O XLVIII Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 24 de maio en Letonia, e os presentadores foron Marie N, gañadora do ano anterior, e Renars Kaupers, do grupo Brainstorm, que representou a Letonia no Festival de Eurovisión 2000. Sertab Erener, a intérprete de Turquía foi a gañadora do certame coa canción "Everyway That I Can".
Foi o último festival que se celebrou nunha única noite, a partir de 2004 e ata 2007, celebrábase en dúas noites e dende 2008 celébrase en tres. A lista de participantes de 2003 foi a última afectada polo sistema de relegacións. En concreto seis países relegados na edición de 2002 regresaron ao concurso, e a estes uniuse a Ucraína, que participou por primeira vez.
Bélxica co grupo Urban Trad, que rematou segundo, levou á primeira persoa galega ao Festival de Eurovisión, Verónica Codesal.
Festival
Fonte:[1]
Linguas
Dos 26 temas participantes, 15 foron interpretados integramente en inglés. Dos restantes 9, catro foron cantados na súa lingua oficial. Bosnia e Hercegovina, Croacia, Israel e Portugal mesturaron a súa lingua co inglés. Ucraína o inglés co castelán, e Polonia mesturou o alemán, o polaco e o ruso. Bélxica achegou a primeira canción cantada integramente nunha lingua imaxinaria na historia do festival.
Notas
|
---|
Países |
---|
Activos | |
---|
Inactivos | |
---|
Antigos participantes | |
---|
Intentos de participar | |
---|
|
|
|
Cidades anfitrioas |
---|
1950s | |
---|
1960s | |
---|
1970s | |
---|
1980s | |
---|
1990s | |
---|
2000s | |
---|
2010s | |
---|
2020s | |
---|
Congratulations: 50 Years of Eurovision | |
---|
Eurovision Song Contest's Greatest Hits | |
---|
Eurovision: Europe Shine a Light | |
---|
|
|
Lugar |
---|
1950s | |
---|
1960s | |
---|
1970s | |
---|
1980s | |
---|
1990s | |
---|
2000s | |
---|
2010s | |
---|
2020s | |
---|
Congratulations: 50 Years of Eurovision | |
---|
Eurovision Song Contest's Greatest Hits | |
---|
Eurovision: Europe Shine a Light | |
---|
|
|
|