O Melodifestivalen é un concurso da canción organizado por Sveriges Television (SVT) e Sveriges Radio (SR) que se realiza dende 1958. O concurso determina o representante de Suecia no Festival de Eurovisión. Dende o ano 2000, a competición vén sendo o programa de televisión máis popular do país;[1] tamén se emite a través da radio e por Internet. En 2012 as semifinais foron vistas por unha media de 3,3 millóns de persoas, e estimouse que máis de catro millóns de suecos viron a final, case a metade da poboación do país.[2][3]
Do festival saíron seis gañadores de Eurovision e 24 top 5 para Suecia no concurso europeo. O gañador do Melodifestivalen foi elixido por xurados desde o seu inicio. Dende 1999, aos xurados uníuselle o voto telefónico do público que ten a mesma influencia sobre o resultado final. A campetición ten un considerable impacto nas listas musicais de Suecia.
A introdución de semifinais en 2002 aumentou o número potencial de participantes dun 12 a 32. Ese ano tamén comezou unha versión infantil do concurso, o Lilla Melodifestivalen. also began that year. As cancións pop lixeiras orquestradas, coñecidas localmente como música schlager, adoitaban a ser tan prevalentes que á veces o festival chegou a ser chamado schlagerfestivalen ou schlager-sm polos medios de comunicación suecos.[4][5] Porén, dende a expansión do evento foron aparecendo outros estilos musicais como rap, reggae ou glam rock. A introdución dunha gran final en Estocolmo atraeu unha importante cantidade de turismo á cidade.[6]
↑"Melodifestivalen 2006"(PDF). Turismens Utrednings Institut. 2008-02-29. Archived from the original on 29 de febreiro de 2008. Consultado o 2019-11-25.