Está é unha lista de códigos para as chamadas telefónicas internacionais. Os números actuais asignounos a Unión Internacional de Telecomunicacións na súa recomendación E.164.
O símbolo «+» diante dos códigos de cada país simboliza o prefixo de chamada internacional. Este prefixo a marcar depende do país dende o que fagamos a chamada. A UIT aprobou o 00 coma o estándar a seguir, que xa foi implantado pola maioría dos países. Por exemplo, chamando dende un teléfono localizado en Galicia, substituiriamos o símbolo «+» por 00; para chamar ao Perú (que ten código +51) marcariamos un número do tipo «0051##########». Nos teléfonos móbiles si que é posible introducir directamente o símbolo «+» no lugar do prefixo de chamada internacional, xeralmente premendo dúas veces a tecla do asterisco.
Canadá, Estados Unidos, e algunhas illas do Caribe e Pacífico, sendo algunhas delas posesións británicas e outras estadounidenses. Son todos eles territorios incluídos na área NANPA, área do plan de numeración de América do Norte, que para os efectos de telefonía é coma un único país con código internacional +1. Os códigos co formato +1-XXX representan en realidade o código de área XXX dentro da zona +1 NANPA, non un código de país.