Tintín en América

Tintín en América
Viñetas de Tintín en América expostas na estación de metro Gare du Midi de Bruxelas.
Título orixinalTintin en Amérique
Autor/aHergé
OrixeBélxica Bélxica
LinguaFrancés
ColecciónAs aventuras de Tintín
Xénero(s)Aventuras
EditorialCasterman
Data de pub.Seriada: d0 3 de setembro de 1931 a 1932.
Álbum: 1932, en B/N; 1946, en cor.
FormatoSeriada en Le Petit Vingtième, con recompilación en álbum
Páxinas123 (B/N), 62 (cor)
ISBNISBN 84-261-2275-2
Precedido porTintín no Congo
Seguido porOs xarutos do faraón
EditorEditorial Juventud
TraduciónValentín Arias López
Na rede
editar datos en Wikidata ]

Tintín en América (en francés Tintin en Amérique) é o terceiro dos álbums de as aventuras de Tintín escritos e ilustrados polo artista belga Hergé. Aínda que a primeira parte da historia transcorre en Chicago, onde o protagonista enfróntase a gángsters e matóns, a trama tamén vira ao redor do pobo indio que tanto fascinou ao autor na súa nenez.

Encargado polo conservador xornal belga Le Vingtième Siècle para o suplemento infantil Le Petit Vingtième, foi serializado semanalmente de setembro de 1931 a outubro de 1932 antes de ser publicado nun álbum recompilado por Éditions du Petit Vingtième en 1932. A historia cónta como mozo xornalista belga Tintín e o seu can Milú viaxan ao Estados Unidos, onde Tintín informa sobre o crime organizado en Chicago. Perseguindo a un gángster por todo o país, atópase cunha tribo de nativos americanos, os pés negros antes de derrotar ao sindicato de Chicago.

Trala publicación de Tintín no Congo, Hergé realizou investigacións sobre unha historia ambientada nos Estados Unidos, desexando reflectir as súas preocupacións sobre o tratamento das comunidades autóctonas por parte do goberno dos Estados Unidos. Afianzado por un acontecemento publicitario, Tintín en América foi un éxito comercial en Bélxica e logo reeditouse en Francia. Hergé continuou As aventuras de Tintín con Os xarutos do faraón, e a serie converteuse nunha parte determinante da tradición do cómic franco-belga. En 1945, Tintín en América deseñouse e coloreouse co estilo Liña clara de Hergé para a publicarse por Casterman, con modificacións realizadas a petición da súa editora estadounidense para unha edición de 1973. A historia adaptouse para un episodio de 1991 da serie animada Ellipse / Nelvana As aventuras de Tintín. A recepción crítica da obra mesturouse, con comentarios sobre As aventuras de Tintín argumentando que aínda que supón unha mellora nas dúas entregas anteriores, aínda reflicte moitos dos problemas que estaban visibles nelas.

A primeira edición en galego foi en 1987 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López

Publicacións

O contido deste álbum comezou a publicarse no número do 3 de setembro de 1931 de Le Petit Vingtième, estendéndose durante máis dun ano, a razón de dúas pranchas por semana. Seguindo a liña de Tintín no Congo, a versión en cor do álbum, redebuxada por completo en 1945, é bastante fiel ao orixinal. Como sempre, Hergé buscou mellorar en todo momento a eficacia narrativa das imaxes.

Na edición en cor, o autor chegou a cambiar algunhas viñetas para facilitar a comprensión por parte do lector. Aproveitando a súa experiencia adquirida como autor de banda deseñada, Hergé modificou o que consideraba como torpezas dos seus álbums de mocidade: moitas veces podíase ler a resposta a unha pregunta antes que a pregunta mesma, ou se vía a un personaxe correr cara á parte esquerda da páxina, dando así a sensación de estar volvendo sobre os seus pasos. Como no resto dos primeiros álbums de Tintín a obra mostra unha falta de documentación importante sobre os temas desenvolvidos comparada cos traballos posteriores do autor. En efecto, Hergé estaba sobrecargado de traballo en Le Petit Vingtième e suple a falta de documentación nesta historia cos mitos presentes na Europa dos anos 30 sobre América (gángsters, indios, vaqueiros).

O álbum parece unha fusión de western e cine negro. A obra de Hergé segue estando aínda chea de gags e de elementos que reflicten bastante inxenuidade; con todo, en Tintín en América aparece tamén unha crítica á situación que padecen os indios de EUA, así como a algúns aspectos do capitalismo.

En 1973 o álbum foi publicado por primeira vez nos Estados Unidos con cambios de contido impostos polos editores eliminándose algúns dos personaxes de fondo de raza negra como unha aia negra coidando un bebé branco substituída por unha muller branca coidando dun bebé branco, na edición en galego unha muller negra coidando dun bebe negro.

Sinopse

En 1931, Tintín, reporteiro de Le Petit Vingtième, vai co seu can Milú a facer unha reportaxe en Chicago, Illinois, para informar sobre o sindicato de crime organizado da cidade. Á súa chegada ao país é secuestrado polos gángsters e levado ante o xefe, o mafioso Al Capone quen o considera un reporteiro perigoso e cuxas empresas criminais no Congo foron frustradas por Tintín. Coa axuda de Milú, Tintín somete aos seus captores, pero a policía o toma por tolo cando acode á policia e os gángsters escapan. Despois de sobrevivir a atentados contra á súa vida, Tintín coñece ao rival de Capone Bobby Smiles, que dirixe o Sindicato de Gángsters de Chicago. Tintín non acepta o intento de ser contratar por Smiles e, despois de que Tintín logre a detención da súa banda, Smiles escapa e diríxese cara ao oeste.[1]

Tintín persegue a Smiles á cidade de Redskin. Aquí, Smiles convence a unha tribo de nativos americanos pés negros de que Tintín é o seu inimigo, e cando chega Tintín, é capturado e ameazado coa súa execución. Tintín logra escapar e descobre un pozo de petróleo subterráneo. O exército dos Estados Unidos entón obriga aos nativos a abandonar a súa terra e as compañías petroleiras constrúen unha cidade no sitio en 24 horas. Tintín líbrase dun linchamento e un alude provocado antes de descubrir a Smiles nunha afastada cabana escondida, tras un breve enfrontamento, captura ao mafioso. [2]

Volvendo a Chicago co seu prisioneiro, a Tintín é eloxiado como un heroe, pero os gángsters secuestran a Milú e envíanlle a Tintín unha nota de rescate. Rastrexando aos secuestradores a unha mansión local, Tintín escóndese nunha armadura e libera a Milú do seu secuestro, capturándoo á banda, agás ao seu xefe. Ao día seguinte, Tintín é convidado a unha conserveira, pero é unha trampa dos mafiosos, que o enganan para que caia na máquina de moer carne. Tintín sálvase debido a que os traballadores das máquinas están en folga e logo detén aos mafiosos. Como agradecemento, é convidado a un banquete na súa honra, onde é secuestrado e botado ao Lago Míchigan para afogar. Tintín sobrevive flotando á superficie, pero gángsters disfrazados como policías o capturan. Unha vez máis logra detelos e entregalos ás autoridades. Finalmente, o éxito de Tintín contra os mafiosos celébrase cun desfile de cintas, despois do cal regresa a Europa. [3]

Historia

Georges Remi, máis coñecido co alcume de Hergé, era o editor e ilustrador de Le Petit Vingtième ("O pequeno século XX"), [4] un suplemento para Le Vingtième Siècle ("O século XX "), un periódico católico romano, xornal belga conservador con sede na cidade natal de Hergé Bruxelas. Xestionado polo Abade Norbert Wallez director e protector de Hergé, o xornal anunciábase como un "Diario Católico para Doutrina e Información" e difundía un punto de vista fascista de extrema dereita.[5] Segundo Harry Thompson, estas ideas políticas eran comúns en Bélxica na época, e o ambiente de Hergé estaba impregnado de ideas conservadoras que xiraban ao redor do "patriotismo, catolicismo, moral estrita, disciplina e inxenuidade". [6]

A black-and-white photograph. Against a backdrop of mountains and forests is a row of eight tipis.
Tipis nun asentamento de pés negros en 1933

En 1929, Hergé iniciou a banda deseñada As aventuras de Tintín para Le Petit Vingtième, unha serie sobre as fazañas dun xornalista belga de ficción chamado Tintín. Dende a súa infancia fascinouse co mundo ao aire libre do movemento Scout e do modo de vida dos que chamou "peles vermellas", Hergé quixo desenvolver a primeira aventura de Tintín entre os nativos americanos nos Estados Unidos.[7] Non obstante, Wallez ordenoulle que localizase a súa primeira aventura na Unión Soviética como un elemento de propaganda antisocialista para nenos (Tintín no país dos soviets) [8] e o segundo localizouse no Congo belga para fomentar o sentimento colonial (Tintín no Congo). [9]

