Julio Dávila
Julio Dávila Díaz, nado en Ortigueira o 26 de agosto de 1871 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1971[1], foi un historiador, xeógrafo e escritor galego. TraxectoriaEra fillo de Jesús Dávila Rivadeneira, perito agrimensor de quen herdou o interese polo estudo do medio físico[2] e de Dolores Díaz Díaz. Fixo os primeiros estudos na escola de nenos que estaba instalada nun lateral do exconvento de domincios da vila, que estab dririxida polo seu tío paterno Marcial Dávila Rivadeneira. Pasou a súa adolescencia na vila natal, e aos 18 emigrou á Arxentina. Primeiro a Concepción do Uruguai, cidade arxentina da provincia de Entre Ríos situada á beira do río Uruguai, e pouco despois, en 1893, cambiou a Buenos Aires, onde se dedicou ós negocios mercantís. En 1911 regresou a España e instalouse en Madrid. Volveu marchar á Arxentina en 1920, regresando definitivamente a España en 1927. Foi fundador, tesoureiro e secretario da Asociación Protectora da Academia Gallega de Buenos Aires, e, dende 1927, membro numerario da Real Academia Galega, tras ler o seu discurso de ingreso sobre a vida e obra de Benigno Teijeiro Martínez[1]. En 1943 foi nomeado Cronista Oficial de Ortigueira (cargo vitalicio que desempeñou ata a súa morte) ao falecer o anterior cronista, Federico Maciñeira Pardo de Lama, historiador ortigueirés co que mantivo unha estreita relación de amizade persoal e intelectual.[3] ObraJulio Dávila foi un erudito de formación autodidacta que cultivou diversas áreas da cultura e da ciencia. Se ben a súa obra xeográfica é a máis destacada, fixo diversas colaboracións, sobre todo na prensa periódica sobre cuestións históricas, culturais e incluso filolóxicas. Colaborou nos xornais El Eco de Galicia, no que escribiu dende 1915 unha serie de artigos sobre Galicia titulados “Desde el relleno”, Almanaque Gallego, editado anualmente en Buenos Aires por Manuel Castro López (“Notas de Baamonde (Lugo)” en 1914 e “Baamonde ou Vaamonde?” en 1915) e en La Voz de Galicia. No Boletín de la Real Academia Gallega publicou o artigo “Acerca del topónimo Bares” (1956). Tamén colaborou en periódicos locais como La Voz de Ortigueira, El Condado de Ortigueira e El Eco Ortegano. Narrativa
Ensaio
Recoñecementos e homenaxesO pleno municipal de Ortigueira decidiu nomealo fillo predilecto do concello en 1928, acordo renovado en 1948.[1] En 2021, o Concello de Ortigueira, con motivo do 150 aniversario do seu nacemento, tributoulle unha homenaxe, na que se realizou unha exposición bibliográfica e se impuxo o nome de Julio Dávila aos xardíns do dique do porto de Ortigueira, actividades nas que colaborou o actual Cronista Oficial do Concello de Ortigueira, Carlos Breixo.[4] Vida persoalO seu irmán Eusebio Dávila, adiñeirado filántropo con negocios bancarios na Arxentina, financiou a finais dos anos 20 do séc. XX a construción dun edificio para asilo de anciáns, existente aínda hoxe, se ben dependente da Xunta de Galicia, situado nas aforas de Ortigueira, na zona de Miñaño (Luama). Notas
Véxase taménBibliografía
Ligazóns externas
|