As xoias da Castafiore

As xoias da Castafiore
Lombo da edición en galego.
Título orixinalLes Bijoux de la Castafiore
Autor/aHergé
Ilustrador/aHergé
OrixeBélxica Bélxica
LinguaFrancés
ColecciónAs aventuras de Tintín
Xénero(s)Aventuras
EditorialCasterman
Data de pub.Seriada: 4 de xullo de 1961 ao 4 de setembro de 1962
FormatoSeriada en Tintín (revista), con recompilación en álbum
Páxinas62
ISBNISBN 84-261-0333-2
Precedido porTintín no Tíbet
Seguido porVoo 714 para Sidney
EditorEditorial Juventud
TraduciónValentín Arias López
Na rede
editar datos en Wikidata ]

As xoias da Castafiore (en francés: Les Bijoux de la Castafiore) é o vixésimo segundo álbum da serie As aventuras de Tintín, escrita e debuxada por Hergé. Prepublicada na revista Tintín entre o 4 de xullo de 1961 e o 4 de setembro de 1962, apareceu como álbum independente en 1963. A primeira edición en galego foi en 1985 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.

As xoias da Castafiore constitúe un curioso divertimento que se desmarca do habitual nos álbums de Tintín: é o único libro da serie onde as personaxes permanecen en Moulinsart, a residencia familiar do capitán Haddock e nin viaxan ao estranxeiro nin se enfrontan a perigosos delincuentes. A trama refírese á visita da cantante de ópera Bianca Castafiore e ao posterior roubo da súa esmeralda.

Aínda que As xoias da Castafiore recibiu aclamacións da crítica pola súa humorística representación dos seus personaxes seguindo un rastro de arenques vermellos (Un recurso literario coñecido como, a falacia da pista falsa), non logrou o éxito comercial de volumes anteriores debido á natureza experimental da súa narración. Publicouse como álbum por Casterman pouco despois da súa conclusión. Hergé continuou As aventuras de Tintín con Voo 714 para Sidney, mentres que a serie pasou a ser unha parte definidora da tradición da banda deseñada franco-belga. A historia adaptuse para a serie de animación de 1991 Ellipse / Nelvana As aventuras de Tintín e a dramatización de 1992-3 da BBC Radio 5 das aventuras.

Sinopse

Tintín e o capitán Haddock camiñan polo campo que rodea o castelo de Moulinsart cando ven unha caravana de xitanos acampada nun vertedoiro de lixo, e levan a unha nena que se perdeu chamada Miarka coa súa familia. Os xitanos explican que non se lles permite acampar en ningún outro sitio polo que Haddock os convida ao recinto da súa propiedade, Moulinsart. [1]

Haddock intenta conseguir que o canteiro local Arthur Bolt repare un paso roto da escaleira en Moulinsart, pero nunca está dispoñible. A diva da ópera milanesa Bianca Castafiore invítase á Moulinsart. Haddock, a quen non lle gusta a súa compañía, intenta saír antes de que ela chegue, pero cae no paso roto e sofre unha esnogadura no nocello. O médico escaiolalle o pé e imponlle descanso. Castafiore chega coa súa doncela, Irma, e o pianista, Igor Wagner. Castafiore agasalla a Haddock cun papagaio para que sexa a súa mascota pero o papagaio pícalle un dedo, para o seu gran malestar. [2]

A revista París Flash afirma que Haddock e Castafiore están comprometidos, en base a unha entrevista mal interpretada co profesor Tornasol. Isto resulta nunha avalancha de felicitacións dos amigos de Haddock. Un equipo de televisión vai ao castelo de Moulinsart para entrevistar a Castafiore e un misterioso fotógrafo, Gino, aparece co equipo. De súpeto, Irma informa a Castafiore de que lle roubaron as xoias e Tintín sospeita de Gino que fuxiu durante un apagón eléctrico temporal. Non obstante, Castafiore atopa a xoia que ela mesma extraviara. Ao día seguinte, Castafiore mostra a Tintín e Haddock unha copia da revista Tempo di Roma cunha foto de Castafiore tomada no salón de Moulinsart sen o seu permiso, demostrando que Gino era só un paparazzi. [3]

Uns días despois, falta a máis valiosa das xoias da Castafiore, unha esmeralda que lle deu o ficticio Maharajah de Gopal. Despois de cuestionar inicialmente a Irma, Néstor e Tornasol, os detectives Hernández e Fernández sospeitan dos xitanos. As súas sospeitas aumentan cando descobren que un par de tesoiras douradas pertencentes a Irma en posesión de Miarka, aínda que afirma telas atopado. Despois da marcha dos xintanos, a policía comeza a buscalos. Tintín tamén investiga a Igor Wagner, cuxo comportamento parece sospeitoso, pero descobre que o músico simplemente se esfuma para dedicarse a apostar polos cabalos. [4]

Castafiore parte para Milán para actuar na ópera La gazza ladra (A pega ladroa). Tintín entende que o verdadeiro culpable responsable do roubo da esmeralda e da tesoira é unha pega. Explícalle a Haddock que a tesoira debeu caer do niño para que a atopase Miarka. Tintín recupera a esmeralda e entregaa a Hernández e Fernández, que a devolven a Castafiore. Algún tempo despois, Bolt arranxa o paso roto, só para que Haddock inadvertidamente o pise e esvare de novo mentres o cemento aínda está mollado. [5]

Historia

Antecedentes

"Cando comecei este libro, o meu obxectivo era contar unha historia onde non pasase nada. Sen recorrer a nada exótico (excepto os xitanos [sic]). Quería ver simplemente se podía manter o lector en suspenso ata o final."
Hergé nunha entrevista con Numa Sadoul. [6]

Tras a culminación da historia anterior, Tintín no Tíbet (1960), Hergé comezou a planificar a súa próxima aventura, buscando o consello do debuxante Greg. Greg produciu dous esquemas argumentais da trama de "Les Pilulues" ("As pílulas") e " Tintin et le Thermozéro" ("Tintín e o Thermozero"). Hergé comezou a debuxar estas últimas historias, pero pronto abandonounas. [7] Pola contra, decidiu montar a súa nova Aventura en Moulinsart, a única entrega da serie en facelo. [8] Esta foi a primeira e última aventura despois de O segredo do alicorno (1943) que se desenvolveu completamente en Bélxica, [9] e admitiu que co escenario proposto era difícil "crear suspense, unha aparencia de perigo." [10] Os títulos que Hergé pensara anteriormente para o álbum foron: O caso Castafiore, O zafiro da Castafiore, A esmeralda da Castafiore e O capitán e o rousinol, pero As xoias da Castafiore acabou aparecendo como o favorito. [11]

A representación de Hergé de Bianca Castafiore na historia, unha famosa cantante de ópera, perseguida pola prensa e que cambiaba o seu traxe para cada ocasión, foi influenciada pola vida da cantante de ópera Maria Callas. [12] Un dos novos personaxes que Hergé introduciu na historia foi o canteiro Isidoro Bulú (M. Boullu na versión orixinal francesa), cuxa caracterización se baseaba nun individuo real que traballou para Hergé. [13] A representación de Hergé dos paparazzi dentro da historia pode estar influenciada polos seus propios encontros repetidos coa prensa en toda a súa carreira. [12] O reporteiro e o fotógrafo, Jean-Loup de la Battelerie e Walter Rizotto do París Flash, introdúcense aquí na serie, e posteriormente engadiríanse retroactivamente a un re-debuxo de A Illa Negra (1938) por Bob de Moor, facendo tamén unha reaparición en Tintín e os pícaros (1976). [14] [a] A idea de propoñer un matrimonio entre a Castafiore e Haddock baseouse na suxestión dun lector de que casase a Haddock. [17]

O Château de Cheverny en Francia foi usado como base para a propiedade da familia Haddock, Moulinsart na versión orixinal francesa. [18]

Na páxina 17 do álbum, Serafín Lampión menciona a esmeralda da Castafiore como un agasallo de, nas súas propias palabras, "que disque lla deu, na India, un... eguem.. un maharahecho...", ao que Castafiore corrixe a Lampión dicindo que era do maharahah de Gopal. [19] O maharahah de Gopal non aparece en As aventuras de Tintín, pero é un dos personaxes principais de O val das cobras (1956), que forma parte doutra banda deseñada franco-belga creada por Hergé, As aventuras de Jo, Zette e Jocko (1935–1958). [20] Hergé tamén introduciu ao pobo xitano, membros de cuxa comunidade xa apareceran en Destino Nova York (1951), outro libro de As aventuras de Jo, Zette e Jocko. [21] A idea de incluílos na historia inspirouse nunha ocasión na que Hergé atopou un campamento xitano preto da súa casa natal en Céroux-Mousty. [22] Para asegurarse de que a súa representación tiña certa precisión, achegouse ao frei Rupert, en Verviers, que tiña algunha experiencia coa comunidade, tranquilizándoo de que "O episodio cos xitanos non che vai facer dano". [23]

As xoias da Castafiore tamén foi un dos poucos casos de romance vistos en As aventuras de Tintín, que comeza cando Tornasol cria unha nova variedade de rosas de cor branca e chamaa "Bianca" na honra da Castafiore. Á súa marcha, Tornasol agasalla cun ramo de rosas que creou á Castafiore, que felizmente as recibe e abraza a Tornasol, bicándoo no proceso. A diferenza de Haddock, que se resiste a ser bicado pola Castafiore, Tornasol acepta de boa gana e ruborízase. [24] Tornasol tamén fai un intento imperfecto de televisión en cor, que segundo Michael Farr, estaba "uns cinco anos antes do seu día". [24]

Influencias

O incidente da indesexable banda tocando fóra de Moulinsart, chamada "Os Amigos da Fanfarra de Moulinsart" (Harmonie de Moulinsart na versión orixinal francesa), baseouse nunha experiencia similar de Hergé, que tamén tiña a obriga de agasallar a unha banda con bebidas. [b] Outra influencia para a banda foi un corte da banda "L'Orpheon France". [12] Sempre que Castafiore teme que lle roubasen as xoias, as súas expresións, que consisten en poñer as mans na cara, foron influenciadas por unha fotografía do seu modelo na vida real, Maria Callas, tomada por Cecil Beaton en 1957. [25] Na páxina 43 do libro, Tintín móstrase lendo A illa do tesouro a novela de Robert Louis Stevenson publicada en 1883, un dos libros favoritos de Hergé. [26] A representación dos carromatos e vestimentas xitanas inspirouse nas fotografías das comunidades xitanas que Hergé consultou e representou aos membros do grupo que participaron no tecido de cestas e na adiviñación despois de ler que os xitanos participaron en tales actividades no Oxford English Dictionary. [26]

O libro fai alusión ao coñecido semanario francés París Match na súa representación dos xornalistas da revista París Flash e búrlase da súa reputación pola cuestionable exactitude dos artigos. [14] O uso de Hergé da palabra París Flash tamén está baseado nun encontro anterior seu con París Match cando presentou un artigo "cheo de erros" sobre el. [27] Tamén menciona unha empresa de deseño de moda chamada Tristan Bior, baseada na compañía francesa de bens de luxo, Christian Dior. [12] Andrés (André na versión orixinal francesa), o director do equipo de televisión da compañía, Supavision, foi comparada por Farr cun empregado de televisión belga, Jacques Cogniaux. [26] En homenaxe a Auguste Piccard, o modelo de Tornasol na vida real, Castafiore saúdao como un famoso piloto de globos aeroestáticos. [28] Hergé tamén inseriu referencias a historias anteriores na narración, incluíu os tres modelos do Alicornio, orixinalmente aparecido en O segredo do Alicornio, nunha escena de fondo en Moulinsat. [29]

Publicación

As xoias da Castafiore serializouse semanalmente do 4 de xullo do 1961 ao 4 de setembro de 1962 na revista Tintín e publicouse en formato de álbum como Les Bijoux de la Castafiore por Casterman en 1963. [30] Para a versión galega do álbumlibro, o disco de vinilo que Tintín recibe da Castafiore, que é a "A aria das xoias" da ópera Fausto de Charles Gounod.

Notas

  1. O dúo non ten nome en A illa negra, [15] os seus nomes son revelados por Castafiore en As xoias da Castafiore. [16]
  2. Michael Farr non menciona o nome da banda. [12]
Referencias
  1. Hergé 1963, pp. 1-4.
  2. Hergé 1963, pp. 5-10.
  3. Hergé 1963, pp. 11–42.
  4. Hergé 1963, pp. 43–55.
  5. Hergé 1963, pp. 56-62.
  6. Sadoul 1975, p. 70; Peeters 1989, p. 115; Farr 2001, p. 176.
  7. Peeters 2012, pp. 285–287.
  8. Farr 2001, pp. 168, 171.
  9. Thompson 1991, p. 113.
  10. Peeters 2012, p. 287.
  11. Assouline 2009, p. 195.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Farr 2001, p. 172.
  13. Thompson 1991, p. 183; Farr 2001, p. 171.
  14. 14,0 14,1 Farr 2001, p. 172; Lofficier & Lofficier 2002, p. 77.
  15. Hergé 1975, p. 61.
  16. Hergé 1963, p. 22.
  17. Goddin 2011, p. 123.
  18. Peeters 1989, p. 76; Thompson 1991, p. 115; Farr 2001, p. 106; Lofficier & Lofficier 2002, p. 53.
  19. Hergé 1963, p. 17.
  20. Thompson 1991, p. 184; Farr 2007, p. 72.
  21. Matras 2015, p. 204.
  22. Goddin 2011, p. 121.
  23. Goddin 2011, p. 125.
  24. 24,0 24,1 Farr 2001, p. 176.
  25. Farr 2007, p. 72.
  26. 26,0 26,1 26,2 Farr 2001, p. 175.
  27. Lofficier & Lofficier 2002, p. 78.
  28. Farr 2001.
  29. Thompson 1991, p. 184.
  30. Farr 2001, p. 175; Lofficier & Lofficier 2002, p. 76.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas