A illa negra

A illa negra
Título orixinalL'Île noire
Autor/aHergé
OrixeBélxica Bélxica
LinguaFrancés
ColecciónAs aventuras de Tintín
Xénero(s)Aventuras
EditorialCasterman
Data de pub.15 de abril de 1937 – 16 de xuño de 1938
FormatoSeriada en Le Petit Vingtième, con recompilación en álbum
Páxinas62
ISBNISBN 84-261-2018-0
Precedido porA orella rota
Seguido porO cetro de Ottokar
EditorEditorial Juventud
TraduciónValentín Arias López
Na rede
editar datos en Wikidata ]

A illa negra (francés: L'Île noire) é o sétimo álbum creado por Hergé na súa serie as aventuras de Tintín. Encargado polo conservador xornal belga Le Vingtième Siècle para o suplemento infantil Le Petit Vingtième, serializouse semanalmente de abril de 1937 a xuño de 1938, editouse en branco e negro a finais de 1938 e reeditouse a cor en 1943, antes de ser redeseñado en 1966, dando lugar á versión actual. A primeira edición en galego foi en 1984 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.

A historia conta como o mozo xornalista belga Tintín e o seu can Milú viaxan a Inglaterra buscando unha banda de falsificadores. Involucrado nun roubo e detido polos detectives Hernández e Fernández, Tintín segue os criminais ata Escocia, descubrindo a súa gorida na Illa Negra.

A Illa Negra foi un éxito comercial e publicouse en forma de libro por Casterman pouco despois da súa conclusión. Hergé continuou As aventuras de Tintín con O cetro de Ottokar, mentres que a serie pasou a ser unha parte definidora da tradición do cómic franco-belga. En 1943, A illa negra coloreouse e volveuse debuxar no estilo distintivo de Hergé, ligne-claire, para a súa repúblicación. A mediados d década de 1960, os editores británicos de Hergé solicitaron unha revisión importante da historia, para o que enviaron o seu axudante Bob De Moor a Gran Bretaña nunha viaxe de investigación. Ao seu regreso, Studios Hergé produciu unha terceira edición revisada da historia, serializada na revistaTintín. A Illa Negra introduce o vilán recorrente Dr. Müller, e é unha das entregas máis populares da serie.

Sinopse

Nun dos seus paseos, Tintín e Milú ven a un avión que parece ter problemas. Ao achegarse son atacados e o avión dáse á fuga. Mentres se recupera no hospital, os detectives Hernández e Fernández visítano e infórmano de que o avión voou posteriormente a Sussex, Inglaterra, onde se estrelou.

Tintín vai a Inglaterra en busca dos seus agresores, pero no camiño, dous delincuentes acusan a Tintín de roubo e é arrestado por Hernández e Fernández, escapa, pero é perseguido polos detectives. Despois de chegar a Inglaterra en transbordador en Newhaven, Tintín é secuestrado polos criminais, que intentan matalo nos cantís de Seaford, pero coa axuda de Milú escapa. Logo de atopar os restos do avión, atopa unha nota desgarrada na chaqueta do piloto e, seguindo o escrito, chega ao predio do Dr. J. W. Müller, un alemán que é propietario dunha institución mental. Müller captura a Tintín, pero o xornalista escapa de novo. Nunha pelexa, a casa de Müller se incendia e os delincuentes escapan.[1]

Na mañá seguinte, Tintín atopa cables eléctricos e balizas vermellas no xardín, pensando que están alí deseñados para sinalizar o aterraxe de avións. Á noite, acende as bengalas e descobre que os avións deixan caer bolsas de cartos falsificados, revelando que Müller forma parte dunha banda de falsificadores. Persegue a Müller e ao seu cómplice Ivan e, no camiño, Hernández e Fernández intentan arrestalo de novo, pero convenceos para acompañalo. Cando Müller toma un avión cara ao norte, Tintín e Milú intentan seguilo noutro avión, pero atopan unha tormenta e aterran de emerxencia na Escocia rural. Os detectives segueno noutro avión, pero descobren demasiado tarde que o home ao que obrigaron a pilotar é realmente un mecánico que nunca voou e, despois dunha incrible odisea aérea, acaban por aterrar nunha competición de acrobaceas aéreas.[2]

Ao saber que o avión de Müller estrelouse na costa de Kiltoch, unha aldea costeira escocesa, Tintín viaxa alí para continuar a súa investigación. En Kiltoch, un ancián cóntalle a historia da illa negra nunha illa fronte a costa onde unha "besta feroz" mata a calquera visitante. Tintín e Milú viaxan á illa, onde descobren que a "besta" é un gorila adestrado chamado Ranko. Descobren ademais que os falsificadores están a usar a illa como base, e pide axuda á policía por radio. Aínda que os falsificadores intentan capturar a Tintín, a policía chega e arresta aos delincuentes. Ranko, que resultara ferido durante os intentos de Tintín de deter aos falsificadores, vólvese o suficientemente dócil como para permitir que Tintín o leve a un zoolóxico.[3]

Historia

Antecedentes e investigación

Póster da película de 1933 King Kong, cuxo protagonista serviría de inspiración de Hergé para Ranko

Georges Remi, máis coñecido co alcume de Hergé, era o editor e ilustrador de Le Petit Vingtième ("O pequeno século XX"), [4] un suplemento para Le Vingtième Siècle ("O século XX "), un periódico católico romano, xornal belga conservador con sede na cidade natal de Hergé Bruxelas. Xestionado polo Abade Norbert Wallez director e protector de Hergé, o xornal anunciábase como un "Diario Católico para Doutrina e Información" e difundía un punto de vista fascista de extrema dereita.[5] Segundo Harry Thompson, estas ideas políticas eran comúns en Bélxica na época, e o ambiente de Hergé estaba impregnado de ideas conservadoras que xiraban ao redor do "patriotismo, catolicismo, moral estrita, disciplina e inxenuidade". [6]

Wallez foi despedido posteriormente tras un escándalo, aínda que convenceron a Hergé para permanecer aumentándolle o seu salario.

Para a súa seguinte aventura, Hergé planea montar unha historia que caricaturizase as accións da Alemaña nazi, desenvolvendo a trama para O cetro de Ottokar. [7] Non obstante, abandonou temporalmente ese proxecto cando empezou a ter soños de branco e un coche atascado na neve, tendo ideas de enviar a Tintín ao norte, ao considerar Groenlandia ou a Klondike como lugares potenciais. [7] O resultado foi A Illa Negra, aínda que Hergé só enviou a Tintín ata o norte de Escocia, e en vez diso empregou a idea do coche atascado nun ventisqueiro nunha tarxeta de felicitación que deseñou.[8] Tamén tivo unha idea de que Tintín combatera a un grupo de anarquistas que se inclinou en destruír os edificios icónicos de Europa. Pero, de novo, esta idea non a introduciu na historia.[9] Despois de decidir desenvolver unha gran parte da historia en Gran Bretaña, Hergé visitou brevemente Londres e a costa sur inglesa para saber máis sobre o país. Alí mercou un bolígrafo de aceiro inoxidable Gillotts Inqueduct G-2, un modelo que seguirá usando durante toda a súa vida.[10] A súa representación positiva de Gran Bretaña, debeuse en parte á anglofilia que recibira desde a súa infancia, sendo o goberno británico un eterno aliado de Bélxica, apoiando a súa creación de 1831 e liberándoa da ocupación alemá durante a primeira guerra mundial.[11]

Hergé mantivo o seu sentimento antialemán que considerara por primeira vez para O cetro de Ottokar a través da inclusión dun vilán alemán, o doutor Müller,[8] que pasaría a converteuse nun personaxe recorrente na serie.[12] Basou o personaxe en gran parte en Georg Bell, un falsificador escocés que fora partidario do réxime nazi, e que coñecera por un artigo da revista belga anticonformista La Crapouillot (o morteiro). [11] No canto de alemáns, os secuaces de Müller recibiron os nomes rusos de Ivan e Wronzoff.