Tintín en América foi a terceira historia da serie. Naquel momento, a extrema dereita belga era profundamente crítica cos Estados Unidos, como o era coa Unión Soviética. [10] Wallez, e en menor medida Hergé, compartían estas opinións, vendo o capitalismo, o consumismo e a mecanización do país como unha ameaza para a sociedade tradicional belga.[11] Wallez quería que Hergé usara a historia para denunciar o capitalismo americano e tiña pouco interese en representar aos nativos americanos, o que era o desexo principal de Hergé.[12] Como resultado, o encontro de Tintín cos nativos ocupou só unha sexta parte da narración.[13] Hergé buscou desmitificar o estereotipo "salvaxe cruel" dos nativos que fora perpetuado amplamente nas películas do oeste.[10] A súa representación dos nativos era bastante simpática, pero tamén os representou como crédulos e inxenuos, tanto como representou aos congoleses na 'Aventura' anterior. [14]

Investigación

Hergé fixo unha maior investigación sobre os Estados Unidos da que fixera para o Congo belga ou a Unión Soviética.[15] Para saber máis sobre nativos americanos, Hergé leu o libro de Paul Coze e René Thévenin de 1928 Mœurs et histoire des Indiens Peaux-Rouges ("Costumes e historia dos indios peles vermellas") [16] e visitou o museo etnográfico de Bruxelas.[17] Como resultado, a súa representación dos nativos americanos pés negros era "esencialmente precisa", con artefactos como os tipis e o traxe tradicional copiados de fotografías.[17] Aínda que a representación de Hergé dos nativos americanos que usaban gorros de guerra podería considerarse estereotipada, os pés negros foi unha das poucas tribos que realmente os usaron.[18]

Para saber sobre Chicago e os seus mafiosos, leeu o libro de Georges Duhamel de 1930 Scènes de la vie future ("Escenas da vida futura"). Escrito no contexto do Crac do 29, a obra de Duhamel contiña un forte sentimento anticomunista e antimodernista, criticando o aumento da mecanización e estandarización dos Estados Unidos desde un contexto do conservadorismo europeo, isto coincidía tanto cos puntos de vista de Wallez como de Hergé. Moitos elementos de Tintín en América, como a escena do matadoiro, foron adoptados a partir das descricións de Duhamel.[19]

O gángster de Chicago Al Capone incluíuse como antagonista en Tintín en América.

Hergé tamén resultou influenciado por unha edición especial da revista anticonformista radical Le Crapouillot (O Cangrexo) publicada en outubro de 1930. Dedicada aos Estados Unidos, contiña unha variedade de fotografías, que influíu na súa representación do país.[20] Hergé utilizou as súas imaxes dos rañaceos como base para a súa representación de Chicago e adoptou o seu relato de que os nativos americanos foron expulsados ​​da súa terra cando se descubriu petróleo alí.[21] Estaba especialmente interesado nos artigos da revista escritos polo reporteiro Claude Blanchard, que viaxara recentemente aos Estados Unidos. Informou da situación en Chicago e Nova York e reuniuse con nativos americanos en Novo México.[22] O artigo de Blanchard trataba sobre o gángster George Moran, ao que o crítico literario Jean-Marie Apostolidès cré que foi a base do personaxe de Bobby Smiles.[23]

A representación do país de Hergé tamén foi influenciada polo cine estadounidense,[24] e moitas das súas ilustracións baseáronse en imaxes cinematográficas.[25] Jean-Marc Lofficier e Randy Lofficier pensaron que a detención de Smiles por Tintín fora influenciada polas historias de Buffalo Bill , e que a idea de que os gángsteres levasen a Tintín no seu coche proviñan do filme Little Caesar.[26] A pesar da súa ampla investigación sobre a vida americana, Hergé debuxou accidentalmente o volante no lado dereito dos coches nalgunhas viñetas do cómic.[27] Suxeriuse que o forzudo Arthur Saxon, que faleceu unha década antes da serialización de Tintín en América, pode ter influído no personaxe Billy Bolivar.[28]

Un dos individuos dos que tivo noticia Hergé no artigo de Blanchard foi o gángster americano con sede en Chicago Al Capone.[24] Na historia anterior, Tintín no Congo, Capone introduciuse como personaxe da serie. Alí foi o encargado de crear unha rede de contrabando de diamantes que descubriu Tintín, creando máis enfrontamentos en Tintín en América.[13] Trátase do único álbum de Tintín no que aparece un personaxe real co seu propio nome: Al Capone. No resto dos álbums aparecen personaxes inspirados nalgúns reais pero co nome cambiado. Na versión orixinal, Hergé evitou representalo directamente, ben ilustrando a parte traseira da cabeza, ou escondendo a cara detrás dunha bufanda, isto modificouse na segunda versión, na que se representaba a cara de Capone.[29] É non se sabe se Capone soubo algunha vez sobre a súa inclusión na banda deseñada,[30] aínda que durante a serialización inicial tería que estar preocupado polo seu xuízo e a conseguinte prisión.[31]

Na segunda parte da historia, cando está cos indios, aparece unha das escenas máis polémicas do álbum: soldados americanos abaten aos indios con baionetas para expulsalos das súas terras tralo descubrimento dun pozo de petróleo. Esta escena motivou á maior parte dos editores a intentar que Hergé a transformase, a versión galega respecta a orixinal.

Publicación orixinal, 1931–32

Tintin en América comezou a serialización en Le Petit Vingtième o 3 de setembro de 1931, co título de Les Aventures de Tintin, reporter, à Chicago (As aventuras de Tintín, reporteiro, en Chicago). O uso de "Chicago" sobre "América" ​​reflectiu o desexo de Wallez de que a historia se centrara nunha crítica sobre o capitalismo e o crime estadounidense, pola que a cidade era recoñecida internacionalmente.[32] A través da serialización, Tintín saíu de Chicago e dirixiuse cara ao oeste, Hergé cambiou o título da serie a Les Aventures de Tintin, reporter, en Amérique (As aventuras de Tintin, reporteiro, en América).[33] O can Milú tivo un papel reducido en Tintin en América, que contiña a última instancia nas Aventuras na que Tintín e Milú teñen unha conversa onde son capaces de entenderse.[34] Na escena do banquete, faise unha referencia á famosa actriz chamada Mary Pikefort, unha alusión á actriz da vida real Mary Pickford.[35] Esa mesma escena tamén contaba cun prototipo para o personaxe de Rastapopoulos, quen foi introducido adecuadamente na seguinte historia Os xarutos do faraón.[36]

A serialización da banda coincidiu coa publicación doutra das bandas deseñadas de Hergé ambientados nos Estados Unidos: Les aventures de "Tim" l'écureuil au Far-West (As aventuras do esquío Tim no oeste), publicado en dezaseis entregas polo departamento de Bruxelas L'Innovation. Producida todos os xoves, a serie foi unha reminiscencia da anterior serie de Hergé Totor.[37] Xunto a estas historias, Hergé estivo implicado na produción do seu semanario de banda deseñada Quique e Flupi e portadas para Le Petit Vingtième, ademais de proporcionar ilustracións para outro dos complementos de Le Vingtième Siècle, Votre "Vingtième" Madame e emprendendo traballos autónomos deseñando anuncios.[31] En setembro de 1931, no medio da serialización da historia, Hergé tomou unhas breves vacacións en España con dous amigos, e en maio de 1932 foi chamado ao servizo militar durante dúas semanas.[38] O 20 de xullo de 1932, Hergé casou con Germaine Kieckens, que era a secretaria de Wallez. Aínda que ningún dos dous estaba satisfeito coa unión, foron animados a facelo por Wallez, que reclamou que todo o seu persoal se casase e que levou a cabo persoalmente a cerimonia de voda.[39] Despois dunha lúa de mel en Vianden, Luxemburgo, a parella mudouse a un apartamento na rúa Knapen, Schaerbeek. [40]

Lombo da edición en galego.

Como xa fixera coas dúas Aventuras anteriores, Wallez organizou un evento publicitario para celebrar a culminación de Tintín en América, na que un actor que representaba a Tintín chegando a Bruxelas, [cando?] logrando ser aínda máis popular. [30] En 1932, a serie recolleuse e publicouse nun só volume por Les Éditions de Petit Vingtième,[41] coincidindo coa publicación do primeiro volume recollido de Quique e Flupi.[42] Unha segunda edición publicouse en Francia por Éditions Ogéo-Cœurs-Vaillants en 1934, mentres que ese mesmo ano Casterman publicou unha edición, a primeira de As aventuras de Tintín que lanzaron.[43] En 1936, Casterman pediulle a Hergé que engadise varias novas viñetas de cores para unha reimpresión de Tintin en América, que aceptou. Tamén lle pediron que substituíse a portada cunha que representara unha persecución do coche, pero negouse.[33]

