The Rescuers é un filme de animación do ano 1977. Foi o vixésimo terceiro filme producido por Walt Disney Pictures. Foi estreado o 22 de xuño de 1977 e distribuído por Buena Vista Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos.
O filme foi inspirado por unha serie de libros infantís escritos por Margery Sharp, en especial "The Rescuers" e "Miss Bianca". Estivo catro anos en produción, combinando os talentos de máis de 250 persoas, incluíndo 40 animadores que produciron aproximadamente 330.000 debuxos; houbo 14 secuencias con 1.039 escenas separadas e 750 decorados.
Sinopse
O filme é sobre unha sociedade de ratos, chamada Rescue Aid Society, localizada en Nova York no soto do edificio das Nacións Unidas, que fan o ben no mundo real. Dous destes ratos, un conserxe chamado Bernard e a elegante delegada de Hungría, chamada Miss Bianca, acoden ao rescate de Penny, unha pícara orfa que foi secuestrada, coa axuda do cómico albatros Orville e unha variedade de animais habitantes do pantano na illa na que Penny está sendo cativa.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas