Sertab estudou música na universidade da cidade antes de comezar a súa carreira musical a carón da estrela turca Sezen Aksu. Lanzou o seu primeiro álbum, Sakin Ol, no ano 1992 e a este seguírono outros catro en turco ó longo da década. O seu álbum Lâ'I foi incluído por Sony Music na súa colección Soundtrack For A Century (Banda Sonora para un Século).
Logo de competir sen éxito en dúas finais nacionais para participar no Festival de Eurovisión en 1989 e 1990, foi elixida de xeito interno no ano 2003 e gañou o certame dese ano coa canción "Everyway That I Can", co-escrita por Demir Demirkan. A canción acadou os número un da música arredor de toda Europa.
Tras o seu éxito de Eurovisión, Sertab lanzou en 2004 o seu primeiro disco en inglés chamado No Boundaries.
No ano 2005, participou no Congratulations: 50 Years of the Eurovision Song Contest, unha competición para elixir a mellor canción de Eurovisión de todos os tempos. A canción súa canción "'Every Way That I Can" rematou novena entre as quince participantes.
No ano 2009, Sertab Erener e Demir Demirkan crearon a banda Painted on Water[1], e lanzaron un álbum do mesmo nome nos EUA.