En 1862 participou na colectánea poética do Álbum de la Caridad cunha obra "Un soño", que databa de 1853. En 1878 publicou o seu primeiro libro de poesías: Versos en dialecto gallego.
Ao fundarse a Sociedad del Folklore Gallego na cidade herculina, o 25 de febreiro de 1884, que presidiu Emilia Pardo Bazán, Pérez Ballesteros ingresou nela como vogal da xunta directiva.[1] Nese mesmo ano dedicaría á dita asociación a primeira escolma de entidade sobre a cantiga galega, o Cancionero popular gallego, publicado nos dous anos seguintes.
Ballesteros foi un dos asiduos dos faladoiros da coruñesa Cova Céltica, a animada e erudita trastenda galeguista de entre séculos, radicada na libraría de Uxío Carré Aldao. En 1905, Pérez Ballesteros formou parte da comisión con representantes de toda Galiza, que segundo encomenda de Manuel Curros Enríquez desde Cuba, debería encargarse de organizar a Academia Galega; Ballesteros, xunto con Manuel Murguía, era o representante da provincia da Coruña. Pouco tempo despois, Pérez Ballesteros foi un dos corenta membros fundadores da Real Academia Galega, da que foi o seu primeiro tesoureiro.
Obra
Creación literaria
Versos en dialecto gallego y correspondencia castellana de sus principales voces.[4] Madrid. P. Calleja y Compañía, Editores. 1878, con prólogo de Juan Antonio Saco y Arce.
Foguetes.[5] A Coruña. Andrés Martínez Salazar Editor. 1888.
Investigación
Juício crítico acerca del Concilio de Trento y estado de la disciplina eclesiástica antes y después de su celebración.[6] (tese de doutoramento). Madrid. 1859.
Refranero gallego y diccionario analítico, 1884, inédito.[1]
Alonso Montero, X.: Xosé Pérez Ballesteros e a poesía popular galega, en Pérez Ballesteros, José: Cancionero popular galego, t. I, Akal 1979 (facsímile), pp. I-IX.