A falsificación de billetes era un crime de actualidade, [8] e a idea de bandidos que usaban supersticións para ocultar a súa gorida era un tropo común, que Hergé xa usara anteriormente en Tintín no país dos soviets.[13] A idea de Ranko reuniu a dúas criaturas de ficción populares dos anos 30, o mono xigante King Kong, que fora presentado no filme King Kong (1933), e o Monstro do lago Ness, un Críptido que vivira no Lago Ness.[14] O personaxe de Gaston Leroux, o gorila Balaoo, que aparecera nun libro de 1911 e nunha película de 1913, pode que tamén tivera influencia en Ranko. [13] A trama e os temas da historia tamén foron influenciados pola película de Alfred Hitchcock de 1935 39 pasos

Publicación orixinal

A Illa Negra foi primeiro serializado en Le Petit Vingtième desde o 15 de abril ata o 16 de novembro de 1937 baixo o título Le Mystère De L'Avion Gris (O misterio do avión gris).[15] A partir do 17 de abril de 1938, a historia tamén foi serializada no xornal católico francés, Cœurs Vaillants. [16] En 1938, Ediciones Casterman recolleu a historia nun único volume de tapa dura, publicándoa baixo o título L'Île noire (A illa negra). [17] Hergé non se mostrou satisfeito con esta publicación debido a continuos erros ao longo da aventura, amais da preocupación de que a portada omitiu o seu nome.[18]

A inclusión dunha televisión na versión orixinal sorprendeu a moitos lectores xa que aínda era un invento pouco estendido. A BBC introduciu a televisión en Gran Bretaña a finais dos anos 30 (suspendida completamente ata 1946) e Bélxica non tería televisión ata 1955.[19]

Lombo da edición en galego.

Segunda e terceira versións

Na década de 1940 e 1950, cando a popularidade de Hergé aumentara, el e o seu equipo de Studios Hergé reeditaronn e colorearon moitas das aventuras orixinais de Tintín en branco e negro. Usaron o estilo de debuxo ligne claire ("liña clara") que Hergé desenvolvera, deste xeito garantindo que as historias anteriores encaixasen visualmente ao lado das novas Aventuras de Tintín. Casterman publicou esta segunda versión coloreada da historia en 1943, reducindo as 124 páxinas a 62 que é o número que se mantén a partir dese momento.[17] Esta segunda versión non contiña cambios significativos do orixinal de 1937,[19] aínda que a pantalla de televisión en branco e negro que aparecera na versión de 1930 agora se representaba como unha pantalla en cor, a pesar de que tal tecnoloxía aínda non estaba dispoñible.[20]

A principios dos anos 60, os editores en inglés de Hergé, Methuen, tiñan intención de traducir e publicar A Illa Negra para o mercado británico. Methuen cría que moitos lectores británicos atoparían a representación de Gran Bretaña no cómic inexacta e desactualizada, e elaborou unha lista de 131 erros que pediron a Hergé que rectificase antes de que a publicasen en inglés.[20] Tamén sabían que a obra aparecería especialmente anticuada cando se compara con algnhas das Aventuras publicadas máis recentemente como Obxectivo: a Lúa e O caso Tornasol, que utilizaron tecnoloxías avanzadas na súa trama.[19] Nese momento, Hergé estaba ocupado producindo a vixésimo segunda historia de Tintin, Voo 714 para Sidney, e non tiña tempo para facer investigacións sobre a sociedade e cultura británicas contemporáneas. En cambio, enviou ao seu axudante Bob De Moor a Gran Bretaña en outubro de 1961, onde visitou sitios como Batemans e os Cantís brancos de Dover, facendo moitas observacións sobre as novas modas na roupa e arquitectura. Mentres estaba en Inglaterra, De Moor buscou diversos uniformes contemporáneos para empregalos como base para ilustracións máis precisas. Un axente de policia prestoulle un uniforme de policía, aínda que cando se dirixiu á British Rail para pedir prestado algún dos seus uniformes, o seu persoal sospeitou e negáronllos.[21]

A British European Airways (BEA) Trident, un dos avións actualizado para a versión de 1965

