Bob Newhart |
|
Nacemento | (en) George Robert Newhart 5 de setembro de 1929 Oak Park, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 18 de xullo de 2024 (94 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | morte natural |
---|
Outros nomes | Bob Newhart |
---|
Educación | St. Ignatius College Prep Escola de Negocios Quinlan da Universidade Loiola de Chicago - Bachelor of Business Administration |
---|
|
Ocupación | humorista, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de televisión, actor |
---|
Xénero artístico | Humor seco, sátira e comedia observacional |
---|
Influencias | |
---|
|
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
---|
Rango militar | sarxento de persoal |
---|
Selo discográfico | Warner Bros. Records |
---|
|
Cónxuxe | Ginnie Newhart (1963–2023), morte do cónxuxe |
---|
Parentes | Paul Brittain, fillo da irmá Bill Quinn, sogro |
---|
|
|
|
|
George Robert Newhart, nado en Oak Park, Illinois o 5 de setembro de 1929 e finado nos Ánxeles o 18 de xullo de 2024, foi un actor e humorista estadounidense. Participou en numerosos filmes e series de televisión.
Traxectoria
Primeiros anos
G. R. Newhart naceu en Oak Park e foi criado en Chicago, Illinois. Estudou na Loyola University de Chicago. Serviu no Exército dos Estados Unidos antes de comezar a súa carreira como actor.
Carreira audiovisual
Newhart participou en moitas series, entre elas, as súas propias The Bob Newhart Show e Newhart. Tamén participou en diversos filmes, como a comedia de Nadal Elf. En 2011, fixo un cameo no filme Horrible Bosses, e en 2013 apareceu como convidado nun episodio de The Big Bang Theory, polo que gañou o seu primeiro premio Emmy como actor o 15 de setembro de 2013.[1]
Pasamento
Newhart morreu o 18 de xullo de 2024 na súa casa dos Ánxeles, California aos 94 anos.[2]
Vida persoal
Newhart casou con Virginia "Ginnie" Quinn en 1963. Ela morreu en 2023.[3] Tiveron catro fillos.
Filmes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas