Xeneral Alcázar

Xeneral Alcázar
[[Ficheiro:|250px]]
Mural en Bruxelas
Información editorial
EditorialCasterman
Primeira apariciónA orella rota
CreadoresHergé
Biografía ficticia
EspecieHumano
Orixe San Theodoros
CompañeirosTintín, Milú, Hernández e Fernández, Profesor Tornasol
Outros aliasRamon Zarate

O xeneral Alcázar (en francés général Alcazar) é un personaxe ficticio da saga de bandas deseñadas de As aventuras de Tintín.

Dirixente da República de San Theodoros, chegou ao poder tras a revolución na que derrocou ao xeneral Tapioca, o seu eterno inimigo. Nesa situación coñeceulle Tintín, en A orella rota, que foi nomeado axudante de campo do xeneral. Algún tempo despois houbo outra revolta, e Tapioca tomou o mando. Alcázar tivo que fuxir a Europa e, tras practicar varios oficios, acabou sendo Ramón Zárate, lanzador de puñais, ocupación que tamén se viu obrigado a abandonar ao largarse o seu partenaire Chiquito (As sete bólas de cristal). Tintín volve a encontrarse un fuxidío Alcázar en Europa, negociando co mesquiño Dawson a compra de material de guerra usado con vistas a retomar o poder en San Theodoros, fazaña que volveu lograr. Pero de novo Tapioca, axudado pola Borduria de Plekszy-Gladz, rebelouse e triunfou. Alcázar refuxiouse entón na selva cun grupo de guerrilleiros, Os Pícaros. Un complot orquestrado polo coronel Sponsz, grande inimigo de Tintín e entón membro do réxime de Tapioca, consegue atraer a Tintín, o profesor Tornasol, o capitán Haddock e a soprano Bianca Castafiore a San Theodoros para librarse deles. Os protagonistas uniranse entón ao exército rebelde do enfraquecido Alcázar (Tintín e os pícaros), axudándolle a reconquistar o poder a condición de que non haxa derramamento de sangue, o que o xeneral acepta de mala gana.

O xeneral Alcázar é algo basto, impulsivo e irascible. Non teme a nada excepto á súa terrible esposa Peggy. A súa non moi aguda intelixencia levoulle a comandar un exército con só 49 cabos por 3.487 coroneis; aínda que no fondo é un bo tipo.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Tintin.com – Lista de personaxes na páxina oficial
  • Tintinologist.org – List of characters on oldest and largest English-language Tintin fan site