Polonia no Festival de Eurovisión

Polonia

Estación membro TVP
Final nacional Krajowe Eliminacje
Aparicións 16
Primeira aparición 1994
Mellor resultado
Final 1994
Semifinal 2014
Peor resultado
Final 24º 2008
Semifinal 19º 2011
Ligazóns externas
Páxina en TVP
Páxina de Polonia en Eurovision.tv
Edyta Górniak durante unha actuación en 2009. Edyta foi a primeira representante polaca no Festival de Eurovisión.

Polonia competiu por vez primeira no Festival de Eurovisión na edición de 1994 logo de se ingresar a Telewizja Polska na Unión Europea de Radiodifusión o ano anterior. Así e todo o concurso xa se emitía no país desde había anos, aínda que por veces en diferido. Polonia estivo ausente nas edicións de 2012 e 2013 mais volveu de novo a participar na de 2014 en Copenhague.

Historia

A cantante Iwona Węgrowska participando na selección para elixir o representante de Polonia en 2010

En 1975 Polonia intentou participar no Festival coa canción "Mój, tylko mój” de Anna Jantar pero a UER non o autorizou[1]. Así a primeira participante foi Edyta Górniak, e a súa canción foi tamén a de máis éxito para Polonia ata a data, ao conseguir 166 puntos e o segundo lugar. As intervencións polacas nos anos seguintes foron menos exitosas, quedando o país entre os postos 11º e 20º. Polonia non acudiu á edición de 2002. Para a edición de 2003 Polonia organizou pola primeira volta unha selección pública para elixir á súa representante, gañando o voto do público o grupo Ich Troje por diante de Blue Café, rematando 7º na final de Eurovisión. Blue Café pola súa banda o ano seguinte gañou a competición de selección para acceder á edición de 2004 quedando en 17º lugar. Nos anos seguintes Polonia só se clasificou para a final nas edicións de 2008, con Isis Gee) que quedou no posto 24º, e en 2014.

No ano 2005 a TVP realizou unha selección interna para escoller o seu representante, resultando elixida a canción "czarna dziewczyna", interpretada en polaco e ruso, pero non chegou á final quedando 11ª na semifinal. Para a edición de 2006 volveuse de novo ao voto do público, resultando elixido de novo o grupo Ich Troje que tampouco foi quen de chegar á final. Na edición de 2007 The Jet Set quedou 14º na semifinal.

Polonia non cometiu na edición de 2012 argumentando a radiotelevisión pública que xa tiña que organizar, con Ucraína, a Eurocopa de Fútbol[2] como tampouco o fixo na de 2013[3].

Marcin Mrozinski foi o representante elixido para concursar na edición de 2010
Figurante durante a actuación de Polonia na edición de 2014. Nesta edición a letra e a coreografía recibiron acusacións de machistas pola utilización da muller como reclamo sexual[4]

Participacións

Ano Artista Lingua Título Final Puntos Semifinal Puntos
1994 Edyta Górniak Polaco "To nie ja!" 2 166
Non houbo semifinais
1995 Justyna Steczkowska Polaco "Sama" 18 15
1996 Kasia Kowalska Polaco "Chcę znać swój grzech..." 15 31 15 42
1997 Anna Maria Jopek Polaco "Ale jestem" 11 54
Non houbo semifinais
1998 Sixteen Polaco "To takie proste" 17 19
1999 Mietek Szcześniak Polaco "Przytul mnie mocno" 18 17
2000
Sen participación
2001 Andrzej Piaseczny Inglés "2 Long" 20 11
2002
Sen participación
2003 Ich Troje Alemán, polaco, ruso "Keine Grenzen-Żadnych granic" 7 90
2004 Blue Café Inglés, español "Love Song" 17 27
Entre os 11 primeiros o ano anterior
2005 Ivan & Delfin English, Russian "Czarna dziewczyna"
Non se cualificou
11 81
2006 Ich Troje feat. Real McCoy Inglés, polaco, alemán, ruso, español "Follow My Heart"
Non se cualificou
11 70
2007 The Jet Set Inglés "Time To Party"
Non se cualificou
14 75
2008 Isis Gee Inglés "For Life" 24 14 10 42
2009 Lidia Kopania English "I Don't Wanna Leave"
Non se cualificou
12 43
2010 Marcin Mroziński Inglés, polaco "Legenda"
Non se cualificou
13 44
2011 Magdalena Tul Polaco "Jestem"
Non se cualificou
19 18
2012
Non competiu
2013
2014 Donatan e Cleo Polaco, inglés "My Słowianie - We Are Slavic" 14 62 8 70

Historial das votacións

Deica 2014 o historial de votacións polaco é o seguinte:

Puntos dados por Polonia (só nas finais)
Posto País Puntos
1 Ucraína Ucraína 82
2 Noruega Noruega 61
3 Suecia Suecia 54
4 Alemaña Alemaña 53
5 Estonia Estonia 45
Puntos recibidos por Polonia (só finais)
Rank Country Points
1 Alemaña Alemaña 56
2 Austria Austria 34
3 Francia 27
4 Lituania Lituania 26
5 Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina 25
Puntos dados nas semifinais e finais
Rank Country Points
1 Ucraína Ucraína 90
2 Noruega Noruega 81
3 Rusia Rusia 60
4 Acerbaixán 59
5 Estonia Estonia 58
Puntos recibidos nas semifinais e finais
Rank Country Points
1 Alemaña Alemaña 77
2 Irlanda Irlanda 56
3 Austria Austria 43
Lituania Lituania 43
5 Ucraína Ucraína 42

12 puntos

Logo da súa primeira participación en Eurovisión, Polonia recibiu 12 puntos só nunha final e nunha semifinal. Na imaxe Isis Gee actuando na semifinal de 2008, onde logrou un dos escasos 12 puntos para Polonia
Anos Dados a Recibidos de
Final Semifinal Final Semifinal
1994 Hungría Hungría Non houbo semifinal Austria Austria
Estonia Estonia
Francia
Lituania Lituania
Reino Unido Reino Unido
Non houbo semifinal
1995 Noruega Noruega
Ningún
1996 Irlanda Irlanda Descoñecido1
Ningún
Descoñecido1
1997 Francia Non houbo semifinais
Ningún
Non houbo semifinais
1998 Bélxica Bélxica
Ningún
1999 Alemaña Alemaña
Ningún
2000 Non participou Non participou
2001 Estonia Estonia
Ningún
2002 Non participou Non participou
2003 Bélxica Bélxica Alemaña Alemaña
2004 Ucraína Ucraína Non se transmitiu
Ningún
Non participou
2005 Ucraína Ucraína Hungría Hungría Non se cualificou
Ningún
2006 Finlandia Finlandia Finlandia Finlandia Non se cualificou
Ningún
2007 Ucraína Ucraína Letonia Letonia Non se cualificou
Ningún
2008 Armenia Armenia
Ningún
Irlanda Irlanda
2009 Noruega Noruega Acerbaixán Non se cualificou
Ningún
2010 Dinamarca Dinamarca Bélxica Bélxica Non se cualificou
Ningún
2011 Lituania Lituania Lituania Lituania Non se cualificou
Ningún
2012 Non participou
2013
2014 Países Baixos Países Baixos Suíza Suíza
Ningún
Alemaña Alemaña

1 Non se coñece o voto para a rolda de precualificación de 1996.

Presentadores e voceiros

Aleksandra Rosiak foi a voceira polaca en 2010
Arthur Orzech foi o primeiro e quen máis veces presentou Eurovisión na TVP
Ano (s) Presentadores Voceiros
1994 Artur Orzech Jan Chojnacki
1995
1996 Dorota Osman
1997 Artur Orzech
1998
1999
2000 Non participou
2001 Maciej Orłoś
2002 Non participou
2003 Maciej Orłoś
2004
2005
2006
2007 Radosław Brzózka
2008
2009
2010 Aleksandra Rosiak
2011 Odeta Moro-Figurska
2012 Non se transmitiu Non participou
2013
2014 Artur Orzech Paulina Chylewska

Notas