegue aos ladróns, primeiro en coche e despois a pé. É capaz de evitar que o cetro se traslade á fronteira cara á veciña Borduria, descubrindo unha carta sobre un dos conspiradores. Revela que a trama foi orquestrada por Müsstler, un axitador político que dirixe a Garda de Ferro de Sildavia e o Zyldav Zentral Revolutzionär Komitzät (ZZRK), e que pretende despertar o malestar en Sildavia, permitindo que Borduria invada e anexe o país.[7] Entrando en Borduria, Tintín rouba un avión de combate e diríxese a Klow, pero os militares de Sildavia derríbano. Se tira en paracaidas e continúa a Klow a pé, devolvendo o cetro ao rei o día de San Vladimir e asegurando a monarquía. En agradecemento, o rei fai a Tintín cabaleiro da Orde do Pelicano de Ouro, o primeiro estranxeiro en recibir tal honra. Tintín revela que o impostor era o irmán xemelgo de Halambique mentres a policía deten a Müsstler e rescata ao profesor Halambique.[8]

Historia

Antecedentes

O Anschluss: ás multitudes saudan aos nazis en Viena

'O cetro de Ottokar' non foi a primeira aventura de Tintín inspirada especialmente en eventos contemporáneos. Hergé, por exemplo, utilizou anteriormente en 1931 a invasión xaponesa de Manchuria como pano de fondo político para a configuración de O Loto Azul.[9] Hergé observou de preto os acontecementos que se desenvolveron en torno ás políticas expansionistas da Alemaña nazi.[10] Ao producir esta historia, foi especialmente influído polo Anschluss, a anexión de Austria pola Alemaña nazi en marzo de 1938.[11] O Acordo de Múnic e a posterior invasión nazi de Checoslovaquia en outubro de 1938.[12] Tres semanas despois de terminar a serialización de O cetro de Ottokar, Alemaña invadiu Polonia.[13] Neste momento, a ameaza para a soberanía belga que supoñía o expansionismo nazi era cada vez máis clara.[10] En 1939, os acontecementos ao redor da anexión italiana de Albania fixeron que Hergé insistise en que o seu editor publicase a obra para aproveitar os acontecementos xa que sentía que "Sildavia era Albania".[14] Máis tarde, Hergé negou que tivese só un país en mente.[14]

Hergé afirmou que a idea básica da historia foille dada por un amigo. O biógrafo Benoît Peeters suxeriu que o candidato máis probable era o seu amigo da escola e scaut Philippe Gérard, que levaba anos avisando dunha segunda guerra con Alemaña.[15] Os estudosos de Tintín afirman que Hergé non desenvolveu os nomes de Sildavia e Borduria,[a] os nomes dos países supostamente apareceron nun artigo incluído nunha edición de 1937 do British Journal of Psychology, no que o autor describía un hipotético conflito entre un pequeno reino e unha potencia veciña.[17] Segundo o informe, o artigo, de Lewis Fry Richardson titulado "Política exterior xeral", exploraba a natureza do conflito entre estados dun xeito matemático.[17] Peeters atribuíu estas afirmacións a Georges Laurenceau, pero declarou que "ningún investigador confirmou esta fonte". Pola contra, un artigo de Richardson titulado "Generalized Foreign Politics: A Story in Group Psychology" foi publicado en The British Journal of Psychology Monograph Supplements en 1939, pero non mencionaba Sildavia ou Borduria. En calquera caso, dada a data de publicación, é improbable que tivese influencia no cetro de Ottokar.[18]

"Naquel momento, por suposto, Alemaña estaba na miña mente. O cetro de Ottokar non é outra cousa que un Anschluss fallado. Pero pódese comparar con calquera outro réxime totalitario ... Ademais, ¿non é evidente que o vilán do "cetro de Ottokar" chámase Müsstler, unha combinación de Mussolini e Hitler?."

Hergé deseñou a Borduria como unha representación satírica da Alemaña nazi.[19] Hergé chamou ao axitador pro-borduriano "Müsstler" cunha combinación dos apelidos dos líderes Nazi, Adolf Hitler e do Partido Nacional Fascista de Italia Benito Mussolini.[20] O nome tamén tiña semellanzas co líder Unión Británica de Fascistas, Oswald Mosley e do Movemento Nacional Socialista nos Países Baixos, Anton Mussert.[21] O grupo de Müsstler recibiu o nome do Garda de Ferro, un grupo fascista romanés que pretendía destituír ao rei Carol II e forxar unha alianza romanesa - alemá.[22] Os oficiais bordurianos levaban uniformes baseados no alemán das SS,[19] mentres que os avións bordurianos son de deseño alemán, na versión orixinal Tintín escapa nun Heinkel He 112,[23] mentres que na versión revisada substitúese por un Messerschmitt Bf 109.[24] Hergé adoptou a base da operación de Borduria para facerse con Sildavia dos plans expostos na Tecnica del Colpo di Stato ("A técnica dun golpe de estado") de Curzio Malaparte.[25]

A cidade bosníaca de Mostar (foto arredor de 1890-1900) suxeriuse como unha influencia probable na representación de Hergé dunha vila de Sildavia.

A representación de Sildavia foi influenciada polos traxes e culturas de Romanía e da veciña rexión dos Balcáns.[26] As mesquitas que aparecen na Sildavia de Hergé baséanse nas atopadas en todos os Balcáns,[27] mentres que a aparición dunha aldea de Sildava, con teitos de tellas vermellas e minaretes, puido inspirarse especificamente na cidade de Mostar en Bosnia.[28] Sildavia cun subsolo rico en minerais podería tomarse como referencia aos depósitos de uranio atopados baixo as montañas dos Cárpatos de Romanía. Os estudosos de Tintín observaron que o pelicano negro da bandeira de Sildavia aseméllase á aguia negra da bandeira de Albania,[29] e que Romanía é o único país europeo nos que pelicanos son fauna autoctona.[30]

O nome Sildavia pode ser un composto de Transilvania e Moldova, dúas rexións con vínculos históricos con Romanía.[30] A historia de Chequia, Eslovaquia e Bohemia influíron nos nomes sildavos,[14] mentres que varios reis medievais de Bohemia foron a inspiración para o nome "Ottokar".[27] A lingua polaca influíu na inclusión das terminacións "-ow" para os nomes de lugares de Sildavia, mentres que a historia de Polonia descorre paralela á descrición de Hergé da breve Historia de Sildavia. [29] A lingua sildava usada no libro tiña sintaxe francesa pero con vocabulario Marollien, unha broma entendida só polos lectores de Bruxelas. [14]

Non obstante, a pesar da súa localización en Europa do Leste, Sildavia era en parte unha metáfora de Bélxica, o rei de Sildavia Muskar XII aseméllase fisicamente ao rei Leopoldo III de Bélxica.[31][b] A decisión de Hergé de crear un reino ficticio de Europa do Leste podería estar influenciada por Ruritania, o país ficticio creado por Anthony Hope para a súa novela O prisioneiro de Zenda (1894), que posteriormente apareceu en adaptacións cinematográficas en 1913, 1915, 1922, e 1937. [32] Moitos lugares de Sildavia baséanse visualmente en sitios europeos preexistentes: o Diplodocus no Museo de Historia Natural de Klow está baseado no Museum für Naturkunde, Berlín, o Palacio Real de Sildavia está baseado no Palacio Charlottenburg, Berlín[33] e no Palacio Real de Bruxelas,[34] e o Castelo de Kropow está baseado no Castelo Olavinlinna, construído no século XV Savonia, unha provincia histórica do Reino sueco, situada na actual Finlandia.[35] Para a versión revisada, o castelo de Kropow foi deseñado cunha torre adicional, inspirada no Castelo de Vyborg, Rusia.[36] O Reino Unido tamén exerceu polo menos unha influencia en Sildavia, xa que a carroza do rei Muskar XII está baseada no Gold State Coach (carruaxe de ouro do estado) da Familia real británica.[37]

