Historia de Polonia

Historia de Polonia

Mapa de Polonia de 1814.
Historia de Polonia Polonia
Cronoloxía Cronoloxía de Polonia
Categoría Historia de Polonia

A historia de Polonia abrangue a historia de Polonia e a dos seus estados predecesores.

Idade Media

No a no 966 sitúase a fundación de Polonia, co bautismo de Miescko I ó catolicismo. Mieszko era o duque dos polanos e fundador da dinastía Piast. O seu fillo, Boleslao I, unificou os territorios no que aproximadamente hoxe é Polonia. E en 1025 coroouse baixo autoridade papal primeiro rei de Polonia. En 1138, os fillos de Boleslao III herdan o reino e repárteno en catro partes. O país entra nun período de guerra civil e loitas polo poder. En 1241 os mongois invaden Polonia.

En 1226, Conrado I de Masovia alíase cos cabaleiros teutóns para pelexar contra os prusianos. Trala vitoria, os teutóns levarían a guerra contra os propios polacos e incluso contra os lituanos nos séculos XIV e XV. Debido á presión da guerra, Polonia expándese neses séculos cara o leste. Por fin, baixo Ladislao I de Polonia, conséguese a reunificación. O seu fillo Casimiro III de Polonia "o Grande", morrería sen fillos e sería o derradeiro monarca da dinastía Piast. O seu sobriño, o anxevino Lois I de Hungría, herda o trono.

En 1385, a filla de Lois I asina co Grande Duque de Lituania un acordo de alianza contra os cabaleiros teutóns (ver Unión polacolituana).

Idade Moderna

Dinastía Xaguiellón

Artigo principal: Dinastía Xaguiellón.
Sinagoga de Zamosc

Os exércitos unidos do Grande Ducado de Lituania e do Reino de Polonia, obteñen a decisiva vitoria na batalla de Grundwald en 1410. Os cabaleiros teutóns xamais se recuperarán da derrota, e ata vense obrigados a desface-lo seu Estado Monástico Teutón en Prusia. En 1569 lituanos e polacos únense na Rzeczpospolita (república en polaco) (ver Unión de Lublin). O estado resultante é o segundo maior de Europa tras Rusia e ten unha considerable influencia en Europa oriental e Central, e ata serve de contraforza contra o Imperio Otomán. No século XIV prodúcese unha importante inmigración de xudeus dende Europa occidental por ser acusados de expandi-la Peste Negra. En Polonia existe a liberdade relixiosa e ata os xudeus son ben recibidos polas clases aristocráticas e as familias reais. Sendo mal vistos polo campesiñado católico. No século XVIII chegarán a se-lo 7% da poboación urbana. A maior porcentaxe de poboación xudía nun país católico.

Unión polacolituana

Artigo principal: Unión polacolituana.

En 1572 o rei Sigmundo Augusto morreu sen herdeiros. Debido a prosperidade polaca, ninguén defendeu un claro candidato e fixo provocar unha guerra civil. No canto, Polonia celebrou un sistema de elección polaco para o seu próximo rei (a democracia dos nobres). En 1573 reuníronse en Varsovia tódolos nobres polacos e votaron "libremente e entre iguais" por catro candidatos. Henryk Walezy gañou a elección (derrotando ó tsar Iván IV e ó rei de Suecia entre outros), pero tras catro meses de reinado, recibiu novas da morte do seu irmán -o rei de Francia-, e volveu a Francia para tomar posesión coma Henrique III de Francia. Isto desconcertou á nobreza polaca, xa que nese tempo Polonia era un estado máis rico que Francia.

A unión polaco-lituana

Unha serie de disputas entre os nobres no século XVIII, e a negativa de moderniza-los sistemas produtivos no agro, atrasou a industrialización en Polonia e relegou a súa influencia en Europa. O 3 de maio de 1791 apróbase unha Constitución moderna, que converte á Unión polaco-lituana nunha monarquía parlamentaria (Primeira República Polaca). As posibilidades de recuperación económica que traía a Constitución foron truncadas polas invasións das nacións veciñas.

Particións de Polonia

Artigo principal: Particións de Polonia.

A finais do XVIII, Polonia foi repartida tres veces dando morte á Unión polaco-lituana. A saber:

  • 5 de agosto de 1772, Prusia, Rusia e Austria asinan en Viena a primeira repartición de Polonia (30% do territorio). Stanislao II pediu axuda ós países de Europa occidental, pero non responderon. O Parlamento polaco foi obrigado a asina-lo repartimento.
  • 23 de xaneiro de 1793, en 1790 Polonia asinara un tratado de alianza contranatural con Prusia. Cando o exército ruso invadiu Polonia en 1792, os prusianos non axudaron. De feito, Prusia e Rusia se repartiron outra terceira parte de Polonia. En 1794 houbo unha pequena tentativa de recupera-la soberanía nacional liderada polo revolucionario Tadeusz Kościuszko. A revolta foi rapidamente sufocada.
  • 24 de outubro de 1795, coa terceira repartición, outra vez entre Prusia, Rusia e Austria, Polonia desaparece -literalmente- do mapa.

Idade Contemporánea

Grande Ducado de Varsovia e vasalaxe rusa

Artigo principal: Grande Ducado de Varsovia.

En 1807 no marco das guerras napoleónicas, Francia derrota a Prusia e Napoleón I establece o Ducado de Varsovia (comunmente chamado Grande Ducado de Varsovia) e pon no trono a Federico Augusto I de Saxonia. ISto fixo entre os nacionalistas polacos os máis fiei aliados de Francia xa que recuperaron os azos de recuperar algún día a súa patria.

Trala derrota final de Francia, no Congreso de Viena de 1815 no que se decide o futuro de Europa, o ducado pasa case na súa totalidade a se-lo Reino de Polonia, baixo mandato do csar ruso.

Século XX

Independencia

As potencias derrotadas da Primeira Guerra Mundial retiráronse de Polonia polo Tratado de Versalles (1919), Rusia en plena guerra civil tamén viuse obrigada a retirarse, perdendo territorio incluso na guerra polaco-soviética e moi danada pola guerra civil subseguinte á revolución bolxevique. O tratado ata lle daba a Polonia territorios prusianos do Segundo Reich (corredor de Danzig).

Segunda guerra mundial

Artigo principal: Segunda guerra mundial.

O 23 de agosto de 1939 o Terceiro Reich e a Unión Soviética asinan un tratado de non agresión, no que deciden un novo repartimento de Polonia. O 1 de setembro de 1939 Alemaña invade Polonia. O 17 de setembro a invade a Unión Soviética. No verán de 1941, segundo a Operación Barbarossa, toda Polonia queda en mans alemás. Formouse un goberno no exilio (que durou ata 1990), primeiro en París e logo en Londres. 400.000 polacos loitaron no lado do Exército Roxo e 200.000 na fronte occidental mandados polo goberno do exilio e encadrados en divisións británicas.

Bandeira da Armia Krajowa e do goberno polaco no exilio

Cando os alemáns descubriron as fosas de Katyn onde miles de oficiais polacos foran asasinados polos soviéticos. O goberno polaco no exilio esixiu a investigación da Cruz Vermella. A Unión Soviética cortou entón relacións co goberno polaco.

En xullo de 1944 os soviéticos conquistaron o leste polaco e estableceron en Lublin o "Comité Polaco de Liberación Nacional". Durante a guerra 6 millóns de polacos foron asasinados polos alemáns, 2,5 millóns deportados a Alemaña a campos de traballos forzados, 3 millóns de xudeus polacos foron asasinados en campos de exterminio (ver Holocausto), nos guetos ou por enfermidades nos guetos. Outro medio millón de polacos foron deportados ó gulag.

Trala guerra, a Silesia alemá, Pomerania e parte de Prusia, xunto con Danzig foron dadas á nova Polonia. Oito millóns de alemáns foron expulsados dos seus fogares e recolocados en Alemaña. Medio millón de alemáns morrerían nos vindeiros anos nos campos de traballos forzados do goberno comunista polaco (Lambinowice).

Artigo principal: República Popular de Polonia.

Nunhas eleccións controladas polo Partido Polaco dos Traballadores Unidos (PZPR), os comunistas acadaron o poder. Era o ano 1947, o mesmo partido non perdería o poder ata 1989.

En outubro de 1978 Xoán Paulo II converteríase no primeiro Papa polaco. O 1 de xullo de 1980, a billonaria débeda do goberno polaco, levouno a subi-lo prezo da comida. As folgas subsecuentes paralizaron durante o verán as minas de carbón en Silesia. O 31 de agosto de 1980, os traballadores asinaron un acordo de 21 puntos co goberno comunista. O máis importante era o dereito dos traballadores a formar sindicatos á marxe do goberno comunista.

Nos estaleiros de Danzig (Gdansk en polaco), fundouse o sindicato Solidariedade, dirixido por Lech Walesa. Sería a punta de lanza dun amplo movemento anticomunista que abranguía dende a Igrexa católica polaca (quen contaban cun grande aliado no Vaticano) ata sectores esquerdistas prodemocráticos. O goberno cada vez perdía influencia.

Trala desfeita do PZPR e o descubrimento da corrupción e enriquecemento persoal dos dirixentes do partido. O descontento conta os comunistas aumentou en Polonia e outros países. A Unión Soviética incrementou notablemente as posicións do seu exército na fronteira polaca (1980). En 1981 o xeneral Wojciech Jaruzelski é elixido Primeiro Secretario do PZPR. Entre o 12 e o 13 de decembro ordena arrestar ós principais membros de Solidariedade e declara a lei marcial. Esta duraría dous anos. Ata 1986 non sería liberada a meirande parte dos influentes dirixentes de Solidariedade.

Transición e democracia

Polonia hoxe

En 1989 as Conversacións da Mesa Redonda, entre Solidariedade e o goberno comunista deron lugar a unhas eleccións semi-libres das que Lech Walesa sairía presidente. Este feito desencadearía o colapso das ditaduras comunistas de Europa oriental (ver Guerra fría).

Tras 1989 Polonia adopta a democracia como sistema de goberno e o capitalismo como sistema económico. Ingresa na OTAN e na UE.

Véxase tamén