Revista de Galicia foi unha revista literaria que se publicou na Coruña en 1880.
Historia e características
Apareceu o 4 de marzo de 1880 como revista literaria semanal, pero posteriormente pasou a ser mensual. Estaba dirixida por Emilia Pardo Bazán e no primeiro número a directora presentaba o programa e sinalaba que tiña a encomenda de "difundir la cultura y el amor a la belleza, depurar el gusto artístico y favorecer la investigación de la verdad". Entre os seus colaboradores figuraron Juan Antonio Saco y Arce, Luís Rodríguez Seoane, Anastasio Ramón López, José Rodríguez Mourelo, Ramón Barros Sivelo e Valentín de Nóvoa. Cesou o 25 de outubro de 1880.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas