En 2002, a Unión Europea de Radiodifusión volveu ao sistema simple usado en 1994 e 1995 para determinar que países participarían no concurso. Os países con menos puntuación (sen contar Francia, Alemaña, España e o Reino Unido, que formaban o Big Four) do ano anterior foron excluídos, omitindo tantos países como fose necesario para reducir o número de participantes a 24. Xa que logo clasificáronse os 17 primeiros clasificados da edición de 2001 e sete países relegados en 2001. En principio a Portugal correspondíalle unha praza, pero Portugal declinou participar por problemas internos, e foron substituídos por Letonia, que acabaría gañando o concurso.[1]
Esta edición tivo unha audiencia segundo a UER e televisión estona de 166 millóns de espectadores, alcanzando os maiores índices en Malta (con máis dun 90% de seguimento), Suecia e España. Neste último país, ademais, converteuse no espazo máis visto desde que existían as estatísticas de audiencia, creando grazas ao concurso de selección, Operación Triunfo, un grande eco informativo e fenómeno de masas en España.
O pavillón e escenario de Tallin, pese a albergar a uns 5.000 espectadores, quedábase lonxe da capacidade das dúas últimas sedes en Estocolmo e Copenhaguen. Foi o primeiro festival celebrado nun dos países de Europa Oriental incorporados ao certame a partir dos anos 90.
Monica Anghel: Foi seleccionada para representar a Romanía xunto a Sincron en 1996. Con todo, non chegou a pisar o escenario, xa que aquel ano, antes do festival, celebrouse unha semifinal non televisada onde quedou eliminada.
↑A final nacional gañouna o grupo B'Avarija coa canción "We all", pero posteriormente foron descualificados porque a canción publicouse antes da data establecida polas normas. Aivaras, quen acabara en segundo lugar, foi declarado ganador