A década de 1940 foi o período de tempo que iniciou en 1 de xaneiro de 1940 e terminou en 31 de decembro de 1949. Este período foi marcado e é coñecido polos conflitos que tiveron curso, segunda guerra mundial e guerra fría. A case totalidade da segunda guerra aconteceu na primeira metade da década e, tralo remate do conflito, as tensións entre os países vitoriosos, que xa existían desde antes até dos episodios bélicos, tomaron unha traxectoria ascendente, colocando en lados opostos as ideoloxías capitalista e comunista, o que acabou por conducir á guerra fría.[1][2]
Foi a época que asistiu ao rexurdimento do estado de Israel, localizado máis ou menos na mesma rexión onde existira na Idade Antiga. Este acontecemento, dentro dun contexto que reanimou nalgúns pobos o sentimento de identidade común e fixo emerxeren nacionalidades históricas, como a India e o Vietnam.
18 de xuño: Winston Churchill discursa na Cámara dos Comúns: "... a batalla da Francia terminou. A batalla da Gran Bretaña está para comezar..."
18 de xuño: Discurso de Charles de Gaulle en Londres, conclamando os franceses a continuar a resistencia: A Francia perdeu unha batalla. Pero a Francia non perdeu a guerra.
20 de febreiro - No marco da segunda guerra mundial, a aviación estadounidense inicia un bombardeo intensivo sobre as fábricas de armamento alemás na chamada «operación Semana Grande».
24 de agosto - Liberación de París, os primeiros soldados da 2.ª División Blindada (Division Leclerc) son españois republicanos adscritos ao Regiment de Marche du Tchad coñecida como a novena compañía do exército francés chegando ao concello.
2 de maio - Capitulación de Berlín, capital de Alemaña. O 7 de maio as forzas armadas alemás rendense ante o xeneral Eisenhower, e ó día seguinte ante o mariscal Zhukov.
9 de decembro - Manifestación popular de apoio ao réxime de Franco na Praza de Oriente. Nas pancartas pódese ler:"Si ellos tienen ONU, nosotros tenemos dos".
12 de decembro - A ONU recomenda a retirada dos embaixadores en Madrid. A proposta foi aprobada por 36 países, fronte a 6 en contra e 13 abstencións.
O asasinato dunha nena de tres anos de idade en Blackburn, Inglaterra leva a tomar as marcas dixitais de máis de 40 000 homes na cidade nun intento por atopar ó asasino.