Televisió de Catalunya (TVC) é unha empresa de televisión catalá que pertence ao ente público de Cataluña, a Corporació Catalá de Mitjans Audiovisuals (CCMA), que á súa vez depende da Generalitat de Cataluña.
Actualmente posúe seis canles distintas: TV3, El 33, Canal Super3, 3/24, 3XL e Esport 3, ademais de vía satélite coa canle internacional TV3CAT e a canle en alta definición TV3HD. Todas elas emítense desde os estudios situados en Sant Joan Despí.
Estudos
A sede central de TVC está situada na localidade de Sant Joan Despí, na provincia de Barcelona. As instalacións divídense en dous edificios. No CEI (centro de emisión de informativos) atópase a redacción dos programas informativos e de deportes e conta con dous estudios, o do Telenotícies e outro multiúsos onde se emiten os programas en directo como Els matins. Por outra banda, desde o CPA (centro de produción de audiovisual) realízanse e emiten os programas de entretemento. Así mesmo, a cadea posúe un centro de produción na veciña localidade de L'Hospitalet de Llobregat, onde roda producións de ficción como a serie El cor de la ciutat.
Canles
Televisió de Catalunya conta con seis canles. Todas elas emiten integramente en catalán, aínda que hai emisións en aranés nas desconexións para o Val de Arán.
Canles antigas
Directores de TVC
Canle
|
Descrición
|
1983-1984 |
Alfons Quintà
|
1984-1989 |
Enric Canals
|
1989-1995 |
Jaume Ferrús
|
1995-2001 |
Lluis Oliva
|
2000-2002 |
Miquel Puig
|
2002-2004 |
Joan Oliver
|
2004-2008 |
Francesc Escribano
|
2008-presente |
Mónica Terribas
|
Véxase tamén
Ligazóns externas