A Familia real británica (Casa de Windsor) son os parentes directos do monarca do Reino Unido e son coñecidos pola apelación a Familia Real. Aínda que non hai unha definición legal estrita ou formal de quen é ou non membro da Familia Real, incluíndo as diferentes listas a diferentes persoas, aqueles que levan o tratamento de A súa Maxestade ou de A súa Alteza Real son xeralmente considerados membros.
En termos xerais considéranse membros da Familia Real:
o monarca (o Rei ou a Raíña);
o consorte do monarca (o seu esposo/a);
os consortes viúvos dos anteriores monarcas (Raíña nai);
os fillos do monarca e os seus consortes, e consortes viúvos dos fillos do soberano;