"Nanana" é unha canción da cantante eslovena Karmen Stavec. A canción representou a Eslovenia no Festival de Eurovisión 2003 nunha versión en inglés. A canción foi cantada nunha 26 posición, a última da noite, após a actuación de Fame coa canción "Give Me Your Love". Ao pechar as votacións, a canción tiña 7 puntos, quedando nunha 23ª posición de 26 participantes.[1]
A canción gañou a preselección eslovena EMA, cunha versión en esloveno chamada "Lep poletni dan" (Un fermoso día do verán).
Notas