A nova versión serializouse na revista Tintin de xuño a decembro de 1965,[22] antes de que Casterman a publicase nun volume editado en 1966.[17] Studios Hergé fixo moitas modificacións nas ilustracións como resultado das investigacións de De Moor. Reflexo no feito de que a televisión se convertera en cada vez máis habitual en Europa occidental, Hergé cambiou a cita de "¡É un televisor!" a "¡É só un programa de televisión!".[8] Non obstante, como a televisión en cor aínda non estaba dispoñible en Gran Bretaña, a pantalla da televisión atopada en Gran Bretaña volveuse a ver en branco e negro.[20] Ademais, na versión inglesa, polo menos unha liña de diálogo foi "suavizada" da versión orixinal, nunha escena na que Tintin apunta cunha pistola a dous dos falsificadores, di, "Get back! And put up your hands!" "Volvede! E levantade as mans!" en comparación co "Un paso máis e son cadáveres!", [13], na versión galega mantense a frase orixinal. Os billetes falsos que atopa Tintín tamén aumentaron en valor, dunha libra a cinco libras.[13] As múltiples aeronaves presentadas ao longo da historia foron redeseñadas polo membro do Estudio Roger Leloup, que substituíu a representación de avións operativos na década de 1930 por aqueles activos naquel momento, como un Percival Prentice, un DH Chipmunk, un Cessna 150, un Tiger Moth e un British European Airways Hawker Siddeley Trident.[23]

A roupa que levaban os personaxes foi posta ao día, mentres que as vellas locomotoras de vapor que aparacían inicialmente substituíronse por alternativas máis modernas diésel ou electrificadas[24] ou unha bomba de man por un camión bomba. Os anuncios para o xenuíno whisky Johnnie Walker substituíronse polo anuncio do whisky do Universo ficticio Loch Lomond,[24] mentres se engadiu un letreiro do Consello de Sussex na páxina 11.[24] Cambiáronse os nomes de varias vilas e aldeas inglesas, con Puddlecombe pasando a ser Littlegate e Eastbury pasando a Eastdown, [24] mentres que o pub escocés Ye Dolphin cambiouse polo de The Kiltoch Arms.[25] A policía xa non foi representada como portadora de armas, como era preciso, [25] mentres que os xornalistas Christopher Willoughby-Drupe e Marco Rizotto, que apareceron por primeira vez en As xoias da Castafiore (1963), foron engadidos con carácter retroactivo no fondo dunha escena. [13] Cos antecedentes e outros elementos da nova versión deseñados por membros do persoal dos estudios, o único que debuxou Hergé na versión de 1966 foron os propios personaxes.[26]

Pódese atopar certo desequilibrio entre o deseño moderno e Tintín, que aínda é o da década de 1930. De feito, a Illa Negra é o único álbum da serie que coñece tres versións diferentes.

Notas

  1. Hergé 1966, pp. 1-22.
  2. Hergé 1966, pp. 23-42.
  3. Hergé 1966, pp. 43-62.
  4. Peeters 1989, pp. 31–32; Thompson 1991, pp. 24–25.
  5. Peeters 1989, pp. 20–32; Thompson 1991, pp. 24–25; Assouline 2009, p. 38.
  6. Thompson 1991, p. 24.
  7. 7,0 7,1 Thompson 1991, p. 76.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Thompson 1991, p. 77.
  9. Goddin 2008, p. 7.
  10. Goddin 2008, pp. 8, 11.
  11. 11,0 11,1 Farr 2001, p. 71.
  12. Lofficier & Lofficier 2002, p. 40.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Lofficier & Lofficier 2002, p. 41.
  14. Peeters 1989, p. 56; Thompson 1991, p. 77; Farr 2001, p. 71; Peeters 2012, p. 91.
  15. Lofficier & Lofficier 2002, pp. 39–40.
  16. Responsable & Responsable 2002, p. 39.
  17. 17,0 17,1 17,2 Lofficier & Lofficier 2002, p. 39.
  18. Assouline 2009, p. 59.
  19. 19,0 19,1 19,2 Peeters 1989, p. 56.
  20. 20,0 20,1 20,2 Farr 2001, p. 72.
  21. Thompson 1991, pp. 77 –78; Farr 2001, pp. 72, 75; Peeters 2012, p. 91.
  22. Peeters 2012, p. 293.
  23. Thompson 1991, p. 78; Farr 2001, p. 75.
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 Farr 2001, p. 77.
  25. 25,0 25,1 Farr 2001, p. 78.
  26. Thompson 1991, p. 78.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas