A orixe da televisión polaca remóntase a 1935, cando o Państwowy Instytut Telekomunikacji (PIT) (Instituto de Telecomunicacións do Estado) comeza a traballar xunto con Polskie Radio no establecemento do servizo de televisión, que comezou a emitir sinais en probas en 1937. Con todo, todo isto viuse paralizado coa Invasión de Polonia en 1939 e a destrución de todo o material por parte da Alemaña Nazi.
En 1947 o PIT reinicia a construción da infraestrutura para o sinal televisivo, e en 1951 vólvense a transmitir sinais de televisión. Telewizja Polska nacería de forma oficial en 1952, co inicio das emisións regulares o 25 de outubro desde Varsovia. Máis tarde xurdirían outras canles de TVP cun carácter rexional, como Telewizja Katowice. O 2 de outubro de 1970 nace a segunda canle da televisión polaca (TVP2) e para 1971 comezan a emitir programación en cor, en tecnoloxía SECAM. Nesta época Telewizja Polska era membro da rede de Intervisión.
Coa chegada da democracia a Polonia prodúcense varios cambios. O máis importante de todos eles é a separación de funcións entre a radio e a televisión, cambiando os seus estatutos e separando os organismos. O 29 de decembro de 1992 constitúese a Telewizja Polska Spółka Akcyjna, pola que TVP pasaba a ser unha sociedade anónima, e 2 días despois (Ano novo de 1993) prodúcese o seu ingreso na UER. Tamén se puxo en marcha unha canle internacional e produciuse o cambio de denominación nas canles rexionais de TVP, que pasaron a ter unha denominación común, TVP3.
Nos últimos anos a oferta de canles de TVP estendeuse, pasando a ter varias canles temáticos dedicados á cultura, deporte e historia. En 6 de outubro de 2007 en 0.13 produciuse un cambio na súa canle rexional TVP3, que pasou a denominarse TVP Info.
Canles
TVP1: Primeira canle de televisión de Polonia, e principal canle do seu país. Ten unha oferta de contidos xerais enfocada para toda a familia, emite series, cine, programas infantís e programas de información e servizo.
TVP2: Segunda canle de televisión, que emite unha programación máis cultural e informativa aínda que actualmente se enfoca ao entretenimiento, con concursos e series americanas.
TVP3: Terceira canle, anteriormente coñecido como TVP3, e que aglutina todas as cadeas rexionais de TVP. Ademais funciona como canle de información continua. Está formado polas seguintes emisoras:
Ademais TVP posúe desde 1992 unha canle internacional dedicado á diáspora polaca, chamado TVP Polonia, e outro para o público de Belarús que pode sintonizarse a través de satélite, Belsat TV.
TVP nútrese economicamente a través dun imposto fixado polo Goberno de Polonia que cobre aproximadamente un terzo do orzamento. O resto do financiamento prodúcese a través da publicidade e patrocinio comercial de programas e eventos.