Bambi é un filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos.
Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline. Para este filme, Disney decidiu cambiar a especie de Bambi dun corzo da historia na historia orixinal xa que é un animal que non vive en América para un cervo de cola branca que é máis familiar para americanos. Este filme foi premiado con tres Oscar, nas categorías de Mellor Son, Mellor Canción para Love Is a Song interpretada por Donald Novis e Mellor Banda Sonora.
Sinopse
Bambi é a historia dun veado contada desde a súa percepción dos acontecementos. Cos seus amigos, como Tambor o coello ou Flor a mofeta, irá descubrindo sabias leccións ao respecto do amor e mais da vida. O perigo vén representado polo ser humano, que Bambi vai comprendendo a través de duras experiencias como a perda da nai, que cae abatida polos cazadores.
A versión animada da historia omite a varios personaxes do libro, tales como Gobo, Karus o Rono e mesmo pasa por alto certas incursións e encontros co Home. Por outra banda, os carismáticos personaxes de Flor e Tambor son invencións da Disney.
Personaxes
- Bambi, a personaxe principal do filme:
- Thumper, un amigo de Bambi:
- Peter Behn como Thumper de pequeno
- Tim Davis como Thumper adolescente
- Sam Edwards como Thumper adulto
- Paula Winslowe como nai de Bambi
- Flower, unha mofeta e outro amigo de Bambi:
- Stan Alexander como Flower de pequeno
- Tim Davis como Flower adolescente
- Sterling Holloway como Flower adulto
- Will Wright como Owl
- Faline, unha cerva da cal se namora Bambi:
- Fred Shields como Gran Príncipe do Bosque
- Margaret Lee como Mrs. Rabbit
- Mary Lansing como Tía Ena e Mrs. Possum
- Perce Pearce como Mr. Mole[1]
Notas
- ↑ Gez, Didier (2012). Walt's People-Volume 12: Talking Disney with the Artists who Knew Him. Xlibris. ISBN 978-1477147894. P.59.
Véxase tamén
Bibliografía
- Wills, John (2015). "Felix Salten’s Stories: The Portrayal of Nature in Bambi, Perri and The Shaggy Dog". En Jackson, Kathy Merloch; West, Mark I. Walt Disney, from Reader to Storyteller: Essays on the Literary Inspirations. Jefferson (N.C.): McFarland. pp. 45–61. ISBN 978-0-7864-7232-1.
Ligazóns externas