Publicación orixinal

'O cetro de Ottokar' serializouse por primeira vez en Le Petit Vingtième desde o 4 de agosto do 1938 ata o 10 de agosto de 1939 co título Tintin En Syldavie (Tintín en Sildavia).[38] Sería a última Aventura de Tintín publicada na súa totalidade en Le Petit Vingtième.[39] A partir do 14 de maio de 1939, a historia tamén serializouse no xornal católico francés, Cœurs Vaillants.[39] En 1939, Éditions Casterman recompilou a historia nun único volume de tapa dura, Hergé insistiu ao seu contacto con Casterman, Charles Lesne, para que apresuraran o proceso debido á cambiante situación política en Europa.[40] O Pacto Ribbentrop-Molotov nazi-soviético asinouse o o día que Hergé entregou os debuxos restantes do libro,[41] os toques finais incluíron a portada orixinal do libro, o escudo real para a páxina do título e o tapiz que representaba a vitoria de 1127 de Sildavia sobre os turcos en "A batalla de Zileheroum" na páxina 20.[42] Hergé suxeriu que para esta publicación o título da historia cambiase por O cetro de Ottokar IV, Casterman cambiou isto por O cetro de Ottokar.[43]

'O cetro de Ottokar' introduciu a personaxe recorrente de Bianca Castafiore á serie, que aparece xunto ao seu pianista Igor Wagner.[44] Tamén foi testemuña da introdución do antagonista coronel Jorgen, que reaparece nas posteriores aventuras de Tintín Obxectivo: a Lúa e a súa secuela Explorando a lúa.[45] A inclusión dos irmáns Halambique faise eco da inclusión dos irmáns Balthazar en a orella rota.[46]

Despois da conclusión de 'O cetro de Ottokar', Hergé continuou As aventuras de Tintín con Tintín no país do ouro negro ata que a ocupació alemá de Bélxica en 1940 forzou o peche de Le Vingtième Siècle. A aventura no país do ouro negro tivo que abandonarse.[47] [c]

Segunda versión, 1947

A historia redeseñouse e coloreouse en 1947. Para esta edición, Hergé contou coa axuda de Edgar P. Jacobs, un artista que traballou como parte dos Studios Hergé. Jacobs supervisou cambios nos traxes e no fondo da historia, na versión de 1938, os gardas reais de Sildavia vístense como os Beefeaters británicos, mentres que a versión de 1947 vestiunos cun uniforme balcánico similar ao da Unidade de Gardas Nacionais de Bulgaria.[48] Jacobs tamén inseriu un cameo de si mesmo e da súa muller na corte real de Sildavia, mentres que nesa mesma escena atópase un cameo de Hergé, a súa entón esposa Germaine, o seu irmán Paul e tres dos seus amigos, Édouard Cnaepelinckx, Jacques Van Melkebeke e Marcel Stobbaerts.[49] [50] Hergé e Jacobs tamén inseriron outros cameos de na parte inferior da páxina 38, onde aparecen como oficiais uniformados.[51] Mentres que o carácter do profesor Halambique recibiu o nome de Nestor na versión orixinal, nesta segunda cambiou a Héctor, isto fíxose para evitar confusións co personaxe de Néstor, o mordomo de Moulinsart, a quen Hergé introducira en O segredo do alicorno.[45] Editions Casterman publicou esta segunda versión en formato de libro en 1947. [39]

Notas

  1. Hergé 1947, pp. 1–7.
  2. Hergé 1947, pp. 7-15.
  3. Hergé 1947, pp. 15–22.
  4. Hergé 1947, pp. 23–28.
  5. Hergé 1947, pp. 29–38.
  6. Hergé 1947, pp. 38– 46.
  7. Hergé 1947, pp. 47–53.
  8. Hergé 1947, pp. 54-60.
  9. Assouline 2009, p. 61.
  10. 10,0 10,1 Peeters 2012, p. 97.
  11. Thompson 1991, p. 82; Farr 2001, p. 81; Assouline 2009, p. 61; Peeters 2012, p. 97; Goddin 2009, pp. 40.
  12. Farr 2001, p. 81; Peeters 2012, p. 97; Goddin 2009, pp. 40,49.
  13. Farr 2001, p. 81; Assouline 2009, p. 62; Goddin 2009, p. 50.
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Assouline 2009, p. 62.
  15. Peeters 2012, p. 98; Goddin 2009, p. 40.
  16. Goddin 2009.
  17. 17,0 17,1 Farr 2001, p. 82; Libération 2006.
  18. Peeters 2012, p. 325.
  19. 19,0 19,1 Thompson 1991, p. 83; Apostolidès 2010, p. 29.
  20. Thompson 1991, p. 82; Lofficier & Lofficier 2002, p. 43; Assouline 2009, p. 62; Peeters 2012, p. 98.
  21. Peeters 2012, p. 98.
  22. Thompson 1991, p. 82; Farr 2001, p. 81.
  23. 23,0 23,1 Goddin 2009, p. 50.
  24. Farr 2001, pp. 84–85; Apostolidès 2010, p. 29.
  25. Peeters 2012, p. 99.
  26. Peeters 2012, p. 100; Goddin 2009, p. 50.
  27. 27,0 27,1 Thompson 1991, p. 83; Farr 2001, p. 81.
  28. Tett 2012, p. 8.
  29. 29,0 29,1 Farr 2001, p. 81.
  30. 30,0 30,1 30,2 Tett 2012, p. 9.
  31. Farr 2001, p. 82; Peeters 2012, p. 100.
  32. Lofficier & Lofficier 2002, p. 43.
  33. Farr 2001, p. 82.
  34. Tett 2012, p. 12-13.
  35. Tett 2012, p. 11.
  36. Tett 2012, p. 23.
  37. Tett 2012, p. 18-19.
  38. Peeters 1989, p. 62; Lofficier & Lofficier 2002, p. 42; Goddin 2009, p. 37.
  39. 39,0 39,1 39,2 Lofficier & Lofficier 2002, p. 42.
  40. Lofficier & Lofficier 2002, p. 42; Assouline 2009, p. 62; Peeters 2012, pp. 100–101; Goddin 2009, p. 53.
  41. Goddin 2009, p. 57.
  42. Goddin 2009, pp. 53,56–57.
  43. Assouline 2009, p. 63.
  44. Thompson 1991, p. 84; Lofficier & Lofficier 2002, p. 43; Peeters 2012, p. 100; Goddin 2009, p. 43.
  45. 45,0 45,1 Thompson 1991, p. 84.
  46. Peeters 2012, p. 100.
  47. Assouline 2009, pp. 68–69; Goddin 2009, p. 70; Peeters 2012, p. 114.
  48. Thompson 1991, p. 84; Farr 2001, p. 87; Lofficier & Lofficier 2002, p. 44.
  49. Farr 2001, p. 87; Lofficier & Lofficier 2002, p. 44.
  50. Tett 2012, p. 22.
  51. Farr 2001, pp. 87, 89.

Véxase tamén

Bibliografía

  1. Ao principio, Hergé nomeou o país "Sylduria". [16]
  2. O rei de Sildavia Muskar XII tamén se asemella ao rei Zog I de Albania e ao príncipe Alexandru Ioan Cuza de Romanía.[23][30]
  3. No país do ouro negro volveríase intentar con éxito dez anos despois, en 1950.

Outros artigos

Ligazóns externas