Segunda versión, 1945

Na década de 1940, cando a popularidade de Hergé aumentou, redebuxou en cor moitas das aventuras orixinais en branco e negro de Tintín empregando o estilo de debuxo ligne claire ("liña clara") que desenvolvera, de xeito que encaixaba visualmente coas historias máis novas de Tintín. Tintín en América reformateouse e coloreouse en 1945[43] e publicouse en 1946.[13]

Na segunda edición producíronse diversos cambios. Algúns dos comentarios sociais sobre o mal trato que os nativos americanos tiveron por parte do goberno foron reducidos. [13] O nome da tribo nativa cambiouse de Orteils Ficelés ("dedas atadas") a Pieds Noirs ("Pés negros").[26] Quizais porque o poder de Al Capone diminuíra nos anos intermedios, Hergé representou a cara cicatrizada de Capone na versión de 1945.[26] Eliminou a referencia a Mary Pikeford da cerimonia da cea e eliminou a dous matóns chineses que intentaron comer a Milú.[44] Tamén se eliminaron as referencias a Bélxica, o que permitiu que a historia tivera un maior atractivo internacional.[21]

Notas

  1. Hergé 1973, pp. 1-16.
  2. Hergé 1973, pp. 17–43.
  3. Hergé 1973, pp. 44-62.
  4. Peeters 1989, pp. 31–32; Thompson 1991, pp. 24–25.
  5. Peeters 1989, pp. 20–32; Thompson 1991, pp. 24–25; Assouline 2009, p. 38.
  6. Thompson 1991, p. 24.
  7. Thompson 1991, p. 40,46; Farr 2001, p. 29; Peeters 2012, p. 55.
  8. Assouline 2009, pp. 22–23; Peeters 2012, pp. 34–37.
  9. Assouline 2009, pp. 26–29; Peeters 2012, pp. 45–47.
  10. 10,0 10,1 Assouline 2009, p. 32.
  11. Farr 2001, p. 35; Peeters 2012, p. 56.
  12. Thompson 1991, p. 46.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Farr 2001, p. 29.
  14. Farr & 20 01, p. 29.
  15. Peeters 2012, p. 55.
  16. Farr 2001, p. 30; Lofficier & Lofficier 2002, p. 28; Assouline 2009, p. 31.
  17. 17,0 17,1 Farr 2001, p. 30.
  18. Tett 2011, p. 13.
  19. Thompson 1991, pp. 49–50; Farr 2001, pp. 33–35; Assouline 2009, p. 31; Peeters 2012, p. 55.
  20. Farr 2001, pp. 30, 35; Apostolidès 2010, pp. 21–22.
  21. 21,0 21,1 Farr 2001, p. 36.
  22. Assouline 2009, p. 31; Peeters 2012, p. 55.
  23. Apostolidès 2010, p. 22.
  24. 24,0 24,1 Assouline 2009, p. 31.
  25. Farr 2001, pp. 30, 33; Peeters 2012, p. 57.
  26. 26,0 26,1 26,2 Lofficier & Lofficier 2002, p. 28.
  27. Tett 2011, p. 23.
  28. Tett 2011, p. 21.
  29. Farr 2001, p. 36; Lofficier & Lofficier 2002, p. 28.
  30. 30,0 30,1 Thompson 1991, p. 49.
  31. 31,0 31,1 Goddin 2008, p. 92.
  32. Peeters 1989, p. 36; Thompson 1991, p. 46; Assouline 2009, p. 31.
  33. 33,0 33,1 Goddin 2008, p. 96.
  34. Thompson 1991, p. 50.
  35. Farr 2001, p. 38.
  36. Thompson 1991, p. 50; Farr 2001, p. 38.
  37. Goddin 2008, p. 89.
  38. Goddin 2008, pp. 90, 104; Peeters 2012, pp. 53–54.
  39. Thompson 1991, p. 49; Assouline 2009, pp. 33–34; Peeters 2012, pp. 47–48.
  40. Peeters 2012, p. 58.
  41. Farr 2001, p. 29; Responsable & Lofficier 2002, p. 27.
  42. Goddin 2008, p. 109.
  43. 43,0 43,1 Lofficier & Lofficier 2002, p. 27.
  44. Farr 2001, pp. 36, 38; Lofficier & Lofficier 2002, p. 28.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas