O LX Festival da Canción de Eurovisión celebrouse na cidade austríaca de Viena os días 19, 21 e 23 de maio de 2015[2][3][4], despois de que a súa representante Conchita Wurst obtivese a vitoria coa canción «Rise Like A Phoenix» na edición de 2014.[5] Esta foi a segunda vez que Austria organizou un festival de Eurovisión, sendo a última ocasión en 1967 tras a súa vitoria en 1966. O eventro foi conducido por primeira vez na historia por un trío de mulleres: Mirjam Weichselbraun, Alice Tumler e Arabella Kiesbauer. A gañadora da edición anterior, Conchita Wurst, actuou como presentadora nas conexións coa denominada Green Room.
O espectáculo tivo unha audiencia de máis de 200 millóns de espectadores en todo o mundo. Nesta edición participaron 40 países, 39 dos cales participaron en calidade de membros activos da UER. Chipre e Serbia retornaron ao concurso tras unha paréntese dun ano, así como a República Checa tras cinco anos de ausencia. Por outro lado, Ucraína anunciou a súa retirada desta edición por problemas políticos e económicos. Con motivo do 60º aniversario do Festival, Australia tamén foi invitada a competir, sendo a primeira vez na historia de Eurovisión que participa un país que só é membro asociado da UER.
O lema desta edición foi Building Bridges ('Contruíndo pontes' en galego). En palabras dos organizadores, o eslogan desta edición trata de facer referencia ao carácter unificador da música sen importar fronteiras, culturas e idiomas, e ademais fai referencia ao primeiro obxectivo do certame, que era unir aos países despois da segunda guerra mundial.
Segundo as listas das casas de apostas, durante varias semanas o favorito para gañar o certame era Suecia, seguido por Italia, Australia, Estonia, Eslovenia e Finlandia. Non obstante, este último caeu en semifinais. Polo contrario, Rusia, Bélxica e Letonia convertéronse nos países que máis subiron as súas probabilidades de vitoria, chegando mesmo a superar a moitos dos anteriores.
Finalmente, Suecia gañou o Festival de Eurovisión co cantante Måns Zelmerlöw e a canción "Heroes", cun total de 365 puntos e logrando así a sexta vitoria do país na historia do certame, sendo o primeiro país en gañar en dúas ocasións o Festival no século XXI. Por primeira vez, todos os países do top 3 recibiron máis de 280 puntos, a canción rusa "A Million Voices" converteuse na primeira canción non gañadora en obter máis de 300 puntos e a italiana "Grande amore" converteuse na primeira canción de fala non inglesa en obter un top 3 desde o 2012. Tamén, Austria e Alemaña foron os primeiros países desde 2003 en obter cero puntos na final. Austria é tamén o primeiro país anfitrión que non recibe ningún punto, e o primeiro anfitrión e anterior gañador que queda no último lugar desde o Festival de Eurovisión 1958.
Organización
Sede do festival
Unha vez finalizado o festival de 2014, Austria comezou a planear os preparativos da celebración do evento do ano seguinte. Desta forma, na roda de prensa do país gañador, a cadea austríaca anunciou que Viena e Salzburgo serían as candidatas posibles para albergar o festival, aínda que dous días despois do festival, comunicouse que un total de cinco cidades anunciaron as súas intencións de albergar o certame internacional: as dúas anteriores e Graz, Innsbruck e Klagenfurt. Non obstante, posteriormente o 13 de maio de 2014, anunciouse que Salzburgo retiraba a súa candidatura debido a que non podía garantir o financiamento requirido. Semanas despois, máis cidades do país anunciaron a súa candidatura.
Ante o elevado número de propostas, o 29 de maio de 2014, a cadea austríaca ORF fixo públicos os requirimentos que debía ter calquera cidade sede que desexase albergar o festival, e puxo de prazo ata o 13 de xuño de 2014 para que as cidades interesadas presentaran a súa candidatura formalmente en base a certos criterios. Tras cumprirse dito prazo, un total de sete cidades e doce recintos foron os candidatos a albergar o festival: Graz, Innsbruck, Klagenfurt, Oberwart, Schwechat, Wels e Viena.
Posteriormente, o 21 de xuño de 2014 déronse a coñecer as tres cidades e os recintos finalistas para albergar o festival. As candidatas finais foron:
Acolle anualmente o campionato de tenis Erste Bank Open e o show Holiday on Ice, entre outros moitos eventos.
Semanas despois, o 6 de agosto, deuse a coñecer o resultado do proceso de licitación e, por conseguinte, a cidade sede do festival, Viena. O recinto sede sería o auditorio Wiener Stadthalle, que conta cunha capacidade de 16.000 espectadores, superando así ás outras dúas cidades candidatas que competían para albergar o festival.
Celebración do 60º aniversario
Para o 60º aniversario do certame anunciáronse moitas novidades, cun presuposto fixo de 20 millóns de euros por parte da UER, unha media de 25 millóns por parte da emisora anfitrioa ORF e 12 millóns de euros por parte da cidade sede Viena. O supervisor executivo do festival, Jon Ola Sand, declarou que se realizaría toda unha homenaxe.[6]
No casa do concello de Viena, Christian Oxonitsh, concelleiro, declarou que as modificacións e reformas que se levaron a cabo no Wiener Stadthalle para acoller o 60º aniversario terían un custo, xa presupostado, de 8.900.000 euros. En dito presuposto incluíronse os gastos para os custos de persoal, enerxéticos e de limpeza, así como as compensacións aos organizadores dos outros eventos que xa estaban programados nas mesmas datas que o Festival.
A finais de 2011, a UER anunciou que comezaran un intento de dixitalizar e arquivar todas as edicións dende a primeira edición de 1956 ata a máis recente do momento.[7] En xuño de 2013, informouse que o arquivo estaba sendo acabado e que se abriría para este 60º aniversario. O contido do mesmo será accesible ao público a través da web oficial do festival.[8]
Á marxe do festival de 2015 en Viena, o 31 de marzo de 2015 celebrouse en Londres unha gala especial, televisada posteriormente en diferido, para conmemorar o 60º aniversario do Festival de Eurovisión, titulada Eurovision Song Contest's Greatest Hits, coa BBC como televisión anfitrioa.
Identidade visual
Como parte da conmemoración do 60º aniversario do Festival de Eurovisión, a UER deu a coñecer o renovado logotipo xenérico oficial do festival, que sería utilizado a partir desta edición, deixando atrás o isotipo usado dende a edición de 2004. Cámbiase a tipografía utilizada e mantense a palabra Eurovisión coa letra V convertida nun corazón, no interior do cal figura a bandeira do país organizador.
Sietse Bakker, que foi o encargado de coordinar dito proceso de renovación, comentou: "con isto iniciamos un proceso de cambio partindo do anterior logotipo, buscando os seus puntos fortes e débiles, e chegamos á conclusión de que era necesaria unha evolución e non unha revolución, de modo que se representase o avance do festival ao longo da última década [...]. Ademais, a letra manuscrita foi redeseñada dende cero para facelo moita máis agradable á vista, non só en televisión, senón tamén en impreso."
O redeseño do logotipo correu a cargo de Cornelis Jacobs e o seu equipo da Agencia Cityzen con sede en Ámsterdam, tras unha extensa busca por parte da UER entre varias axencias europeas de deseño, e foi acordado polo grupo de referencia da UER na súa reunión en xuño de 2014.
Ademais do redeseño do logotipo xenérico, como é tradición creouse unha identidade visual específica para a edición do 2015, a cal se deu a coñecer o 25 de novembro de 2014. A imaxe, que reforza o slogan Building Bridges, interpreta o motivo dunha ponte "nunha linguaxe visual de conexións e encontros que se forman unha e outra vez". A identidade gráfica mostra unha multitude de esferas dispostas en forma de liña ondulada coa intención de simbolizar o "estar unidos, así como a diversidade". A infografía, a decoración e o merchandising, entre outros aspectos, xiran en torno a este concepto artístico. O deseño do escenario estivo a cargo do escenógrafo alemán Florian Wieder, quen xa estivera detrás da creación dos escenarios das edicións do festival de Düsseldorf 2011 e Bakú 2012, así como de varias galas de premios da MTV ou de The X Factor, entre outros traballos. Segundo as palabras da directora de televisión da ORF, Kathrin Zechner, "o escenario representa unha ponte entre o pasado, o presente e o futuro".
O escenario consistiu nunha plataforma principal circular con chan de pantalla LED, rodeada de 1 288 piares individuais de iluminación LED, creando un portal en forma de ollo, e de fondo tamén unha gran pantalla LED de 22 metros de ancho e 8,5 metros de altura. Por último, tal como ocorreu nas edicións de 2012 e 2014, a denominada Green Room (o lugar onde os artistas esperan os resultados tras a súa actuación) estivo situada no medio do recinto.
Durante o festival, cada actuación estivo precedida por un breve vídeo de introdución (coñecido como postcard) centrado no artista. Os vídeos mostraron primeiro aos artistas nos seus respectivos países recibindo unha invitación para viaxar a Austria, e logo desempeñando unha actividade nunha das rexións de Austria.
Países participantes
A lista oficial de países participantes deuse a coñecer o 23 de decembro de 2014, totalizando 39 países inscritos, dous máis ca o ano anterior. O 10 de febreiro a lista ampliouse a 40 pola participación puntual de Australia con motivo do 60º aniversario do festival. Cabe destacar o retorno de Chipre (CyBC) e Serbia (RTS), países que se ausentaron en 2014 como consecuencia da crise económica e o recorte de presuposto ás emisoras nacionais, así como o retorno da República Checa (CT) tras cinco anos de ausencia, pese a que nun principio descartou a participación, e o debut de Australia. Polo contrario, a mediados de setembro de 2014, Ucraína (NTU) confirmou que non estaría en Viena debido á inestabilidade social, política e financeira que atravesa a nación tras a anexión de Crimea a Rusia e os conflitos militares no Leste do país. Non obstante, a emisora ucraína emitirá integramente o festival a nivel nacional, con vistas a un posible retorno no 2016.
Os representantes da televisión pública de Andorra (RTVA) e Eslovaquia (STV) confirmaran, poucos días despois da final do Festival de Eurovisión 2014, que non tiñan pensado de regresar ao festival para a presente edición. Tamén se rumoreou o retorno de Mónaco (TMC) para a celebración do 60º aniversario do festival, pero o 20 de xuño de 2014, a cadea pública descartou o regreso. Pola súa parte, o principado de Liechtenstein, a través do director da cadea 1 FLTV, informou do seu interese por participar, pero citou os custos de ser membros activos da UER, polo que era pouco probable que participasen este ano, non descartando un probable debut nas edicións sucesivas. Croacia (HRT), do cal se esperaba un retorno ao anunciar o seu regreso ao Festival de Eurovisión Júnior 2014, confirmou que non volverían ao certame. Finalmente, Marrocos, a pesar de que hai uns anos se rumoreaba un posible retorno do país africano, SNRT confirmou que non participarán en 2015, aínda que non descartan facelo nun futuro.
Igualmente Luxemburgo (RTL) confirmou nun principio que polo momento non volverían ao certame. Posteriormente, Luxemburgo RTL e San Marino confirmaron conversacións para unha participación en cooperación, pero finalmente, debido a que non se atoparon os fondos suficientes pola parte luxemburguesa, esta idea foi descartada.
Aínda que nun principio se estaba a negociar o seu retorno ao festival, a cadea TRT anunciou que Turquía non regresaría ao certame debido a que non están de acordo coas actuais regras de votación, tales como a existencia de xurados nacionais profesionais por cada país participante e o pase directo á final dos membros do Big 5. A pesar disto, o 7 de febreiro de 2015, tras negociacións coa UER, anunciaron que participarían no 2016.
Aínda que nun inicio confirmaron o seu retorno, Bulgaria (BNT) anunciou o día 10 de outubro de 2014, data límite establecida para que os países puidesen retirar a súa candidatura sen consecuencias económicas, que finalmente non poderían estar en Eurovisión 2015 debido a problemas financeiros. O 17 de novembro de 2014, fixo o mesmo Bosnia e Hercegovina (BHRT), alegando dificultades económcias que atravesa a canle estatal.
O 15 de setembro de 2014, Israel confirmaba a súa participación pese aos rumores dunha posible retirada debido ao peche da canle estatal (IBA). Polo contrario, ese mesmo día Líbano (TL), do que se rumoreaba un posible debut ante unha probable retirada de Israel, confirmou que non participaría nesta edición. Cabe destacar que a nación de Oriente Medio planeaba o seu debut no 2005, pero retirouse fóra do plazo debido aos conflitos políticos e relixiosos con Israel, o que provocou que fora vetado do festival por tres anos.
Debut de Australia
Con motivo do 60º aniversario do festival, Australia participou en Eurovisión 2015. A UER e a ORF brindaron a oportunidade ao país oceánico de participar e votar na Gran Final da sesaxésima edición do certame, baixo as mesmas condicións que o resto de delegacións, debido á "longa tradición" da televisión australiana SBS de retransmitir o concurso e a existencia dun "público fiel a Eurovisión" no país, cunha media de 2,7 millóns de telespectadores[9]. A SBS emitiu o certame en Australia durante máis de 30 anos, dende 1983.[10] Aínda que non é o primeiro país non europeo en concursar, é o primeiro na historia que participa sen ser membro activo da UER. Australia, en principio, só participou no certame esta ocasión, salvo que se acorde o contrario.[11]
A televisión pública australiana SBS seleccionou o seu representante baixo o seu criterio, ao igual que o resto dos países. Así mesmo, clasificouse directamente para a Gran Final do sábado 23 de maio, para non reducir as opotunidades dos semifinalistas de clasificarse á final, e debido á participación excepcional de Australia, decidiuse aumentar a praza de 26 finalistas á cifra de 27. Polo tanto, Australia puido ser votada polo resto de participantes na final, e puido votar en ambas semifinais e na final.
No caso de que o país oceánico houbese gañado no seu debut, en vista da súa distancia xeográfica, acordouse que o Festival de Eurovisión 2016 se celebraría nunha cidade europea, organizado conxuntamente pola emisora australiana SBS e unha televisión membro de UER, e neste caso o país estaría automaticamente invitado a participar por segundo ano consecutivo.[12][13]
Cabe destacar que o Director Xeral da ORF, Alexander Wrabetz, indicou que esta decisión fora tomada porque "Eurovisión demostrou, na súa historia, ser o maior evento de entretemento do mundo, coa participación de Australia [...] conseguiron alcanzar un novo concepto global e construír outra ponte no 60º aniversario, unha ponte que se expande por todo o planeta comezando no corazón de Europa", en clara alusión á expansión e recoñecemento internacional da marca Eurovisión.[12][13]
Elnur Hüseynov: representou a Acerbaixán no seu debut en 2008 a dúo con Samir Javadzadeh, alcanzando nese entón a oitava posición, e retorna en 2015 como solista.
Amber: na edición de 2012, foi parte da delegación maltesa ao ser corista de Kurt Calleja.
Uzari: participou como corista de Anastasia Vinnikova na edición de 2011, formando parte da delegación bielorrusa.
Inga Arshakyan: na edición de 2009 representou a Armenia a dúo coa súa irmá Anush, alcanzando nese entón a décima posición, e en 2015 regresa como membro do grupo Genealogy.
Autores destacados
Entre as 40 cancións nesta edición, hai seis compostas por autores de temas gañadores de Eurovisión. Unha vez máis participa Ralph Siegel, considerado o autor máis prolífico da historia do festival cun total de 23 temas presentados, como coautor da canción de San Marino xunto a Bernd Meinunger. Ambos gañaron en 1982 por Alemaña con Ein bißchen frieden. A canción española ten entre os seus autores aos suecos Thomas G:son e Peter Boström, gañadores da edición de 2012 con Euphoria; aos que se suma no equipo Tony Sánchez-Ohlsson, coautor das propostas españolas de 2007 e 2012. G:son compite tamén nesta edición co tema de Xeorxia deste ano, sumando dez participación no certame. Por outro lado, a canción de Serbia ten como compositor a Vladimir Graic, coautor do tema gañador da edición de 2007Molitva, mentres que a letra é de Charlie Mason, coautor do tema gañador da edición 2014Rise like a Phoenix. Mason participa tamén como letrista da canción eslovena. Por último, a canción de Acerbaixán foi escrita entre outros por Sandra Bjurman, coautora do tema gañador da edición de 2011, Running scared.
Dous dos temas están compostos por artistas que competiron en Eurovisión. O tema montenegrino está composto polo serbio Zeljko Joksimovic, quen como cantante e compositor conseguiu o segundo posto na edición de 2004 e o terceiro na de 2012; ademais de compoñer as entradas de Bosnia e Hercegovina no 2006 e Serbia no 2008. Así mesmo, a canción holandesa está composta pola célebre cantante Anouk, quen representou o seu país no 2013. É preciso mencionar que Raay, integrante da banda Maraaya, representantes de Eslovenia para esta edición, escribiu a entrada do seu país para a edición de 2014; e xunta á súa muller Marjetka Vovk, vocalista de dita banda, foron escritores e compositores da canción Nisi sam (your light) interpretada por Ula Lozar no Festival de Eurovisión Júnior 2014.
Por outro lado, fóra do ámbito eurovisivo, atópase Ella Eyre, cantante e compositora británica colaboradora de Rudimental, que é coautora do tema alemán. E, por último, Robert Goldman, autor de la composición francesa, quen escribiu varios singles para as famosas cantantes Patricia Kaas, Natasha Saint-Pier e Céline Dion (as dúas primeiras representantes de Francia en 2009 e 2001 respectivamente, e a última gañadora por Suíza en 1988).
Idiomas
Dos 40 temas participantes, 33 foron interpretados integramente en inglés, mentres que 6 utilizaron unicamente idiomas propios, distintos do inglés. Entres estes últimos atópase o español, italiano, francés, finés, montenegrino e portugués. Mentres tanto, Romanía foi o único país bilingüe ao utilizar o seu idioma nativo, o romanés, xunto co inglés. Cabe destacar que por primeira vez na súa historia dentro do festival, dende o seu debut en 1973, Israel cantou integramente en inglés, deixando de lado o hebreo; e pola súa parte, Serbia, dende o seu debut no 2007, cantou por primeira vez en inglés, deixando de lado o serbio.
Os outros 33 países tiveron que gañarse este posto nas semifinais. 16 deles enfrontáronse na primeira semifinal do 19 de maio mentres que os outros 17 restantes o fixeron o 21 de maio. Os dez máis votados de cada semifinal conseguiron o pase á gran final. O sorteo para decidir en que semifinal actuaría cada candidatura e en que metade (primeira metade ou segunda metade), levouse a cabo 26 de xaneiro de 2015. Os países participantes foron repartidos en cinco bombos en razón da súa localización xeográfica e tendencia nas votacións.
Os produtores da televisión anfitrioa ORF elaboraron, tras a aprobación do Grupo de Referencia e o supervisor executivo da UERJon Ola Sand, a orde de actuación das dúas semifinais e a final desta edición, respectando o sorteo que determinou en que parte da gala actuaría cada país (primeira ou segunda metade).
Semifinal 1
A primeira semifinal do Festival de Eurovisión 2015 celebrouse o martes 19 de maio ás 21:00 horas CET. 16 países participaron neste evento, en busca dun dos dez postos para a final. Un total de 20 países tiveron dereito a voto nesta semifinal: os 16 participantes máis Australia, Austria, España e Francia, que xa se atopaban clasificados directamente á final. Todos os países utilizaron o sistema mixto de votación (50% televoto e 50% xurado), pero a UER e os auditores de PricewaterhouseCoopers decidiron que só fose contabilizado o televoto en Macedonia, deixando de lado o voto dos membros do xurado por haber infrinxido as normas do festival.
Unha vez acabado o certame, publicáronse os resultados detallados dos dez clasificados e dos demais países participantes que non lograron pasar á Gran Final. A canción rusa A million voices de Polina Gagarina obtivo o primeiro lugar nesta semifinal, cun total de 182 puntos, incluíndo 5 máximas puntuacións e sendo a segunda vitoria deste país nunha semifinal. O segundo posto foi para Bélxica coa innovadora canción Rhythm inside, que obtivo 149 puntos, e completando o podio atópase Estonia, co dúo composto por Elina Born e Stig Rästa e con 105 puntos.
Un acontecemento relevante desta semifinal foi a eliminación de Finlandia, un dos principais favoritos para gañar o Festival segundo diversas listas de casas de apostas, así como a eliminación dos Países Baixos, subcampión da edición de 2014. Os outros eliminados foron Moldova, Dinamarca, Belarús e Macedonia.
A segunda semifinal do Festival de Eurovisión 2015 celebrouse o xoves 21 de maio ás 21:00 horas CET. Un total de 17 países participaron neste evento en busca dun dos 10 postos para a final. Un total de 21 países tiveron dereito a voto nesta semifinal: os 17 participantes máis Alemaña, Australia, Italia e o Reino Unido, que xa se atopaban clasificados directamente á final. Todos os países utilizaron o sistema mixto de votación (50% televoto e 50% xurado), pero a UER e os auditores de PricewaterhouseCoopers decidiron que só fose contabilizado o televodo en Montenegro, deixando a un lado o voto dos membros do xurado por haber infrinxido as normas do festival. Así mesmo, San Marino soamente utilizou o voto do xurado ao non superar o mínimo de televotos.
Unha vez acabado o certame, publicáronse os resultados detallados dos dez clasificados e dos demais países participantes que non lograron pasar á Gran Final. Suecia, con Mans Zelmerlöw e a súa canción Heroes, logrou o primeiro posto cunha puntuación de 217 puntos e unha ampla marxe de 62 puntos sobre o segundo lugar, converténdose na canción máis exitosa en semifinais dende que existen ambas, superando os 201 puntos de Noruega en 2009. Así, o país nórdico converteuse no país con máis vitorias en semifinais ao alcanzar tres (previamente gañara en 2011 e 2012).
Seguírono no podio Letornia e Israel, que lograron o seu mellor resultado histórico nunha semifinal, ademais de lograr clasificarse á Gran Final despois de seis e catro anos de ausencia, respectivamente. En cuarto e quinto lugar quedaron Noruega e Eslovenia, ambas favoritas das casas de apostas.
Por outro lado, un acontecemento relevante nesta semifinal foi a eliminación de Islandia, país que segundo as casas de apostas lograría entrar dentro do top 10 desta edición, rompendo así unha racha de 8 anos consecutivos na final. Os outros eliminados foron Malta, Irlanda, República Checa, Portugal, San Marino e Suíza.
A Gran Final de Eurovisión celebrouse o sábado 23 de maio de 2015 no Wiener Stadthalle ás 21:00 horas CET, e estivo composta polos 10 clasificados da primeira e segunda semifinal, o Big 5 (Alemaña, España, Francia, Italia e o Reino Unido), o país anfitrión Austria e, por primeira vez na historia e de xeito excepcional, Australia. Por iso, decidiuse aumentar a praza de 26 finalistas previstos á cifra de 27, o cal supuxo un récord histórico de participantes nunha final.
Tal como pasou coa semifinais, a orde de actuación na Gran Final foi decidida polos produtores tras coñecerse a identidade de todos os 20 semifinalistas clasificados e determinarse ao chou en que metade da gala actuarían xunto aos xa clasificados (primeira metade do 1-13 ou segunda metade do 14-27). Non obstante, durante a reunión de delegacións do 16 de marzo decidiuse por sorteo que o anfitrión, Austria, actuaría na 14ª posición.
Conchita Wurst, como gañadora da edición anterior, abriu a gala cantando a súa canción Rise like a Phoenix e Building Bridges xunto a un coro de nenos, as presentadoras do festival e o rapeiro austríaco Left Boy.
Logo comezou a actuación dos 25 países finalistas ante os máis de 15.000 espectadores reunidos no Wiener Stadthalle. Unha vez finalizadas, comezaron as votacións, que se mostraron moi cerradas entre tres países: Suecia, Italia e Rusia. Este último encabezou a táboa de votacións durante case todo o tempo e pouco antes de culminar as votacións, Suecia logra pasalo e despuntarse case ao final. Finalmente, sería o cantante sueco Mans Zelmerlöw quen se coronaría gañador da 60ª edición do Festival coa súa canción Heroes. O tema sueco, que obtivo 365 puntos, permitiu que o estado escandinavo obtivese a súa sexta vitoria no festival (as outras foron en 1974 con ABBA, 1984 con Herreys, 1991 con Carola, 1999 con Charlotte Perrelli e 2012 con Loreen), sendo votado por todos os países sen excepción e conseguindo 12 máximas puntuacións. Rusia, con Polina Gagarina e A million voices, quedou en segunda posición con 303 puntos, sendo a cuarta vez que este país logra o segundo posto (2000, 2006 e 2012), así como consegue bater o récord de puntos que ata agora tiña o único gañador ruso, Dima Bilan, que obtivo 272 puntos en Eurovisión 2008. O podio foi completado por Italia, co famoso grupo pop/lírico Il Volo e a súa canción Grande Amore, que conseguiu 292 puntos (a puntuación máis alta conseguida por Italia no festival), sendo tamén votado por todos os países e con 9 máximas puntuacións. Por último, o top 5 completárono Bélxica, co cantante Loïc Nottet e a súa canción Rhythm inside, e Australia co célebre e recoñecido cantante Guy Sebastian e a súa canción Tonight again.
Cabe destacar que Letonia logrou a súa mellor posición dende 2005, Montenegro o seu mellor resultado (13ª posición) dende o seu debut en 2008 e Bélxica o seu mellor resultado despois de doce anos. Por outro lado, os cero puntos de Alemaña e Austria resultaron históricos. Dende que se instauraron as semifinais só un país obtivera cero puntos na votación da final, honor que recaía en Reino Unido na edición de 2003, e dende que está vixente o actual sistema de votación só en dúas ocasión houbo un empate de dous países clasificados en último lugar con cero votos. En 1997 (Noruega e Portugal) e en 1983 (España e Turquía). Ademais, Austria é o segundo país na historia que queda último sendo anfitrión, honor que obstentaba os Países Baixos quedando último no seu Festival de 1958 cun punto, polo que o país alpino pasa así de ser primeiro e gañador en Eurovisión 2014 a obter cero punto no 2015.
Finalmente, todos os membros do Big 5, a excepción de Italia, quedaron dentro dos peores clasificados: España no posto 21º, Reino Unido no 24º, Francia no 25º e Alemaña no 27º. Dos 40 países participantes no concurso, a maioría votou utilizando o sistema combinado de votación. Porén, San Marino entregou unicamente a votación do seu xurado debido ao baixo número de votos populares recibidos. Un caso particular viviu a votación en Macedonia e Montenegro, xa que o xurado foi descalifixado e só foi contabilizado o televoto, por presuntamente ter infrinxido as normas do festival.
O 24 de maio de 2015, apenas finalizado o certame, a UER publicou os resultados oficiais tanto do público coma do xurado:
Semifinal 1
Pos.
Xurado
Puntos
1
Rusia
167
2
Bélxica
151
3
Grecia
99
4
Xeorxia
95
5
Países Baixos
70
6
Hungría
70
7
Romania
67
8
Belarús
66
9
Estonia
66
10
Albania
61
11
Dinamarca
58
12
Armenia
54
13
Serbia
47
14
Moldova
46
15
Macedonia (ARI)
42
16
Finlandia
1
Pos.
Televoto
Puntos
1
Rusia
151
2
Estonia
136
3
Bélxica
124
4
Xeorxia
97
5
Romania
96
6
Armenia
90
7
Serbia
86
8
Albania
66
9
Grecia
60
10
Finlandia
55
11
Hungría
50
12
Moldova
49
13
Belarús
32
14
Dinamarca
23
15
Países Baixos
23
16
Macedonia (ARI)
22
Por terceiro ano consecutivo, o gañador da primeira semifinal gañou tanto a votación do xurado coma do televoto: Rusia. Ademais, Bélxica foi dos favoritos para o xurado e para o televoto. Por útlimo, un total de 7 países pasaron tanto polo xurado coma polo televoto.
Na votación do xurado, Países Baixos foi unha das súas predileccións, alcanzando a quinta posición, pero coa opinión do público, que a colocou en penúltimo posto, quedou fóra da Gran Final. Do mesmo xeito ocorreu con Belarús, oitava para o xurado pero décimo terceira para o público. Mentes tanto, por parte do televoto, Serbia clasificouse grazas ao sétimo posto.
Semifinal 2
Pos.
Jurado
Puntos
1
Suecia
208
2
Letonia
155
3
Noruega
144
4
Israel
114
5
Eslovenia
84
6
Irlanda
84
7
Malta
84
8
Chipre
76
9
Acerbaixán
67
10
Lituania
52
11
Montenegro
47
12
República Checa
34
13
Portugal
23
14
Suíza
15
15
Islandia
15
16
Polonia
10
17
San Marino
6
Pos.
Televoto
Puntos
1
Suecia
195
2
Israel
157
3
Letonia
116
4
Polonia
114
5
Noruega
104
6
Lituania
98
7
Eslovenia
95
8
Chipre
80
9
Montenegro
58
10
República Checa
51
11
Acerbaixán
37
12
Malta
32
13
Portugal
24
14
Islandia
21
15
San Marino
16
16
Irlanda
14
17
Suíza
6
Os resultados da Segunda Semifinal demostran que Suecia, Letonia e Israel foron os favoritos tanto para o xurado coma para o televoto. Baixo o sistema mixto de votación, Malta e Irlanda quedaron fóra da final por decisión do público, mentres que Polonia (penúltima para o xurado) e Montenegro (décimo primeiro para o xurado) entraron dentro dos dez clasificados. Acerbaixán, polo contrario, clasificouse grazas aos expertos.
Gran Final
Pos.
Jurado
Puntos
1
Suecia
354
2
Letonia
248
3
Rusia
236
4
Australia
225
5
Bélxica
185
6
Italia
170
7
Noruega
163
8
Israel
76
9
Chipre
63
10
Xeorxia
62
11
Estonia
53
12
Montenegro
44
13
Austria
40
14
Acerbaixán
40
15
Eslovenia
36
16
Lituania
31
17
Hungría
29
18
Grecia
29
19
Francia
24
20
Alemaña
24
21
Romania
21
22
Armenia
15
23
Reino Unido
12
24
Serbia
12
25
España
6
26
Albania
4
27
Polonia
2
Pos.
Televoto
Puntos
1
Italia
366
2
Rusia
286
3
Suecia
279
4
Bélxica
195
5
Estonia
144
6
Australia
131
7
Israel
104
8
Letonia
100
9
Albania
92
10
Serbia
87
11
Armenia
77
12
Romanía
69
13
Xeorxia
51
14
Acerbaixán
48
15
Polonia
47
16
Lituania
44
17
Noruega
43
18
Montenegro
34
19
Eslovenia
28
20
España
25
21
Grecia
24
22
Hungría
21
23
Chipre
8
24
Reino Unido
7
25
Alemaña
5
26
Francia
5
27
Austria
0
Segundo os resultados, Suecia gañaría para o xurado profesional con 353 puntos e para o televoto sería terceiro con 279, pero a combinación de ambas outorgoulle a vitoria final con 365 puntos. Esta disparidade entre ambos sectores de votación non ocorría dende o 2012. Pola súa parte, Italia foi a favorita para os telespectadores conseguindo 366 puntos, mentres que o xurado profesional a posicionou sexta con 171 puntos, clasificándoos terceiros con 292 puntos. Pola súa parte, a rusa Polina Gagarina foi segunda para o televoto e terceira para o xurado, conseguindo así a segunda praza na final con 303 puntos. Cabe destacar que os votos outorgados por Macedonia e Montenegro foron 100% tomados do televoto.
↑Knox, David (14 November 2014). "SBS 2015: TV Highlights". tvtonight.com.au. TV Tonight. Consultado o 14 November 2014. Eurovision has become one of the most popular television events in Australia. Next year is the 60th anniversary of Eurovision and with the official theme ‘Building Bridges’ already announced by host country Austria, SBS can reveal we have our Eurovision engineers Julia Zemiro and Sam Pang already working on how we can build a bridge to Vienna and join the Eurovision Song Contest in 2015.